"Nau" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 146.

  • PERSOEIRO

    Industrial. En 1898 construíu o primeiro automóbil, o Voiturette, que adaptou ao motor dun triciclo, e iniciou a fabricación de pequenas series. En 1899 patentou un cambio de velocidades de engrenaxes desprazables e a caixa correspondente. Fundou cos seus irmáns Fernand Renault (1865-1909) e Marcel Renault (1882-1903) unha modesta fábrica co nome de Renault Frères en 1899. Acusado de colaboracionismo cos alemáns durante a Segunda Guerra Mundial, foi aprisionado (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Foi ministro de Facenda (1930, 1938-1940 e 1948), de Colonias (1931-1932) e de Xustiza (1932). Nomeado primeiro ministro (1940), foi detido polo goberno de Vichy e deportado polos alemáns (1942-1945). Rematada a Segunda Guerra Mundial ocupou a vicepresidencia no goberno de Joseph Laniel (1953-1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do xogo da estornela que consiste en darlle á billarda co palán por debaixo da perna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e enxeñeiro ruso. Coñecido como A. N. Aronov, escribiu diversos contos e relatos para rapaces. Interesouse polos aspectos morais e éticos da persoa, e as relacións entre o home e a sociedade. Destaca a triloxía Os fillos de Arbat, O terror e A area pesada, e a súa novela de posguerra Os condutores (1950) obtivo o Premio Estatal 1951.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. En 1914 publicou o seu Primer libre de poemes, ao que seguiron a peza teatral Rondalla d’ esparves (1918) e a novela Paulina Buxareu (1919). Da man de J. Ortega y Gasset entrou no xornalismo como correspondente en Berlín do diario madrileño El Sol. Autor dunha obra extensa e variada, cun estilo rico e vitalista, mesturou formulacións temáticas e técnicas do modernismo con outros máis populares. En poesía destacan Cançons d´abril i de novembre (1918) e El comte Arnau (1928); no teatro La Rambla de les floristes (1935), ademais dos poemas dramáticos La corona d´espines (1930) e El Cafè de la Marina (1933). A súa novela Vida privada (1932) constitúe unha crónica costumista e proustiana da decadencia da aristocracia barcelonesa. Tradutor da Divina Comedia e do teatro de Shakespeare, adaptou con fortuna algunhas obras de Molière e Gogol’. Desta época tamén destacan as súas Memòries (1954)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, regado polo Guadalfeo, situado ao N de Motril (2.580 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO