"PTE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 160.

  • Tipo de polinización que realizan os quirópteros. Só se dá nos países tropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á planta polinizada por quirópteros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rafidiópteros.

    2. Insecto da orde dos rafidiópteros.

    3. Orde de animais, da clase dos insectos, co corpo de pequeno tamaño, con dous pares de ás de igual medida cunha zona dura na parte anterior, o pterostigma, e cun protórax moi longo e estreito. Son carnívoros e habitan nos troncos das árbores, entre as placas da cortiza, en bosques frescos e con pouca claridade de toda Europa, excepto da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sarcopterixios.

    2. Peixe da subclase dos sarcopterixios.

    3. Subclase de peixes osteíctios que se caracterizan por posuír aletas carnosas. Inclúe a orde dos crosopterixios ou celacantiformes (coas aletas lobuladas) e os dipnoos (peixes pulmonados). Teñen esqueleto interno osificado, opérculo, escamas cosmoides e os dentes son substituídos continuamente. Apareceron durante o Devónico e diversificáronse durante o Paleozoico. Existen 3 xéneros de dipnoos (Neoceratodus -Australia-, Protopterus -África- e Lepidosiren -América do Sur-) e un de crosopterixios (Latimeria).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arácnidos, da familia dos sarcóptidos, ao que pertence o ácaro da sarna

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sauropterixios.

    2. Réptil da orde dos sauropterixios.

    3. Orde de réptiles da subclase dos diápsidos, de tronco macizo e groso, de forma ovalada e coa pel núa, cola curta, pescozo moi longo, cabeza serpentiforme moi pequena, coas extremidades convertidas en aletas pero conservando os cinco dedos englobados dentro da paleta formada pola cola e o pé, e xeralmente de dimensións xigantes. Habitaban no mar durante toda a era Secundaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos septénviros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maxistratura da antiga Roma en que interviñan sete persoas. Constituía un dos catro colexios encargados da administración de xustiza e dos asuntos relixiosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Maxistrado que pertencía ao septenvirato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Composición musical para sete voces ou instrumentos.

    2. Conxunto de sete músicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sifonápteros.

    2. Insecto da orde dos sifonápteros.

    3. Orde de insectos holometábolos, da subclase dos pterigotos, que inclúe especies de tamaño pequeno, ápteras, corpo comprimido lateralmente e patas adaptadas ao salto. Son tipicamente ectoparasitos e hematófagos. Denomínanse xeralmente pulgas e son transmisores de importantes enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás sinopteridáceas.

    2. Fento da familia das sinopteridáceas.

    3. Familia de fentos, da división dos pteridófitos, á que pertencen os xéneros Cheilanthes e Notholaena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de espirse en público de maneira lenta e provocadora, xeralmente ao son dunha música.

      1. Espectáculo que se basea neste tipo de exhibición.

      2. Local onde se realiza este espectáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten catro ás.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tisanópteros.

    2. Insecto da orde dos tisanópteros.

    3. Orde de insectos pterigotos hemimetábolos de pequenas dimensións co corpo alongado, o protórax groso e catro ás membranosas, longas e estreitas. Son frecuentes as ás reducidas e as especies ápteras. Son insectos terrestres, cosmopolitas, sobre todo fitófagos, algúns depredadores, que habitan entre a vexetación viva ou morta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tricópteros.

    2. Insecto da orde dos tricópteros.

    3. Orde de insectos holometábolos, da clase dos pterigotos, que inclúe especies de dimensións pequenas ou medianas, de corpo alongado e de cores pouco vistosas. As larvas, xeralmente acuáticas, son depredadoras e fitófagas, e viven nuns tubos construídos de diversos materiais unidos por fíos de seda. A maioría habitan en augas doces, pero tamén os hai en augas salobres e mariñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [2-amino--4,6-dihidroxipteridina: C6H5N5O2]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos escoftálmidos, ao que pertence a tapa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos zorápteros.

    2. Insecto da orde dos zorápteros.

    3. Orde de insectos pterigotos de pequeno tamaño (uns 2 mm de longo) co corpo alongado, aparato bucal mastigador, antenas de 9 artellos, dúas parellas de ás membranosas de poucas nervaduras ou ápteras, tarsos con 2 artellos e cercos curtos dun artello. Presentan dimorfismo sexual, podendo ter unha forma áptera ambos os dous sexos. A forma predominante é pouco pigmentada e sen ollos nin ocelos, e a outra alada, pigmentada e con ollos e ocelos. Viven baixo as cortizas e no humus.

    VER O DETALLE DO TERMO