Beneš, Edvard

Beneš, Edvard

Político checo, doutor en Dereito. Ao iniciarse a Primeira Guerra Mundial asumiu en París o cargo de secretario xeral do Consello Nacional Checoslovaco (1916), presidido polo nacionalista Tomáš G. Masaryk. Foi ministro de Asuntos Estranxeiros do goberno provisional checoslovaco, constituído en 1918, e presidiu a delegación checoslovaca na Conferencia de Paz de Versailles (1919), para obter a separación de Austria. Participou activamente na preparación da conferencia de Xenebra e na creación da Pequena Entente (Checoslovaquia, Romanía e Iugoslavia, 1920-1938). En 1923 foi membro do consello da Sociedade de Nacións, organismo que presidiu en 1935. No mesmo ano sucedeu a Masaryk na presidencia da República e opúxose ás pretensións de Hitler sobre os Sudetes, ata que a falla de soporte dos aliados lle obrigou a unha cesión sen combate. Dimitiu en 1938 e exiliouse en Londres, onde encabezou un goberno provisional checoslovaco recoñecido polos aliados. Acabada a guerra, volveu a Praga como Presidente da República. Dimitiu trala toma do poder polo Partido Comunista na primavera de 1948.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Kožlany, Bohemia

  • Deceso

    Lugar : Sezimovo Ustí, Bohemia