Cuádrupla Alianza

Cuádrupla Alianza

Nome que tomou a Tripla Alianza en 1718, ao adherirse Austria. O acordo supuxo a renuncia de Carlos VI de Austria aos reinos hispánicos, o paso de Sicilia á xurisdición austríaca e de Sardeña a Savoia, o recoñecemento do futuro Carlos III de España como o sucesor dos ducados de Parma e Plasencia e do gran ducado de Toscana, así como a devolución de Xibraltar. Non obstante , o cardeal Alberoni, ministro de Filipe V, non aceptou estas condicións e os británicos atacaron Sicilia (1718) e os franceses invadiron España polos Pireneos (1719). En 1719, Filipe V expulsou a Alberoni e en 1720 adheriuse á Cuádrupla Alianza (1720). Pola Paz da Haia, o Emperador Carlos VI renunciou á Coroa española e Filipe V renunciou á posesión de Sardeña e Sicilia, ao tempo que acadaba os ducados de Parma, Plasencia e Toscana para os seus fillos. Para concluír unha paz definitiva, os membros da Cuádrupla Alianza convocaron o Congreso de Cambrai (1721-1727).

Palabras veciñas

cuadrúmano -na | cuadrumela | cuadrúpede | Cuádrupla Alianza | Cuádrupla Alianza | Cuádrupla Alianza | cuádruple