Arcadio
Arcadio
Emperador romano (395-408). Fillo de Teodosio I o Grande, a quen sucedeu aos 17 anos de idade no trono imperial. Foi o primeiro Emperador do Imperio Romano de Oriente, creado polo seu pai coa finalidade de simplificar a administración imperial e facela máis eficaz descentralizándoa de Roma. Fixou a capital en Constantinopla e estivo moi dominado polos círculos cortesáns. O seu reinado mantivo certa estabilidade grazas á actuación de Antemio, quen fortificou a fronteira do Danubio para defendela dos hunos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Cauca, Gallaecia