"Perez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 270.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(León 24.1.1256 - Gaucín, Málaga 19.9.1309) Nobre e militar, señor de Sanlúcar de Barrameda. Conseguiu para Afonso X a axuda do rei de Fez na loita contra o futuro Sancho IV. Nomeado gobernador de Tarifa (1293), destacou na defensa contra os benimeríns. En 1309 participou na expedición contra Almería que conquistou Xibraltar.
-
PERSOEIRO
Escritor. Participou na guerra de Las Alpujarras (1569) e escribiu Guerras civiles de Granada, unha obra dividida en dous libros con personaxes e feitos comúns, pero temporalmente distanciados en máis de medio século. Centrada na ocupación mourisca de Granada, a primeira parte publicouse en 1595, e coñeceuse co título de Historia de los vandos de zegríes y abencerrages; a segunda, en 1619.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e autor dramático. Defensor da lingua tradicional, escribiu o poema épico El Orfeo en lengua castellana (1624), a novela breve Sucesos y prodigios de amor (1624) e numerosas obras dramáticas, como La monja alférez e Los amantes de Teruel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que trae como armas, en campo de ouro, unha torre, de sable, en chamas e acompañada de dúas roseiras, de sinople, cunha rosa de goles, cada unha, botoada de ouro; en punta, medio león rampante, de goles.
-
PERSOEIRO
Humanista. Catedrático de Teoloxía Moral (1524) e reitor da Universidad de Salamanca (1529), destacan as súas obras morais (Diálogo de la dignidad del hombre) e científicas (Tratado sobre la piedra imán).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Alpinista. Emprendeu máis de 40 expedicións a distintas cordilleiras, protagonizou un ascenso en solitario ao Denali (1972) e ao Annapurna (1974), e escalou, entre outros, o Cotopaxi, diversos volcáns de México e o Kilimanjaro. Escribiu Mi lucha por la montaña (1972) e Cinco montañas solo: memorias de un explorador (2000). Recibiu tres medallas de ouro ao mérito na montaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Durante a guerra de Granada contra os árabes destacou na defensa de Alhama (1482), no asalto ao castelo de Salar (1486), no sitio de Baza (1489) e na toma de Salobreña que estaba cercada por Mu ḥ ammad XI de Granada (1490).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto. Foi coordinador xeral do Servicio Paz y Justicia (1974) e defendeu os dereitos humanos. Escribiu, entre outros, Caminando junto al pueblo (1995) e Una gota de tiempo (1996). Recibiu o Premio Nobel da Paz (1980) e o Premio Cidadán do Mundo (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Promotor do Centro de la Generación del 27 en Málaga, a súa obra poética é persoal e vitalista, á marxe de escolas e correntes. Destacan Valle de los galanes (1968), Conspiraciones y conjuras (1986), Bestiario de Livermoore (1988) -nestas dúas últimas como finalista do Premio Nacional de Literatura- e El domador (1994). No apartado narrativo escribiu Cosmología esencial (2000), ademais da obra teatral Edipo aceptado (1971, Premio García Lorca).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Traballou como redactor no Diario de Lérida, como redactor xefe en El Correo Gallego e xefe de sección de El Progreso para logo pasar á CRTVG, onde foi xefe de Informativos da Televisión de Galicia e, desde xullo de 2002, director da Radio Galega. Presidiu a Asociación da Prensa de Lugo e a Federación de Asociacións de Prensa de Galicia. Publicou Historia de la Casa-Fortaleza de Camba (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Humorista e debuxante. Coñecido como Forxán, formouse na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid. Colaborador dos periódicos Diario de Noticias de Lisboa, Faro de Vigo, A Nosa Terra, La Región e La Voz de Galicia, e das revistas Can sen dono, Finisterre, Sapoconcho e Xo!, ilustrou os libros En broma e en serio: cascallos cotiáns e líricas breves (1998) e Faragullas e líricas do solpor (1999), de Alberto Pascual. Foi galardoado coa Curuxa de Honra do Museo do Humor de Fene (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista, dramaturgo e articulista. Marchou a Madrid en 1862 para estudar dereito e alí coñeceu a Francisco Giner de los Ríos, que o introduciu no krausismo e con quen frecuentou diversos parladoiros literarios. Desde 1865 colaborou coa Revista del Movimiento Intelectual de Europa e con La Nación, onde realizou retratos literarios de moitas figuras célebres deses anos. En 1868 viaxou a París e coñeceu os grandes novelistas franceses da época. A súa primeira novela, La Fontana de Oro (1867), xa anunciaba o que serían os Episodios nacionales. As dúas primeiras series da obra foron publicadas entre xaneiro de 1873 e decembro de 1879, e tres series máis entre 1898 e 1912. O autor buscaba con esta obra facer a historia novelada de gran parte do s XIX, desde 1805, data da derrota da Batalla de Trafalgar, ata 1875, coa restauración da monarquía borbónica. Durante eses anos tamén participou en política (1886-1890) como deputado no Congreso polo partido de Sagasta....
