"OMI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1140.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Loita va e ridícula, motivada por razóns fútiles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema épico-burlesco grego anónimo, datado ao redor do s VI a C, do que se conservan 303 hexámetros. Narra, parodiando técnicas e escenas da literatura épica, unha batalla entre ratas e ras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula litúrxica que aparece con frecuencia no Breviario e no Misal. É recitado polo celebrante de costas aos fregueses. É un versículo que se introduciu en prosas e oficios rimados.
-
ENTRADA LARGA
Polinomios ¦µn(x) definidos polo desenvolvemento
FORMULA
En termos dos n¨²meros de Bernoulli expr¨¦sanse como
FORMULA2
Os polinomios de Bernoulli empr¨¦ganse en f¨®rmulas de integraci¨®n num¨¦rica e en c¨¢lculo de diferencias finitas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto monástico situado en Betanzos. Foi levantado a partir de 1557 por iniciativa do presbítero Antonio González Sosa, quen contou co apoio do arcebispo de Santiago de Compostela Xoán de San Clemente. Está edificado sobre unha antiga capela que pertenceu á parroquia de san Martiño de Brabío. As obras desenvolvéronse ao longo dos ss XVI, XVII e XVIII. A nave da igrexa está flanqueada por tres capelas. O retablo maior é neoclásico. No exterior destaca a torre-campanario, obra de Fernando de Casas Novoa (1700-1714) co padroado do arcebispo Monroy.
-
PERSOEIRO
Físico indio. Estudiou a difusión de positróns por electróns (difusión de Bhaba, 1935) e os raios cósmicos. Foi presidente da comisión de enerxía atómica na India.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina que estudia a organización e a administración das bibliotecas. Presta particular atención aos métodos de catalogación e ordenación dos fondos bibliográficos (libros, opúsculos, publicacións periódicas, manuscritos, microfilmes, etc) para poder facilitar o seu uso. Á organización pertencen os criterios sobre a disposición funcional dos locais: almacéns, salas de lectura, etc; sobre as etapas que percorre cada unidade bibliográfica dende a entrada na biblioteca ata que queda á disposición do lector: adquisición, catalogación e clasificación, etc; sobre a mecanización dos servicios bibliotecarios e a aplicación dos principios e as técnicas de teledocumentación e teleinformática ás bibliotecas. Á administración correspóndenlle as funcións do persoal directivo e subalterno, a administración do orzamento, a estruturación dos diversos departamentos, os servicios especiais de microfilmación, manuscritos, materiais audiovisuais, xerocopias, etc, e a cooperación con outras bibliotecas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gravado fotomecánico tramado, composto de dúas pranchas, que en tiradas sucesivas se imprime en dúas tintas complementarias, de diferente cor, para poder conseguir unha ampla gama cromática.
-
-
Relativo ou pertencente a un binomio.
-
Coeficiente do binomio de Newton.
-
Tipo de nomenclatura biolóxica, establecida por C. Linneo, que consiste en asignar a cada especie de ser vivo un nome composto de dous termos (binomio): o primeiro común ao xénero e o segundo identificativo da especie (por exemplo Quercus robur).
-
-
-
Conxunto que consta de dous termos, tanto obxectos como persoas.
-
Expresión alxebraica formada por dous monomios separados polo signo máis (+) ou polo signo menos (-).
-
Nome empregado dentro da nomenclatura binomial para designar unha especie esta composto de dous termos: o nome xenérico e mais o epíteto específico (por exemplo Canis lupus).
-
binomio de Newton.
-
Ecuación da forma x n -a=0, onde a Î c e n é un enteiro positivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exame microscópico de tecidos vivos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Simulación, no laboratorio, das condicións celulares para poder reproducir a química da materia viva e conseguir así sintetizar artificialmente compostos bioquímicos.
-
-
Relativo ou pertencente á biomimética.
-
Que imita os procesos bioquímicos dos organismos vivos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación común que reciben os mamíferos fósiles do xénero Birbalomys.
-
GALICIA
Escritor. É Doutor en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de bacharelato de Lingua e Literatura Española dende 1974. Dende 1986 vén traballando no eido da literatura oral tradicional de Galicia, especialmente dos ss XVIII, XIX e XX, tema sobre o que escribiu numerosos artigos nas revistas Grial, Verba e Boletín Galego de Literatura, e publicou varios libros, destacando entre eles: A poesía popular en Galicia 1745-1885 (1992), Historia da literatura popular galega (1994) e Escolma de literatura popular galega (1996). En 1990 recibiu o Premio á Investigación da Deputación de Pontevedra polo seu traballo “Xosé Casal Lois e a súa aportación á literatura popular galega”.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao fungo da orde das blastomicetais.
-
Fungo da orde das blastomicetais.
-
Orde de deuteromicetos constituída por fungos xeralmente unicelulares, que non teñen un auténtico micelio, que perderon a capacidade de formar ascos ou que nunca a tiveron, e que se multiplican por xemación. Pertencen a este grupo os xéneros Candida, Cryptococcus, Histoplasma, Malassezia, Rhodosporidium e Sporobolomyces.
-
-
-
Infección causada por fungos da orde das blastomicetais.
-
Infección causada polo fungo Blastomyces dermatitidis que ás veces se limita á pel, onde orixina lesións inflamatorias, ou ao pulmón, onde produce lesións de condensación, fibronodulares ou cavitarias. En ocasións pode xeneralizarse e afectar os ósos, o sistema nervioso, os riles, o fígado e o bazo. Tamén recibe o nome de enfermidade de Gilchrist.
-
Infección cutánea causada polo fungo Loboa loboi.
-
paracoccidioidomicose.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión cirúrxica total ou parcial dunha pálpebra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escisión cirúrxica dunha parte do músculo orbicular das pálpebras en casos de presión anómala da pálpebra sobre a córnea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dos antibióticos anticancerosos illados de cultivos de Streptomyces verticillus, que teñen como compoñente principal a bleomicina A2. Presenta unha grande afinidade coas células tumorais. Emprégase en medicina para detectar as neoplasias e para o tratamento dos carcinomas de pel e os linfomas da enfermidade de Hodgkin. Comporta o risco de pneumonite e fibrose pulmonar.