"Mur" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 248.

    1. Relativo ou pertencente aos murénidos.

    2. Peixe da familia dos murénidos.

    3. Familia de peixes actinopterixios, da orde dos angüiliformes, que poden chegar a medir 3 m de lonxitude. Teñen a cabeza pequena, o fociño cónico, os dentes fortes, a boca ampla, os orificios nasais tubulares e a fenda branquial moi pequena. A pel é graxenta e resistente, sen escamas e con abundantes glándulas mucosas. Son carnívoros moi voraces e ocasionalmente agresivos, e habitan as costas rochosas dos mares temperados e tropicais. A esta familia pertencen as moreas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río da conca do Danubio, afluente do Tisza (803 km). Nace en Romanía, nos Cárpatos de Moldavia, atravesa Transilvania en dirección SO, e desemboca no Tisza, en Szeged, Hungría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Judeţ de Romanía (6.714 km2; 602.155 h [estim 1999]). A súa capital é Tîrgu Mureş.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado amónico do ácido purpúrico que se obtén a partir da aloxana máis amoníaco ou ben con aloxantina e acetato amónico. Emprégase como indicador nas valoracións complexométricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva, en campo de prata, cinco panelas de sinople, colocadas en aspa; bordo de goles cargado de trece estrelas de ouro, de oito raios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Afganistán, de 852 km (350 km pasan por Turkmenistán), que desaparece en cinco lagoas no deserto de Karakumy.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión xeográfica de Puglia, Italia, que constitúe un vasto altiplano que se estende ao longo da costa do Mar Adriático, cara a onde descende, entre o val do Ofanto, ao N, e o istmo de Tarento-Brindisi, ao S. Está pouco poboada e os seus principais cultivos son as amendoeiras, viñas e oliveiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Profundo coñecedor da vida dos artistas e escritores pobres de París a mediados do s XIX, foi o autor de Scènes de la vie bohème (1847-1849), obra en que se basea o libreto da ópera La bohème de Pucini. Tamén destacan as súas obras Scènes de la vie jeunesse (1851) e Le roman de toutes les femmes (1857).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Antonio Martínez Murguía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ovidio Martínez de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou telleiros que corresponde á voz ‘obra’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Seixosmil (Meira). O seu cumio acada os 650 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘escribente do xulgado’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ácido clorhídrico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está cheo de puntas, espiñas, agullas ou tubérculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos murícidos.

    2. Gasterópodo da familia dos murícidos.

    3. Familia de moluscos, da clase dos gasterópodos, que presentan cuncha cónica. A característica que máis os define é a presenza dunha rádula capaz de perforar a cuncha doutros moluscos, dos que se alimentan.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos múridos.

    2. Mamífero da familia dos múridos.

    3. Familia de mamíferos, da orde dos roedores, que son de dimensións medianas ou pequenas e teñen o fociño agudo, o labio inferior afundido, os arcos cigomáticos pequenos, ampolas timpánicas pouco desenvolvidas, agás nos xerbilinos, e a cola pouco pilosa e xeralmente longa e escamosa. Viven en hábitats moi variados e atópanse practicamente en todo o mundo. A esta familia pertencen as ratas e os ratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega orixinaria do lugar homónimo da provincia de Lugo. Trae escudo partido; primeira partición, en campo de azul, unha torre de ouro, superada de cinco estrelas de prata colocadas en aspa; segunda partición, de prata, cunha árbore de sinople, arrincada, acostada de oito panelas de goles, catro en cada flanco, colocadas en pau; bordura de goles cargada coas letras de sable: Ave Maria Gratia Plena.

    VER O DETALLE DO TERMO