"SF" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 419.

  • Nome que se lle daba antigamente ao núcleo da Terra. Tamén recibiu os nomes de barisfera ou nife.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexión localizada ao redor dun buraco negro e situada dentro da esfera fotónica, fóra do horizonte de sucesos, onde só os obxectos que seguen en movemento poden evitar entrar na singularidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao esfácelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Podrecer ou morrer un tecido orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás esfacelariais.

    2. Alga da orde das esfacelariais.

    3. Orde de feofíceas de talos con ramificacións polísticas e de medra terminal levado a cabo por unha célula inicial moi grosa. Son algas mariñas litorais, que aparecen frecuentemente sobre fucáceas e laminariáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Masa de tecido gangrenado ou necrosado.

    2. Necrose dun tecido orgánico.

    3. Célula terminal do talo das esfacelarias, grande, rica en feoplastos e de división activa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apagar un facho de palla contra algo.

    2. Lanzar unha cousa violentamente contra outra para rompela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Producir raios de luz de maneira intermitente e de intensidade e cor variable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brión hidrófilo, do xénero Sphagnum, que normalmente non supera os 30 cm de longo -aínda que algunhas especies chegan ata os 100 cm-. O caulidio presenta dous tipos de pólas -unhas perpendiculares e outras pendurantes-, dispostas en fascículos laterais, que na parte apical forman unha mouta de pólas curtas, denominada capítulo; neste sitúase o esporanxio -en forma de cápsula esférica de cor escura, sostido por un pequeno pé- que libera as esporas por abertura violenta da cápsula ata distancias de 200 mm. O esfagno presenta unha capa superficial de células mortas e transparentes en que pode entrar e saír a auga grazas á presenza de poros, polo que poden acadar 20 veces o seu peso seco. Dependendo da intensidade de luz que reciben, pigméntanse as células, ben de cor verde ou verde amarelenta, ben de tons arrubiados. Estes brións van medrando polo ápice, mentres a parte inferior vai morrendo para dar lugar á formación da turba. Forman céspedes ou almofadiñas en turbeiras,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ostān homónimo, Irán, na marxe esquerda do río Zāyandeh (1.266.072 h [1996]). A principal actividade económica é a agricultura, sobre todo os cultivos de algodón, tabaco e cereais. Tamén son importantes as industrias téxtiles e o mercado de produtos gandeiros. De orixe antiga, foi un dos maiores centros culturais de Oriente. Do seu patrimonio cultural destacan as mesquitas de Masjid-i-Shah (s XVII) e do Imām.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ostān de Irán, situado no centro do país, nunha chaira moi fértil (104.650 km2; 3.923.255 h [1996]). A capital é Esfahān.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten ou pasa moita fame.

    2. Que está pouco desenvolvido fisicamente por falta dunha alimentación adecuada.

    3. Que é mesquiño no gasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • esfargallar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separar o farelo da fariña.

    2. Desfacer algo en anacos ou partículas moi pequenas.

    3. Desfacerse algo en anacos ou partículas moi pequenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desfacer unha cousa pola perda dos elementos que a forman ou pola rotura dalgunha das súas partes.

    2. Descolocar unha cousa.

    3. Desfacerse unha cousa pola perda dos elementos que a forman ou pola rotura dalgunha das súas partes.

    4. Descolocarse unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ila da parroquia de Santa María de Salceda que é capital do concello de Salceda de Caselas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está feito farrapos.

    2. Que vai vestido con farrapos.

    VER O DETALLE DO TERMO