beneplácito

beneplácito

(< lat bene placĭtu ‘benquerido’)

  1. s m

    Aprobación de quen é superior (xeralmente expresada por escrito coa fórmula visto bo).

  2. s m

    Consentimento que se pide ou se concede para realizar algunha cousa.

    Sinónimos: aprobación, permiso, venia. Confrontacións: licencia.
  3. beneplácito apostólico [DER/RELIX]

    Segundo o Código de Dereito Canónico, consentimento ou aprobación da Santa Sé esixida para a validez de determinados actos.

  4. beneplácito real [HIST]

    Aprobación reservada ao Rei.

Palabras veciñas

Benelux | benemérito -ta | Benencia | beneplácito | Beneš, Edvard | benestar | Benet Goitia, Juan