"RDA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 499.

  • PERSOEIRO

    Vicerrei de Nueva España (1680-1686) e conde de Paredes. Durante a súa administración colonial favoreceu a instalación de novos poboadores na vila de Santa Fe de Nuevo México, coa concesión do título de cidade e co patrocinio da expedición a California de Isidro de Atondo. Cando volveu á Península incorporouse ao Consello de Indias e foi mordomo da raíña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Vicerrei de Nueva España (1688-1696) e conde de Galve, fillo do cuarto duque de Pastrana e de Catalina de Mendoza, duquesa do Infantado. Durante o seu goberno enfrontouse aos ataques franceses en Texas (1690) e na illa de La Española (1692), sufocou con dureza unha rebelión da poboación indíxena na cidade de México motivada pola fame e pacificou Nuevo México en 1692. Antes de cesar nas súas funcións, fortificou a baía de Pensacola, en Florida, coa creación do núcleo da actual cidade no 1696. Posteriormente, volveu a España e morreu ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mecenas e muller do VII conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro e Portugal. En 1621 fundou o convento de San Xacinto de Monforte de Lemos e en 1622 o de Santa Clara de Monforte, onde ingresou como Catarina da Concepción, logo de enviuvar. Deixou en testamento 500 ducados para a creación dunha cátedra de Teoloxía no convento de San Xacinto e 300 ducados para a cátedra de Artes no de San Francisco, en Monforte de Lemos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soberano nominal das Islas Canarias (1344). Serviu a Afonso XI en Xibraltar (1333) e participou en numerosas empresas militares, polas que foi nomeado conde de Talmond (1339) e almirante de Francia (1341). No 1344 recibiu do Papa Clemente VI, en Aviñón, o título de príncipe da Fortuna ou das Illas Afortunadas (Canarias).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político nicaraguano. En 1811 participou no primeiro intento revolucionario contra as autoridades españolas, polo que foi apresado e condenado a morte, pena que foi conmutada pola de cadea perpetua en Ceuta. Tras varios anos de prisión regresou a Nicaragua onde ocupou o cargo de presidente (1825-1826). Trala guerra civil, iniciada coa sublevación de Juan Argüello, foi deposto e fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca da provincia de Girona, Catalunya, no curso alto do río Segre. Situada nunha chaira de orixe tectónica, entre os Pireneos Orientais e o Prepireneo. Debido á súa altitude (Carlit 2.991 m) posúe un clima de montaña con temperaturas extremas en inverno e frescas en verán, e con precipitacións que alcanzan os 500 mm anuais. O poboamento caracterízase por estar organizado en pequenos núcleos rurais. A súa economía baséase na agricultura e na cría de gando lanar. A cabeceira comarcal é Puigcerdà (6.356 h [1996]). Como consecuencia do Tratado dos Pireneos (1659), a comarca quedou dividida entre os estados español e francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra de San Mamede que serve de límite entre as parroquias de Rebordechau (concello de Vilar de Barrio), Gabín (concello de Montederramo) e Castro de Laza (concello de Laza). Situado no eixe axial da serra, o seu cumio acada os 1.507 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas pardas de talo cartilaxinoso, que acada os 5 m de lonxitude, de cor castaña escura, cilíndrico, sen ramificacións e de ata 5 mm de diámetro. A especie C. filum vive no infralitoral, entre os 2 e os 20 m, fixada ao substrato, pedras e cunchas, por medio dun disco moi pequeno. Empregouse en Francia para facer cordas e en Xapón consómese en ensalada. Recibe as denominacións populares de cinta e rabiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xadrecista. En 1974 acadou o grao de mestra internacional de xadrez e en 1978 proclamouse campioa do mundo, título que mantivo ata 1988.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio de Asia occidental situado ao O do río Xordán (5.878 km2; 2.020.298 h [estim 2000]), que abrangue as rexións históricas de Xudea e Samaria e os barrios árabes de Xerusalén oriental. Xunto coa franxa de Gaza, coa que está unida dende o 25 de outubro de 1999 por un “corredor de seguridade”, forma parte dos territorios administrados pola Autoridade Nacional Palestina (ANP) trala Declaración de Principios asinada entre Israel e a Organización para a Liberación de Palestina (OLP) o 13 de setembro de 1993. A poboación é maioritariamente palestina (83%), aínda que no 2000 existían 260 asentamentos xudeus que agrupaban unha poboación de 343.000 h. Segundo a ANP, no 2000, as principais cidades eran: Hebrón (210.000 h, 450.000 h no seu territorio), Xerusalén (156.000 h, 219.000 h no seu territorio), Nābulus (130.000 h, 430.000 h na aglomeración urbana que forma con outros catro concellos), Rām Allāh (36.000 h, 275.000 h no seu territorio), Belén (28.000 h, 100.000...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cisxordania ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Cisxordania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Foi unha das figuras máis destacadas do teatro castelán posromántico e naturalista. Debutou en Madrid en 1891. Actuou con Emilio Mario, Ricardo Calvo, Enric Borrás e outros, e formou unha compañía co seu home, o dramaturgo Federico Oliver.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caixa pequena que se pon no exterior dunha embarcación, sobre o punto avariado da carena, e que, con pouca auga, permite efectuar a reparación sen poñer a embarcación en seco.

    2. Compartimento estanco lonxitudinal que abraza a liña de flotación nos barcos de guerra, para impedir filtracións de petróleo entre os tanques.

    3. Caixiña estanca dun dique ou dun peirao flotante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herdar conxuntamente con outras persoas. Ex: Os dous irmáns coherdaron a casa dos pais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía creada en 1776 co fin de atender as necesidades de formación dos oficiais da Armada, de acordo coas novas esixencias da navegación e da guerra. Constituíuse como un centro científico no contexto do movemento ilustrado. Seguindo o modelo da que existía en Cádiz, tiña unha estrutura militar e outra docente, constituída pola Academia, supeditada á primeira. O mando correspondía a un capitán de navío. O primeiro en exercer o cargo foi Francisco Javier de Winthuysen. Os gardas mariñas de Ferrol chegaron a dispoñer dun regulamento específico: Instrución para Guardias Marinas de la Compañía del Ferrol (1806). A creación desta compañía axudou a impulsar a actividade do departamento naval de Ferrol e favoreceu que acudisen pilotos, astrónomos, matemáticos e outros especialistas á cidade. Ademais, a Academia posuía un observatorio único en Galicia. Nas clases de capacitación para oficiais estudiábase aritmética, xeometría, trigonometría, cosmografía, navegación, artillería e manobras....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode concordar con outra cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á persoa que pon concordia.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de concordar.

      2. Estado de conformidade ou de correspondencia entre dúas ou máis cousas que concordan.

      3. concordancia dos evanxeos

        Confrontación das pasaxes relativas a un mesmo feito nos catro evanxeos.

      1. Orde alfabética de todas as palabras da Biblia (hebrea, grega ou Vulgata), con citas dos lugares onde aparecen. Este método aplicouse a diversas traducións da Biblia e doutras obras.

      2. Índice alfabético que mostra os lugares dun texto nos que se pode atopar cada palabra principal e que se pon ao final do mesmo.

      1. Fenómeno polo que dous ou máis elementos dunha lingua presentan algunhas características gramaticais comúns. Estas características comúns poden referirse, segundo os elementos relacionados, ao xénero, ao número ou á persoa e chámanse accidentes gramaticais. O substantivo, o adxectivo, o artigo e o pronome manifestan a concordancia a través dos morfemas de xénero e número (

      2. concordancia temporal

        consecutio temporum.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO