"Mie" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 190.
-
PERSOEIRO
Mestre. Dedicado ao xornalismo, colaborou nas publicacións da época e defendeu as súas ideas liberais desde as páxinas de La Voz de Galicia, El Telegrama e a revista Galicia. Da súa produción destacan Historia de la escritura (1886), El regionalismo y la obcecación (1887), Documentos inéditos de la Villa del Caramiñal (1888), Antigüedades de Noya (1888), En las orillas del Esla (1895), Costanza (1895) e La cruz de la espada (1898). Recibiu diversos premios e foi membro honorario de moitas colectividades. Foi condecorado coa Cruz Roja de primera clase del Mérito Militar e foi nomeado cabaleiro da Orden de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Foi ministro provincial no convento de San Juan Bautista de la Ribera, en València (1663-1666) e fundou os conventos de San Antonio de Pego e Nuestra Señora de Albacete. Escribiu Oración panegírica del beato Pascual Baylón (1668) e Doce pares de sagrados panegíricos y evangélicas oraciones, dedicados al Cordero Eucarístico y Dios Sacramentado (1681).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Infección do óso e da medula ósea producida por microorganismos diversos. As osteomielites agudas (causadas xeralmente por estafilococos) poden orixinarse por inoculación directa (fracturas abertas ou intervencións cirúrxicas do óso), por infección das partes brandas veciñas (uñeiros, abscesos dentais) ou por vía hemática, a partir doutros focos infecciosos do organismo. As osteomielites crónicas acostuman ser consecuencia de osteomielites agudas mal tratadas ou ben de infeccións como a tuberculose, a micose ou a rickettsiose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución científica fundada en 1847 en Viena polo emperador Fernando I, que xa fora proxectada en 1676 por Leibniz. Ten 113 membros e consta de dúas seccións, unha de ciencias matemáticas e naturais e outra de historia e filosofía.
-
PERSOEIRO
Pianista e compositor. Especializado en música salsa e jazz, iniciou a súa carreira nas orquestras de Eddie Forrester, Johnny Seguí, Vicentino Valdés e Tito Rodríguez. Da súa discografía destacan The Sun of Latin Music (1975), Unfinished masterpiece (1976), Palo pa’ rumba (1984), Solito (1985) e La verdad (1987), todos eles galardoados con premios Grammy.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. De ideoloxía marxista, foi dirixente das Joventuts Unificades de Catalunya (1937) e fundadora da Aliança Nacional de la Dona Jove (1937-1939). Exiliada en París, Praga e nalgúns países americanos, é autora de obras de carácter autobiográfico, como Quan èrem refugiats (1975); crónicas de viaxe, como Nadal a Porto (1995, Premi de les Lletres Catalanes); novelas de fición, como Segrest amb filipina (1986); e ensaios, como Cròniques de nàufrags (1976) e L’art d’envellir (2002). Recibiu o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (2001) ao conxunto da súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proliferación de todos os elementos embrionarios da medula ósea que pasan ao sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplasia xeneralizada da medula ósea na que se acadan niveis anormalmente baixos de todos os elementos sanguíneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Ferrol a partir do 1 de setembro de 1865. Cesou o 15 de marzo de 1866. Fundada e dirixida por Ventura Pueyo, subtitulouse “Revista quincenal de ciencias, literatura, industria, agricultura, comercio [...] con la cooperación de los principales hijos de Galicia notables en las ciencias y en las letras”. Na súa redacción participaron, ademais do propio director, Leandro de Saralegui e Bieito Vicetto. Dividiuse en tres partes, unha doutrinal, outra creativa, e unha terceira referida a novas e descubrimentos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Santiago de Compostela a partir do 2 de xaneiro de 1887. Subtitulado “Diario católico-tradicionalista”, substituíu a El Libredón e defendeu a causa carlista. Dirixido por M. Jamardo e posteriormente por Xoán Vázquez e Carlos Adrán, a publicación foi substituída a partir do 2 de xaneiro de 1897 por El Pensamiento Gallego. En 1900 saíu co título de El Pensamiento de Galicia, como continuador dos dous anteriores. Publicou artigos de dereito penal, historia ou relixión, ademais de folletíns, apartado en que se incluíron as novelas A tecedeira de Bonaval e O castelo de Pambre, de A. López Ferreiro. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Alende.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doenza infecciosa aguda endémica, orixinada por un grupo de enterovirus con propiedades neurótropas, os virus da poliomelite, dos que hai tres tipos antixenicamente ben definidos: tipo I (Brunhilde), tipo II (Lansing) e tipo III (Leon). A fase paralítica da doenza iníciase con dor nos músculos innervados polas motoneuronas afectadas, seguida de parálise fláccida, con hipotonía, arreflexia e, posteriormente, atrofia. OBS: Tamén se denomina polio ou parálise infantil.
-
-
Relativo ou pertencente á poliomielite.
-
Persoa que padece poliomielite.
-
-
PERSOEIRO
Mártir. Padeceu martirio durante as persecucións de Decio e Valeriano. Refuxiouse en Cimiez e encerrárono xunto con dous osos que se deitaron aos seus pés. Segundo a paixón lendaria do s VI, foi bautizado polo Papa Ponciano. Morreu decapitado. Viste como patricio romano e porta como atributos un libro e un coitelo, ou un ídolo aos seus pés. A súa festividade celébrase o 14 de maio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Akademie der Wissenschaften.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mielocito embrionario, é dicir, célula intermedia entre o mieloblasto e o mielocito.
-
PERSOEIRO
Xeneral polaco. Organizador da Confederación de Bar, distinguiuse na defensa de Berdičev (1768) e Częstochowa (1770-1771) contra os rusos. Acusado falsamente de intentar raptar e asasinar a Estanislau II de Polonia, exiliouse en París e despois en EE UU (1776), onde combateu ao lado de G. Washington na Guerra de Independencia. Morreu na Batalla de Savannah e considerouse heroe nacional en EE UU.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dama da sociedade francesa. De nome Jeanne Françoise Julie Adélaïde Bernard, casou co banqueiro Jacques Récamier en París (1793). Durante o Consulado reuniu no seu salón diversos políticos e admiradores, como L. Bonaparte, os Montmorency ou J. B. Bernadotte. Favoreceu elementos da oposición e foi desterrada de París polo emperador en 1811. Regresou en 1814 e posteriormente, retirada na súa residencia de Abbaye-aux-Bois (1819), continuou a súa intensa amizade con F. René de Chateaubriand.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo a partir de xullo de 1958. Subtitulouse “Revista del Centro Gallego de Produtividad” e tiña unha periodicidade mensual nos seus comezos. Cesou probablemente a finais de 1960. Centrada no eido industrial, analiza a problemática da industria da época, a eficacia dos directores de empresa en relación coa produtividade, a aplicación de novas técnicas industriais e a organización de calquera empresa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista francesa de economía creada en 1890 por C. Gide, E. Villey e A. Jourdan. De periodicidade bimensual, recolle as principais achegas teóricas e de economía aplicada dos economistas franceses.
-
-
Relativo ou pertencente a Ribadumia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ribadumia.
-