"Rodríguez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 437.
-
GALICIA
Avogado e escritor. Colaborou en diversos xornais, como La Ilustración Gallega e El Heraldo Gallego (1874-1880). Destacou tamén polo seu labor de crítico literario, sobre todo por una tensa polémica que mantivo con Clarín. Das súas obras destacan Cuentos soporíferos (1874), Semblanzas galicianas (1876) e Semblanzas (2ª edición, 1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filólogo e escritor. A súa versatilidade como investigador levouno a centrarse nunha pluralidade de autores literarios que combina con outros estudos de carácter lingüístico, como o Dicionario de verbos galegos (1993). No apartado literario, ademais das traducións de libros de Jack London, destacan a Guía de lectura de O soño sulagado (1992), Entrevistas a Álvaro Cunqueiro (1994), Papeis de literatura: dez anos de revisión crítica (2001) e as edicións de O sol na crista do galo (2003) e Derradeira escolma ferida (2003), de M. Lueiro Rey.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e xurista. Formou parte da milicia nacional. A súa andaina política comezou no progresismo, e pasou por diferentes tendencias como o autoritarismo (1868), o carlismo (1870) e o absolutismo. Foi deputado en numerosas ocasións entre 1844 e 1872 e ministro da Gobernación (1856-1857). Defendeu a necesidade dunha lei do funcionariado, o dereito da Igrexa a administrar os seus bens, e redactou a Lei da Imprenta (1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor mercantil. Funcionario de Correos desde 1966, converteuse en xefe provincial da entidade en Ourense en 1993. En 1968 creou en Ourense o Grupo Academia Postal, da que é director, dedicada nos seus comezos á preparación das oposicións para o ingreso en Correos e diversificada posteriormente nunha formación multidisciplinar. Estendeu o grupo polas sete cidades galegas e polo norte de Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso franciscano. Colaborou en El Eco Franciscano e publicou Regla y Constituciones de los Frailes Menores (1914) e Florecillas de San Francisco de Asís (1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Deseñador gráfico. Militante comunista desde 1957, estudou ciencias políticas en Moscova e en 1963 a dirección do PCE encargoulle a organización do partido en Vigo. Cofundador do Partido Comunista de Galicia (PCG), foi membro do comité central do PCE en París e participou en numerosas actividades políticas e sindicais, como a folga xeral de Vigo ou a readmisión dos despedidos das factorías navais, e sufriu varias detencións. Exiliado en Francia, participou en diversas actividades nos campos da paz e do desarme. Coa fin da ditadura, regresou a Vigo, onde fundou a empresa Variografik e foi concelleiro durante dúas lexislaturas. Fundou a Asociación España-URSS. Escribiu e debuxou, entre outras obras, Vigo a través de la Historia, Galicia al pié de la letra, Historia gráfica de Galicia e Tres mil años de escritura. Membro da Fundación Gutenberg, deseñou a letra medieval Gallaecia-Castelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso franciscano. Tras ordenarse presbítero, marchou a Portugal e dedicouse ao ensino. Dirixiu a obra de homenaxe a santa Catarina de Boloña La Santa sulla storia, nella lettere e nell’arte (1912), no segundo centenario da súa canonización. Publicou, entre outras, El mes de San Antonio y otras devociones al gran Taumaturgo franciscano (1899), Novena al Sagrado Corazón de Jesús e Los Trece Martes en honor a San Antonio, para los niños.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Catedrático de Historia da Arte e membro do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, publicou Arquitectura prerrománica (1978), co que obtivo o Premio da Crítica Galega en 1979. Ademais é autor de La idea de inmortalidad en la escultura gallega: la imaginería funeraria del caballero, s. XIV-XV (1985), Las Claves del arte bizantino y prerrománico (1991), O Refectorio do pazo de Xelmírez (1996), Casa, calle, convento: iconografía de la mujer bajomedieval (1997) e Santiago, la catedral y la memoria en el arte (2000). Recibiu o Premio Martín Códax no apartado de investigación.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Obtivo o título na Universidad de Madrid en 1884. Foi inspector de sanidade en Badajoz e no Páramo durante a epidemia de gripe e varíola de 1918. Fundou un hospital para enfermos mentais en Sarria e escribiu Alucinaciones? (1927), Intrusismo y ejercicio ilegal de la Medicina, Horas de arte médica, Paidología e Tratamientos de niños retrasados entre madre e hija.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Foi secretario xeral de Caixa Rural de Ourense e de Coren-Uteco. Cofundou a Acción Política Orensana, integrada en UCD, e Centristas de Galicia (1985), que formou parte do PP a partir de 1991. Foi conselleiro sen carteira na Xunta Preautonómica de Galicia (1979-1981), presidente da Deputación Provincial de Ourense (1979-1990), senador electo por Ourense (1986-1990 e 1997-2000) e deputado por Ourense (1989-2000). Presidiu o Parlamento de Galicia (1990-1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador probablemente galego. Foi membro dunha liñaxe galega que desenvolveu a súa actividade entre 1225 e 1250 en terras portuguesas e que se caracterizou polas excelentes relacións que mantivo cos poderes rexios casteláns. O seu pai, Rodrigo Pais de “Candrei”, foi vasalo na corte do Rei Fernando III, xunto con Rodrigo Gomez de Trastámara. Pertenceu á mesma xeración que Pai Soarez de Taveirós, Martin Soarez, Pero Garcia Burgalês e Johan Nunez Camanêz. Da súa produción, localizada nos cancioneiros da Biblioteca Nacional, da Vaticana e da Ajuda, consérvanse catro cantigas de amor “Ben deviades, mia senhor”, “En gran coita vivo, senhor”, atribuída tamén a Johan de Gaia nos cancioneiros da Vaticana e da Biblioteca Nacional, “En que grave dia, senhor” (fragmento) e “Nostro Senhor! en que vus mereci” (fragmento), que tamén se lle atribúe a Nuno Porco.