osteomielite

osteomielite

(< osteo- + mielite)

s f [PAT]

Infección do óso e da medula ósea producida por microorganismos diversos. As osteomielites agudas (causadas xeralmente por estafilococos) poden orixinarse por inoculación directa (fracturas abertas ou intervencións cirúrxicas do óso), por infección das partes brandas veciñas (uñeiros, abscesos dentais) ou por vía hemática, a partir doutros focos infecciosos do organismo. As osteomielites crónicas acostuman ser consecuencia de osteomielites agudas mal tratadas ou ben de infeccións como a tuberculose, a micose ou a rickettsiose.