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Doutor en Historia (1975), centrou a súa investigación nos temas gandeiros. Da súa produción destacan La Lanzada a principios del s XVIII. Población y economía (1975), Un Modelo de sociedad rural de antiguo régimen en la Galicia costera: la península del Salnés: (Jurisdición de La Lanzada) (1979) e Un Modelo social leonés en crecimiento: la Vega Baja del Esla entre 1700 y 1850 (1998). Membro da Societé de Demographie Historique.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Perezgil, destacou como debuxante e paisaxista e inspirouse na figura de Mayakowsky. Evolucionou desde o impresionismo cara a unha maior liberdade expresiva dentro do campo da figuración. Pintou Caletas y carro en la era e Kiosko de flores (1968), e escribiu Bestiario. Recibiu o Premio Internacional de Gravado Máximo Ramos (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e debuxante. Coñecido como Peridis, colaborou en diversas publicacións periódicas como o diario Informaciones, a revista Cuadernos para el Diálogo e o xornal El País. Director e presentador do programa Las claves del Románico para TVE, no eido arquitectónico realizou a restauración e rehabilitación do mosteiro de Santa María La Real en Aguilar de Campoó, do mosteiro de San Benito en Valladolid, do Teatro Principal de Burgos e da Biblioteca Pública do Alcázar de Toledo. Autor de Los animalillos políticos de Peridis (1977), Del golpe al cambio (1982) e Peridis 1995-2004 (2004), recibiu o Premio Mingote de Humor (1983), o Premio Europa Nostra (1988) pola conservación do patrimonio histórico-artístico e a Medalla al Mérito de las Bellas Artes (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre. Coñecido como Roxerius, en 1920 rematou os estudos de maxisterio en Santiago de Compostela. Nestes anos frecuentou o centro republicano e as Irmandades da Fala. En 1919 asistiu, con Antón Villar Ponte, Fray Salvador, Sánchez Andrade e Pita Romero, á Xuntanza Escolar Nazonalista, celebrada en Santiago. Nesta Xuntanza decidiuse pedirlle ao goberno a creación dunha cátedra de literatura e lingua galega e a autonomía integral para Galicia. Durante a Segunda República apoiou activamente a campaña a prol do Estatuto de Autonomía de Galicia e, en decembro de 1931, participou na fundación do Partido Galeguista. A partir deste momento, intensificou as súas colaboracións xornalísticas diversificando a súa temática: cartas dirixidas aos mestres, análise da situación económica do maxisterio, a educación de adultos, a asistencia escolar, a pedagoxía e o bilingüismo, a situación das escolas técnicas e a crítica á escola tradicional. Despois de superar por libre os cursos da Escuela Superior de...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Catedrático de Construción Arquitectónica da Universitat Politècnica de Catalunya, foi presidente fundador da Asociación Española de Prevención y Seguridad e vicepresidente da Federación Internacional lFAS. Escribiu El proceso de creación arquitectónica (1980) e Obras de tierra (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e lingüista. Coñecido co pseudónimo de Ernesto Guerra da Cal, realizou os seus estudos universitarios en Madrid, que alternou coa súa afección ao teatro no grupo de teatro La Barraca. Alí contactou con Federico García Lorca e foi un dos principais animadores do autor andaluz á hora de escribir os seus seis poemas en galego. Durante a Guerra Civil Española alistouse nas Milicias Galegas, traballou na sección exterior do servizo de información militar do Ministerio de Guerra e colaborou na revista Nova Galiza. Na fin do conflito marchou a EE UU, onde se exiliou, e en Nova York finalizou os seus estudos cun doutoramento en Filoloxía Románica na Columbia University. Pertenceu á Xeración de 1936 e mantivo contacto cos intelectuais máis importantes da súa época. Persoa de convicións nacionalistas, en 1977 renunciou á nacionalidade española como partidario da integración de Galicia no mundo lusófono, instalouse en Portugal e defendeu a liña reintegracionista,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(A Coruña 24.11.1902 - 1996) Médico. Presidente da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia (1969-1972) e director de revistas especializadas como Medicina Galaico-Astur e Medicina Galaica, colaborou en Archivos de Medicina, Galicia Clínica e Revista de Información Médico-Terapéutica. Da súa produción destacan Los males del alma y eugenesia (1934), Habla el médico (1960), Curanderismo y Superstición (1972), El Hombre-Lobo (1973) e Ramón Otero Acuña: un gaditano en Fonseca (1980). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
-
GALICIA
Escritor e profesor. Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas publicacións, como Coordenadas, Dorna e Grial. Ademais da elaboración de material didáctico, como o volume colectivo Galego 5 (1987), colaborou en Tecendo panos (2000) e Paisaxes con palabras (2001). É autor da novela xuvenil O pergameo de Elir (1987) e do libro Estación Término (1993, Premio IV Certame Cidade de Lugo).
VER O DETALLE DO TERMO