"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo sardo en lingua castelá, seguidor de Lope de Vega. É o autor da comedia El saco imaginado (1658).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Carnota, no concello do mesmo nome, de 457 m de altitude. Forma parte do Monte do Pindo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Arca, no concello da Estrada, de 624 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Soldado armado con arcabuz. Nun principio pertencía á infantería, pero no s XV apareceron xa arcabuceiros a cabalo. Substituíu progresivamente ao piqueiro.
-
Fabricante de arcabuces e outras armas de fogo.
-
-
-
Tropa armada de arcabuces.
-
Fábrica de arcabuces.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga arma de fogo portátil, constituída por un canón de ferro liso montado sobre unha armadura de madeira prolongada pola culata. O seu uso, con diferentes variantes, xeneralizouse a partir de finais do s XVI, e perduran uns dous séculos.
-
-
Tiro de arcabuz.
-
Ferida feita cun arcabuz.
-
-
-
Conxunto ou fileira de arcos.
-
Abertura pechada con arco, xeralmente de grandes dimensións, que adoita servir de paso.
-
Arco de gran tamaño sobre un van.
-
Biombo ou protección provisional de madeira que se coloca en sentido lonxitudinal nas adegas dos barcos que teñen que transportar gran sen embalaxe.
-
Golpe de arco.
-
Contorno da fiada de dentes.
-
Serie de arcos que a comunican coa nave lateral.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contracción das vías dixestivas altas, que se acompaña de náuseas e precede a miúdo aos vómitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro da academia literaria de Roma denominada Arcadia.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Arcade, concello de Soutomaior, que se sitúa na marisma da enseada de Piñeiro, entre a punta do Puntal, ao S, e a punta Muxeira, ao N.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Soutomaior baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor flamengo. Foi mestre da Capela Xulia (1538) e cantor na Capela Pontificia en Roma (1539-1550). No 1551 trasladouse a Francia onde foi cantor da Capela Real (1557). Compuxo uns 250 madrigais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar de paisaxe grato, de vida idílica e feliz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nomós do Peloponeso, Grecia (4.419 km2; 105.309 h [1991]). A capital é Trípoli (21.337 h [1981]). Habitada por pobos de base económica gandeira, mantívose á marxe da evolución urbana xeral en Grecia. Pasada a hexemonía macedónica, ingresou na Liga Aquea. Logo formou parte do Principado de Acaia (1204), ata que os bizantinos a anexionaron ao Despotado de Mistra (1320). Foi posesión turca (1458-1822) ata a independencia do Reino de Grecia. Esta rexión recibiu as loanzas dos poetas clásicos, como Teócrito e Virxilio. Mitificada como lugar habitado por pastores que levaban unha vida de pracidez e serenidade, pasou á literatura e á arte europeas a partir do Renacemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia fundada en Roma no 1690 por un grupo de escritores do Círculo de Cristina de Suecia coa finalidade de combater o “mal gusto” literario do s XVII, identificado co Manierismo. Os seus membros, que tomaban nomes pastorais, propugnaban unha volta á natureza e á simplicidade. Durante o s XVIII cultivaron unha poesía fácil, elegante e optimista. Estendida por toda Italia, sobreviviu ata finais do s XIX, logo transformouse na Accademia Letteraria Italiana (1925).
-
GOLFOS
Golfo de Grecia meridional, ao longo da costa occidental do Peloponeso.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Arcadia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Arcadia.
-
Aplícase aos lugares ou momentos fermosos e agradables.
-
Dialecto do grego antigo que se falaba en Arcadia e que pertencía ao grupo do aqueo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome de home de orixe grega que significa ‘procedente da Arcadia’, rexión central do Peloponeso (Ảρκαδία).
-
PERSOEIRO
Emperador romano (395-408). Fillo de Teodosio I o Grande, a quen sucedeu aos 17 anos de idade no trono imperial. Foi o primeiro Emperador do Imperio Romano de Oriente, creado polo seu pai coa finalidade de simplificar a administración imperial e facela máis eficaz descentralizándoa de Roma. Fixou a capital en Constantinopla e estivo moi dominado polos círculos cortesáns. O seu reinado mantivo certa estabilidade grazas á actuación de Antemio, quen fortificou a fronteira do Danubio para defendela dos hunos.
VER O DETALLE DO TERMO