"Sind" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 167.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sindicato fundado pola escisión dos sectores opostos á relación da UPG con Comisións Labregas (1975). Denomináronse tamén CC LL Terra, polo voceiro que editaron. Mantívose activo no período 1976-1977.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización xurdida en 1931 da conversión da sección pesqueira do Sindicato General de Trabajadores de Vigo en sindicato. Integrou as seccións de palangreiros do Berbés, parellas de Bouzas, empacadores, estibadores, patróns, maquinistas e mariñeiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización anarcosindicalista constituída en 1919 que agrupou as vellas sociedades de canteiros, carpinteiros e obreiros da madeira. Adheriuse á CRG en 1922.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización fundada en 1922 en Vigo como unificación das diversas sociedades obreiras ligadas á CNT da cidade. Contaba con seccións de serradores, carboeiros, pesca e transporte marítimo. Reorganizáronse a comezos de 1930, e incorporáronse novos oficios, moitos dos cales se converteron en sindicatos únicos ou de industria. En 1932 transformouse nunha Federación Local de Sindicatos Únicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en setembro de 1930 como sucesora da Federación de Trabajadores creada en 1920 e integrada na CNT. En 1932, as diversas seccións agrupáronse en sindicatos de industria, co obxectivo de conformar os de edificación, transporte, metalurxia, servizos públicos e profesións varias, e deron lugar á Federación Local y Comarcal de Sindicatos Únicos de Villagarcía. Durante o goberno da Fronte Popular, estendeu a súa influencia a localidades próximas, e incorporou a mariñeiros, toneleiros, descargadores e labregos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sindicato de base, democrático, progresista e independente. Inclúe, entre os seus principios de actuación, a defensa dos intereses sociais, económicos, profesionais e culturais dos labregos galegos; a democracia, como mecanismo de funcionamento interno; a independencia e soberanía propia na toma de decisións; e a autoorganización endóxena dos labregos a todos os niveis. As súas orixes atópanse nos Comités de Axuda á Loita Labrega organizados desde 1970 pola UPG e Cristiáns polo Socialismo, e Comisións Labregas (CC LL) que constituíron o primeiro núcleo en Ribadeo (1973) e reivindicaban a recuperación dos montes veciñais en mancomún e a abolición da cota empresarial da Seguridade Social Agraria. En 1976, despois da súa reorganización, CC LL publicaron un programa en que destacaban medidas coma o fomento do asociacionismo agrario e das cooperativas de produción e a dotación de estradas, auga e electricidade ás parroquias rurais. En 1977 CC LL reorientaron a súa estratexia e produciuse a refundación...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída a finais de 1933 e integrada polos mineiros das explotacións de estaño e wolframio de Lousame. Afiliouse á CNT.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira organización sindical nacionalista galega creada en maio de 1975. Foi apoiada pola Unión do Pobo Galego (UPG) e en 1977 coa unión cos sindicatos integrados na Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), como a Unión dos Traballadores do Ensino en Galicia (UTEG), o Sindicato Galego dos Traballadores do Mar (SGTM), a Unión de Traballadores da Sanidade Galega (USTB) ou a Unión de Traballadores da Banca de Galicia (UTBG), deu lugar á Intersindical Nacional Galega (ING).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en novembro de 1922 en Vigo por representantes do sector madeireiro da provincia. Desapareceu na Ditadura de Primo de Rivera.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación formada en 1920 que unía diversas sociedades de resistencia do ramo da construción. Pola súa ilegalización durante a Ditadura de Primo de Rivera, volveron funcionar as sociedades de oficio por separado, ata que na Segunda República se refundou o sindicato (1933). Foi considerado o máis numeroso da cidade.
-
-
Cargo de síndico.
-
Oficina do síndico.
-
-
-
Encargado dos intereses e as xestións administrativas dunha corporación, unha comunidade ou un estamento.
-
Persoa encargada de liquidar, nun concurso de acreedores ou nunha quebra, o activo e pasivo do concursado ou quebrado e de satisfacer os créditos contra el.
-
Procurador xeral de Andorra e presidente do consello xeral.
-
Funcionario municipal creado polo Consello de Castela en 1766 en todos os concellos do estado, que exercía de procurador dos intereses dos veciños. Era elixido por sufraxio directo. Suprimiuse no s XIX coa creación dos concellos constitucionais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á cadea polimérica que está constituída por átomos de carbono asimétricos, na que estes teñen unha configuración relativa alterna respecto da cadea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das fabáceas, con follas paripinnadas e coriáceas, flores dispostas en panícula, e froitos en legume. A este xénero pertence a especie S. cochinchinensis, que é natural do SL asiático e cuxa madeira se emprega en ebanistaría.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Monforte de Lemos baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Conxunto de síntomas e signos que definen clinicamente un estado patolóxico, que pode posuír diferentes etioloxías e corresponder a máis dunha enfermidade.
-
síndrome de inmunodeficiencia adquirida
SIDA.
-
síndrome de envellecemento precoz
proxeria.
-
síndrome tóxica
Síndrome que se caracteriza por febre, dor de cabeza, mialxias, dispnea, tose e erupción urticariforme. A súa causa foi atribuída ao consumo de aceite de colza desnaturalizado. Apareceu en1981 en diversos lugares de España, especialmente en Madrid e Castela. Ocasionou graves incapacidades físicas froito desta afección neuromuscular e incluso mortes.
-
-
Conxunto de signos ou fenómenos que caracterizan unha situación determinada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á síndrome.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria que presenta neuromas cutáneos e mucosos e tumores na tiroide e na medula suprarrenal. OBS: Tamén se denomina neoplasia endócrina múltiple tipo II.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome que se caracteriza por queratoconxuntivite seca, telanxiectasias faciais, sequidade das membranas mucosas e agrandamento paratiroidal bilateral. Obsérvase en mulleres menopáusicas e está asociada á artrite reumatoide, fenómeno de Raynaud e caries dental.