"RAG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe de estado protestante producido en Praga o 23 de maio de 1618. Un grupo de nobres bohemios calvinistas asaltaron o pazo real e tiraron pola fiestra dous conselleiros reais e un secretario. Un goberno provisional substituíu o consello do rei e as forzas protestantes ocuparon o país. Este feito foi unha das causas da Guerra dos Trinta Anos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actuar sobre un embrague de xeito que a parte condutora dunha transmisión deixe de comunicarlle movemento á parte conducida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de desembragar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actor que representaba o segundo papel no teatro grego, pois a acción dependía do protagonista, do coro e desta nova figura que introduciu Esquilo. A creación desta figura supuxo maiores posibilidades para o desenvolvemento da acción dramática e o diálogo, fronte á forte narratividade inicial que presentaban os espectáculos.
-
-
Tabique musculomembranoso abovedado que separa o abdome do tórax no corpo dos mamíferos. Está constituído por un músculo impar, asimétrico, ancho e aplanado, carnoso na periferia e aponeurótico no centro. Presenta tres grandes aperturas para a aorta, a vena cava inferior e o esófago. Ten un papel fundamental na respiración, permanece relaxado durante a inspiración, onde é esencial, e tenso durante a expiración.
-
Membrana ou peza que separa dúas cavidades.
-
-
Abertura regulable dunha cámara fotográfica, cinematográfica, de televisión ou de vídeo que permite modificar a vontade a cantidade de luz que atravesa o sistema óptico da cámara e que impresiona a película, ou que incide sobre o tubo de imaxe. Pode colocarse un dispositivo diante, dentro ou detrás do obxectivo, e cumpre tres finalidades: regular a cantidade de luz que pasa polo obxectivo e imprime a película, pasar os raios de luz polo centro da lente e regular a profundidade de campo.
-
diafragma de iris
Anel de follas ou láminas superpostas a carón ou no propio obxectivo, e que se dedican a controlar o tamaño da abertura.
-
-
Calquera dispositivo que limita un feixe de raios que atravesa un sistema óptico.
-
Tabique poroso para separar solucións nunha pila eléctrica en procesos electrolíticos.
-
Lámina situada perpendicularmente á dirección do movemento dun fluído e cun burato concéntrico co eixe do conduto. Ten como finalidade contraer a vea de fluído nos dispositivos utilizados nas determinacións do caudal, ao medir a presión deste antes e despois do diafragma.
-
Membrana que establece separacións no interior dalgúns froitos, como as que existen nas silicuas e silículas.
-
Dispositivo anticonceptivo que consiste nun disco de látex ou outro material plástico, que se coloca na parte máis profunda da vaxina, antes do colo uterino, para impedir a entrada dos espermatozoides dentro da cavidade uterina e evitar así unha posible fecundación posterior do óvulo.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Regular o diafragma dunha cámara fotográfica co fin de controlar a iluminación da imaxe ou a profundidade do campo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao diafragma.
-
PERSOEIRO
Escritor senegalés. Estudiou veterinaria en Toulouse e posteriormente en París, onde se asociou ao movemento da negritude. Presidiu a Association des écrivains du Sénégal e o comité de lectura das Nouvelles Éditions africaines. Escribiu os volumes de contos Les contes d’Amadou Koumba (1947), Nouveaux contes d’Amadou Koumba (1958) e Contes et Lavanes (1963), e o poemario Leurres et lueurs (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Home travestido que viste roupas rechamantes e estrafalarias, perrucas coloristas, zapatos de plataforma e maquillaxe sofisticada.
-
-
Calquera ferramenta ou aparello que serve para escavar terreos subacuáticos. Todo o mecanismo de mando e movemento da ferramenta que recolle os materiais vai montado nunha barcaza con dispositivos para almacenar os materiais extraídos ou cun sistema para transportalos a un lugar adecuado. Hai catro clases principais de dragas: draga de culler, a máis empregada, que ten unha pa montada no extremo dun brazo móbil, e a súa descarga faise abrindo o fondo; a draga de alcatruz ou rosario que leva unha cadea de pas montadas sobre un bastidor móbil; a draga de culler autoprensora, formada por dúas partes iguais articuladas que recollen a lama que queda entre elas; e a draga aspiradora que recolle os sedimentos mediante sución.
-
Embarcación provista dun aparello dragador.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada na Coruña a partir de 1933. Subtitulouse “Semanario de crítica política”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á persoa ou cousa que draga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa española de construción fundada en Madrid no ano 1941 por Joaquín Reig Rodríguez e José Junquera. Pertence ao grupo bancario Santander Central Hispano. En principio constituíuse para construír portos e outras obras civís (estradas, presas, aeroportos), e no 1946 entrou no sector da edificación, sobre todo de vivendas e hospitais. Unha parte importante da súa obra realizouse no estranxeiro, especialmente en América Latina, Portugal e Oriente Medio. Formou parte do Grupo Dragados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Máquina utilizada na dragaxe e escavación de terras. O elemento escavador é unha culler que bascula pendurada duns cables de sostemento, acompañados dunha polea fixada no extremo dunha pluma de inclinación variable (mentres que o outro extremo pivota sobre a cabina) e que é arrastrada por uns cables; a tensión destes é a que determina o ángulo de incidencia da culler durante a escavación. As dragalinas utilízanse na construción de cimentos, canais, trincheiras, diques, terrapléns e para extraer area e grava dos ríos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barco militar equipado especialmente para detectar e limpar de minas as canles de navegación . Nas diferentes contendas bélicas adaptáronse diversos barcos de transporte para realizar estas mesmas funcións. Algúns dos modelos máis modernos, pertencentes á V e VII flota dos EE UU, teñen unha lonxitude de 68 m, unha manga de 12 m e poden desprazar máis de 1.300 toneladas. Dotados de canóns de 50 mm, poden embarcar unha tripulación de máis de oitenta homes, incluídos os oficiais. Entre os diversos tipos, cómpre salientar os dragaminas costeiros, encargados da detección e limpeza das minas oceánicas e provistos dun sistema de neutralización e contramedidas MNS. Cunha lonxitude de 57 m, unha manga de 11 m e un desprazamento de 890 toneladas, trasladan unha tripulación de máis de cincuenta homes. Entre as contendas nas que tiveron unha participación máis salientable, cómpre subliñar a Segunda Guerra Mundial, a Guerra do Golfo contra Iraq e a operación “Liberdade duradeira” contra diversos países...
-
-
Cada unha das dúas pezas que están situadas sobre a popa e que serven de base para toda a construción do espello dun barco de madeira.
-
Táboa grosa, recta e de superficies planas, que, pola parte do medio, se axusta coa roda de popa e que polos extremos vai unida con porlóns ao dragante.
-
Táboa grosa e curvada unida con porlóns polos seus extremos ao dragante dereito e que lle dá forma á popa do barco.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura que representa unha cabeza de dragón, ou de león, coa boca aberta tragando ou trabando outra figura, xeralmente unha banda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escavar ou limpar con draga ríos, canles ou fondos mariños.
-
-
Operación que consiste en escavar e limpar de materiais os fondos subacuáticos.
-
Operación militar que ten como finalidade a retirada ou destrución de minas submarinas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica pictórica que consiste en arrastrar o pincel, cheo de pigmento case seco, sobre unha primeira capa de pintura, aínda pegañenta, para producir os efectos da cor quebrada.