permiso

permiso

(< lat permissu)

  1. s m

    Consentimento formal, oral ou escrito, que autoriza a dicir ou facer algo.

    Ex: Pídelle permiso para vir con nós. Solicitoulle o permiso por escrito.

    Sinónimos: aprobación, autorización.
  2. s m

    Autorización ou licenza que se dá a alguén para cesar temporalmente no seu traballo, estudos e, especialmente, no servizo militar.

    Ex: Ten un permiso de fin de semana.

    1. s m

      Documento que acredita unha autorización.

    2. permiso de armas [DER]

      Licenza outorgada por unha autoridade gobernativa, que lexitima a posesión e uso de armas de fogo, curtas ou longas, de alma estriada.

    3. permiso de circulación [TRANSP]

      Autorización que permite circular a un vehículo de motor.

    4. permiso de condución [TRANSP]

      Autorización para poder conducir un vehículo con motor.

    5. permiso de residencia [DER]

      Concesión oficial feita a un estranxeiro pola autoridade do país en que se atopa, para poder residir nel durante un tempo determinado.

    6. permiso de traballo [DER]

      Documentos que lles entregan as autoridades dun país aos estranxeiros que queren traballar nel.