"PLA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 722.

  • Plasto que contén soamente pigmentos non asimiladores, polo xeral amarelos ou vermellos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que tomou a Tripla Alianza en 1718, ao adherirse Austria. O acordo supuxo a renuncia de Carlos VI de Austria aos reinos hispánicos, o paso de Sicilia á xurisdición austríaca e de Sardeña a Savoia, o recoñecemento do futuro Carlos III de España como o sucesor dos ducados de Parma e Plasencia e do gran ducado de Toscana, así como a devolución de Xibraltar. Non obstante , o cardeal Alberoni, ministro de Filipe V, non aceptou estas condicións e os británicos atacaron Sicilia (1718) e os franceses invadiron España polos Pireneos (1719). En 1719, Filipe V expulsou a Alberoni e en 1720 adheriuse á Cuádrupla Alianza (1720). Pola Paz da Haia, o Emperador Carlos VI renunciou á Coroa española e Filipe V renunciou á posesión de Sardeña e Sicilia, ao tempo que acadaba os ducados de Parma, Plasencia e Toscana para os seus fillos. Para concluír unha paz definitiva, os membros da Cuádrupla Alianza convocaron o Congreso de Cambrai (1721-1727).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo establecido entre Austria, Prusia, Rusia e Reino Unido en 1815 coa finalidade de manter a orde establecida no Congreso de Viena. Permaneceu en vigor ata 1822.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado en Londres o 22 de abril de 1834 entre Reino Unido, Francia, España e Portugal para poñer fin ás guerras civís da Península Ibérica, expulsar os pretendentes absolutistas de España (Carlos María Isidro de Borbón) e de Portugal (o infante Miguel), e aniquilar os seus partidarios. A axuda material foi inexistente pero o soporte diplomático e a chegada de voluntarios contribuíron ao éxito da causa liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está formado por catro cousas iguais ou semellantes.

    2. Que é catro veces maior ca outra cousa.

    3. Catro veces unha cantidade dada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de introducir o ensino individualizado na escola. Helen Parkhurst, discípula de M. Montessori, iniciou este método en 1904 e realizou as súas experiencias ata 1915. O plan desenvolveuse enteiramente na High School de Dalton (Massachussetts), localidade que lle deu nome e, dende alí, estendeuse a outros países. Este plan baseábase en tres principios pedagóxicos: liberdade do alumno para escoller e organizar o seu propio traballo, xa que cada un deles organiza as súas unidades didácticas; fomentar as relacións sociais mediante a cooperación, inspirada en Dewey; e aumentar a independencia e individualidade do alumno para manifestarse tal como é, e interpretar o mundo baixo o seu punto de vista. Segundo o plan de traballo, este organizábase en fraccións, é dicir, cada alumno debía dominar unha fracción do programa para pasar á seguinte, empregando nese obxectivo todo o tempo que lle fose necesario segundo o seu ritmo de aprendizaxe. As tarefas organizábanse en seis laboratorios (lingua,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Informe elaborado en 1923 por Charles Gates Dawes, e publicado ao ano seguinte. Acordado no Tratado de Versailles, a súa finalidade era estimar a capacidade de pagamento de Alemaña e determinar tanto os medios de reparación económica coma as correspondentes obrigas. Supuxo, de feito, a redución no importe dos pagos impostos a Alemaña en concepto de reparacións de guerra, xunto á colaboración económica dos EE UU na súa recuperación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que contén dez veces unha cousa.

    2. Cantidade que é dez veces maior ca outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recuperación da turxencia normal dunha célula plasmolizada por absorción da auga que perdeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia que favorece a queratinización das células epiteliais en procesos cicatrizantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacar o emplasto a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arrincar unha planta da terra coa súa raíz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dito ou feito que mostra desconsideración, fachenda ou ofensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de substancias de reserva, como os glícidos, as proteínas ou as graxas, que están dispersas en forma de gránulos dentro do citoplasma dos ovos da maioría dos animais. Segundo a cantidade, un ovo pode ser alecítico, centrolecítico, heterolecítico, oligolecítico e teolecítico. Tamén recibe o nome de vitelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao deutoplasma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista en castelán aparecida en 1982 en Ferrol. Editada por Arte Galicia-SAF, incluíu información sobre certames, xornadas, concursos e premios relacionados coa arte. Ofrece tamén datos sobre museos, seminarios e galerías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Catedrático de Literatura Española no Institut Jaume Balmes de Barcelona e director do Institut del Teatre, formou parte do movemento vangardista catalán e colaborou no primeiro, e único, Full Groc (1929). Da súa produción cómpre destacar: El reverso de la belleza (1956), Discursos para sordos (1968), América vibra en mí (1969), El barroco literario (1970), El calendario inútil (1970), El ocio atento (1974), En torno a Azorín (1975) e Entre la vida y los libros (1984). Membro da Real Academia Española e da Real Acadèmia des Bones Lletres de Barcelona, recibiu o Premio Nacional de Literatura en 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiadora e filóloga. Licenciouse en Historia Antiga e doutorouse en Filoloxía Clásica pola Universidad Complutense de Madrid coa tese Las Ninfas en la literatura y en el arte de la Grecia arcaica (1996). Foi investigadora visitante na Harvard University (1992-1994), profesora de bacharelato e dende 1998 profesora do departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu ao equipo español do Lexicon Iconographicum Mythologiae Classicae (1988-1996). Colaborou en Cuadernos de Filología Clásica, Gallaecia e Revista de Literatura, e escribiu, entre outros, Imágenes para un texto. Guía Iconográfica de las Metamorfosis de Ovidio (2000), Imágenes para un texto II. Guía Iconográfica de las Metamorfosis de Ovidio (2002) e Lecturas del mito griego (2002) con J. C. Bermejo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia artística italiana de carácter futurista que se caracterizou polo gusto pola velocidade pura. Pertenceron a ela, entre outros, Carrá, Marinetti e Severini.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno relativo aos fungos que presentan dúas formas de zoosporas. As zoosporas primarias liberadas, despois de se enquistaren, orixinan unha zoospora secundaria que formará agrupacións celulares; posteriormente, enquistarán e xerminarán co que orixina un tubo xerminal e unha hifa. O período entre esporas primarias e secundarias varía segundo as especies. Pode ocorrer que as zoosporas primarias non cheguen a saír do esporanxio e só sexan libres as secundarias. Este fenómeno preséntano, entre outros, os fungos do xénero Saprolegnia.

    VER O DETALLE DO TERMO