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizador cinematográfico. Coñecido como Amando de Ossorio, comezou como xornalista en Madrid e interesouse tamén pola pintura, a escultura, a fotografía ou a literatura. Contactou co mundo do cine a través do produtor Pedro de Juan e do director ourensán A. Román. Da súa obra destacan as curtametraxes El misterio de la endemoniada (1942) e El último carnaval (1942), e os filmes La bandera negra (1956), dun estilo entre expresionista e surrealista filmado en branco e negro, Malenka, la sobrina del vampiro (1968), La noche del terror ciego (1971), El ataque de los muertos sin ojos (1973), La noche de las gaviotas (1975) e Serpiente de mar (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor e escritor. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en diversas publicacións como Cuadernos Hispanoamericanos, Faro de España, La Nación, Nueva Estafeta e El Pueblo Gallego. Foi membro do Instituto Español Sanmartiniano-Madrid, da Academia Sanmartiniana de Bos Aires e da Academia Porteña del Lunfardo en Arxentina. Autor dunha extensa obra, a maior parte dela editada polo propio autor, dos seus títulos destacan Presencia de Rosalía (1975), O sorriso de Gardel (1988, Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor 1987), Vuelo sonoro (1990), os libros de relatos Marisma pacífica (1991) e Reloxo de sol (1992); o libro de poemas Oración do náufrago (1991); o drama El elegido (1992); ; A luz do tempo (1994), El cóndor de los Andes (1996) e A la memoria de un ángel (2000). Recibiu o Premio Quiñones de León (1967) e o Premio Nacional...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Coñecido como Peixe, destacou sobre todo como ilustrador. Traballou no eido das artes plásticas e da comunicación e foi autor do cartel da peza teatral O Despertar, do grupo Maricastaña, así como de ilustracións para a revista Golfiño, La Voz de Galicia e para institucións como o Patronato Rosalía de Castro ou a Sala de teatro A NASA. Ilustrou numerosos libros, dos que destacan Cidades (1997), Mateo (2000), Muller de vidro (2002), Deseñadora de hora en hora (2003) e Anatomía da mentira (2003). Recibiu o Premio de escenografía María Casares (1999) e o Premio de escenografía FETEN-Feria Europea de Teatro para Niños de Gijón (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, irmán de Alexandre e José Luis Outeiriño. Militou no Partido Galeguista e foi responsable do seu voceiro, o semanario El Heraldo de Galicia. Dirixiu o diario La Región de Ourense, do que foi copropietario xunto co seu irmán Alexandre, entre 1932 e 1968. Escribiu varias comedias e contos na década de 1970, a maioría inéditos, e publicou o libro Cuentos de Orense (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista, irmán de Agustín Ricardo e José Luis Outeriño. En 1933 comezou a traballar no xornal La Región como encargado da parte administrativa, á vez que ía adquirindo accións da empresa, ata que en 1951 foi nomeado presidente do seu consello de administración. En 1968, o seu irmán Agustín Ricardo vendeulle a súa parte das accións no xornal e abandonou o posto de director, que pasou ás súas mans. Recibiu a Medalla Castelao (1992) e a medalla de ouro do Liceo de Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e empresario, irmán de Agustín Ricardo e Alexandre Outeiriño. Membro fundador do xornal Ferrol Diario, vicepresidente da Agrupación de Editores de Diarios Españoles e conselleiro da axencia EFE, foi presidente do Grupo La Región e de Rías Baixas Comunicación, editora de Atlántico Diario e La Región. Cofundador da Axencia Galega de Noticias e fundador da axencia Imagen Press e da empresa publicitaria 24 Diarios, os seus intereses empresariais levárono a crear a estación de esquí de Manzaneda (Ourense) e o Centro Comercial Paseo de Ourense. Foi membro da orde do Mérito Civil, do Instituto Internacional de Prensa e da Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante, humorista e pintor. Foi un dos fundadores do xornal El Miño e subdirector de Vida Gallega (1924-1927), onde publicou o primeiro debuxo humorístico en 1916 e da que foi colaborador ata 1935. Traballou tamén noutras publicacións, como Faro de Vigo, El Ideal Gallego e La Semana de Tui, ademais de participar en diferentes mostras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Coa chegada da Segunda República organizou en Mos o partido Acción Republicana, posteriormente Izquierda Republicana. Alcalde de Mos en 1936, ao comezo da Guerra Civil foi detido e condenado a morte. Logrou saír do cárcere e fuxiu a Portugal desde onde se trasladou a Arxentina. En Bos Aires integrouse no Centro Republicano Español e foi membro do Consello de Galiza. Colaborou en diversos programas radiofónicos como Galicia Emigrante.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Gaiteiro. Coñecido como Farruco Paradela, está considerado un dos intérpretes de gaita máis importantes de Galicia. Formou parte de numerosas agrupacións musicais, entre elas a Coral Cantigas da Terra, en que permaneceu 25 anos. Levou a cabo diversas gravacións, das que destaca a realizada en 1950 xunto ao etnomusicólogo Alan Lomax e o gaiteiro Fernando Álvarez. Recibiu a medalla Marcial del Adalid (1960) do Concello da Coruña en recoñecemento á súa carreira musical.
VER O DETALLE DO TERMO