"PL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1539.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curva ou cadro de axuste B. Consiste nunha curva suave que conecta aproximadamente dous puntos. As curvas B poden unirse entre si para facer que unha curva suave pase por calquera número de puntos. Cada segmento dunha curva B-spline está influído por catro puntos, os dous entre os que se atopa, ademais dun máis en cada dirección. Isto fai que o cálculo dunha curva B-spline sexa moito máis rápido ca o cálculo dun cadro (curva de axuste) cúbico, debido a que cada parte deste último está influído por todos os puntos a unir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Curva ou cadro de axuste B. Consiste nunha curva suave que conecta aproximadamente dous puntos. As curvas B poden unirse entre si para facer que unha curva suave pase por calquera número de puntos. Cada segmento dunha curva B-spline está influído por catro puntos, os dous entre os que se atopa, ademais dun máis en cada dirección. Isto fai que o cálculo dunha curva B-spline sexa moito máis rápido ca o cálculo dun cadro (curva de axuste) cúbico, debido a que cada parte deste último está influído por todos os puntos a unir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bacterias que viven en suspensión en augas continentais ou mariñas formando parte do plancto. Aliméntanse de materia orgánica soluble liberada polo metabolismo e a descomposición doutros organismos de toda a columna de auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cirurxía plástica do glande do pene.
-
PERSOEIRO
Emperador de Constantinopla (1204-1205). Fillo de Balduíno V, conde de Hianaut, e de Margarita I, condesa de Flandres, reuniu ambos os dous condados en 1195. Loitou ao lado de Inglaterra contra Filipe II Augusto de Francia. Polo Tratado de Peronne (1200) obtivo do Rei francés a retrocesión do nordeste do Artois. Foi un dos líderes da Cuarta Cruzada, que instaurou o Imperio Latino de Constantinopla, do que foi elixido Emperador grazas ao apoio de Venecia. Derrotado e feito preso polos búlgaros na Batalla de Adrianópolis (1205), probablemente foi executado por orde do Tsar búlgaro. Sucedeuno o seu irmán Enrico I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador de Constantinopla (1228-1261). Fillo de Pedro II de Couternay, sucedeu ao seu irmán Roberto I; reinou asociado ao seu sogro Xoán de Brienne (morto en 1237). Tivo que facer fronte ás reivindicacións ao trono de Bizancio dos emperadores de Nicea: Xoán II Ducas Vatatzes, que conquistou Adrianópolis e Tesalónica, e Miguel VIII, que se apropiou de Constantinopla, de onde fuxiu Balduíno II. No ano 1267 concertou con Carlos de Nápoles o Tratado de Viterbo, a cambio da axuda para recuperar o Imperio perdido, cedeulle unha parte do Imperio e concertou a voda do seu fillo e herdeiro, Filipe de Courtenay, con Beatriz de Nápoles (estipulábase que se Filipe morría sen fillos, os seus dereitos revertían no pai desta, Carlos I).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria inglesa fundada por John Freame no 1694. Logo dun crecemento ininterrompido, no ano 1896 converteuse na Barclay and Company Limited, nome que trocou no 1917 por Barclays Bank Limited. Sendo xa o primeiro banco británico, no ano 1968 absorbeu o Martins Bank. O grupo Barclay comprende, entre outros, o Barclays Bank PLC, que el preside, e o Bank International Limited, o seu banco exterior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proposta norteamericana á comisión de enerxía atómica da ONU (1946). Elaborada por Bernard Mannes Baruch e modificada por David Eli Lilienthal, recomendaba a creación dun mando único internacional que controlara o emprego da enerxía nuclear e a construción de bombas atómicas a nivel mundial. O plan foi rexeitado pola Unión Soviética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Principios nos que se centraron os obxectivos do rexionalismo galego. Foron elaboradas por Alfredo Brañas en 1892 coa axuda de Pereiro Romero, Cabeza de León e Álvarez Ínsua, conforme ao patrón das Bases de Manresa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Área montañosa da rexión sudanesa de Nixeria, formada por un altiplano de gneises do cal sobresaen altiplanos residuais ou monadnocks de granito. É o lugar máis importante de África en explotación de casiterita, da que se extrae o estaño.
-
CIDADES
Cidade do condado de Nottinghamshire, Inglaterra, Reino Unido (64.599 h [1981]). É o centro industrial do Nottinghamshire, onde se asentaron industrias químicas, téxtiles, de construción mecánica, equipamento para a telecomunicación e confección e fabricación de mobles. Así mesmo, desenvolveuse como área residencial obreira de Nottingham.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Eugenio D´ors en lingua catalá publicada en 1911. Considerada como o breviario do Novecentismo, representa unha reacción contra o Modernismo, ao mesmo tempo que propón un programa de exaltación do Clasicismo e da tradición.
-
-
Aprobación de quen é superior (xeralmente expresada por escrito coa fórmula visto bo).
-
Consentimento que se pide ou se concede para realizar algunha cousa.
-
Segundo o Código de Dereito Canónico, consentimento ou aprobación da Santa Sé esixida para a validez de determinados actos.
-
Aprobación reservada ao Rei.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plano inclinado onde se sitúan, aliñados, os hipocentros dos sismos profundos. Localízase na parte superior da litosfera, cando esta se afunde nas zonas de subdución. Denomínase tamén como zona de Benioff.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plano da reforma social británica que se desprende do Report on Social Insurance and Allied Services (Informe sobre a Seguridade Social e servicios anexos, 1942), formulado pola comisión presidida por William H. Beveridge. Pretendía redistribuír a renda nacional a través dos seguros sociais e dos subsidios familiares. O financiamento do programa repartíase a medias entre os patróns e os traballadores, dunha banda, e os ingresos procedentes dos impostos, da outra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira edición políglota da Biblia. Foi promovida polo cardeal Francisco Jiménez de Cisneros e encargada á Universidade de Alcalá. A obra estampouse entre o ano 1514 e o 1517, pero só se puido difundir despois de que León X outorgase a autorización no ano 1520. Consta de 6 volumes. O texto latino ía acompañado do grego, do hebreo, do dos Setenta e do Targum de Onkelos, con versións interlineais e literarias en latín.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Meseta da rexión central de Angola, elevada a unha altura media de 1.500 m. No seu interior, na parte NO, érguese o monte Môco (2.619 m), altitude máxima do país e divisoria de augas; nel nacen, entre outros, os ríos Cuanza, Cubango, Cunene e Cuando. O seu clima é temperado, ao estar matizadas polo factor altitude as condicións que lle corresponderían pola súa latitude tropical (11°-15° S): Kuito, situado no centro do altiplano, ten unha temperatura media anual de 19°C e rexistra unha precipitación de 544 mm anuais, recollidos sobre todo no verán. Predomina a vexetación de sabana e as explotacións agrarias, principalmente plantacións comerciais, sitúanse ao longo da liña do ferrocarril de Benguela ao Congo, que atravesa o altiplano conectando os seus principais núcleos de poboación (Huambo, Kuito, Camacupa, etc).
-
-
Que está situado en dous planos.
-
Liña na que se produce a intersección de dous planos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Avión coas ás dispostas paralelamente en dous planos, e unidas xeralmente por tirantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno presente en certas linguas africanas, consistente en dúas interrupcións sucesivas, pero moi inmediatas na produción de fonemas oclusivos.