"USA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

  • Figura musical que representa un son cunha duración de 1/32 da redonda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de fío enrolado sobre un fuso ou unha canela. O enrolamento adoita ter unha parte central cilíndrica e os extremos cónicos. Nas fusadas feitas á man o perfil adoita ser unha curva alongada continua.

    2. Mecanismo empregado nos cronómetros da mariña e nas antigos reloxos de peto para compensar a perda de tensión que experimenta o resorte ao desenrolarse. Consiste nun cono que leva enrolado o extremo dunha cadea ou cinta na súa superficie, o outro extremo vai enrolado ao tambor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao escudo ou á peza que está chea por completo de fusos e sen espacios baleiros entre eles, alternando metal e cor. Polo xeral as pezas fusadas son verticais, pero poden tamén estar representados en banda ou en barra (fusado en banda, fusado en barra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza realizada en arxila cocida ou pedra, decorada ou lisa, que presenta unha perforación e que os arqueólogos xeralmente interpretan como parte dos fusos do tear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Toxina que producen os fungos do xénero Fusarium. Atribúeselle a responsabilidade dos síntomas nas enfermidades vasculares das plantas, producidas polas formas especializadas de Fusarium oxysporum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade das plantas que producen os fungos tuberculariais do xénero Fusarium, principalmente das especies F. roseum, F. solani e F. oxysporum. Os dous últimos, os máis importantes, atacan moitísimas plantas de horta a través das formas especializadas. A especie F. oxysporum é a responsable das fusarioses vasculares ou traqueofusarioses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura feminina en actitude de dar o peito. Aplícase ás representacións da Virxe María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘fame’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mañufe (Gondomar). Ten planta en forma de L con dúas alturas no corpo principal (cortes e vivenda) e unha no secundario. Na fachada ten unha solaina. Conserva parte do muro que pechaba a leira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xerusalén (1185-1192) e de Chipre (1192-1194). Á morte do Rei Balduíno V de Xerusalén, foi recoñecido rei polo seu casamento con Sibila. Tras ser vencido por Saladino na Batalla de Hattin (5.7.1187), perdeu o seu reino e foi feito prisioneiro. En 1192 recibiu de Ricardo I Corazón de León o Reino de Chipre, onde estableceu unha dinastía que durou ata finais do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Sokoto, Nixeria, situada á beira do río Sokoto (143.000 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Místico musulmán. Predicador, estableceuse en Bagdad, onde tiña un gran número de seguidores. A ortodoxia sunnita acusouno de divulgar os segredos da mística e de prescindir da necesidade de intermediarios entre Deus e o home, polo que foi encarcerado, acusado de xiísmo en 907 e 909 e martirizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome da antiga capital do reino hitita. Correspóndese con Bo ǧ azköy.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hausas ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo hausa.

    3. Pobo africano que habita nas repúblicas de Nixeria e Níxer. A súa islamización iniciouse no s XI, pero conservaron as súas antigas crenzas ata o s XIX. Dedicáronse á explotación agrícola da rexión e desenvolveron un importante comercio coas caravanas que atravesaban o Sahara e cos pobos do S de Nixeria.

    4. Lingua do grupo chadiano do phylum afroasiático que se fala en Nixeria, Benin, Burkina Faso, Camerún, Ghana, Níxer, Sudán e Togo. É a lingua materna duns 15 millóns de individuos e emprégana como segunda lingua uns 25 millóns máis. Escríbese con caracteres latinos (boko), aínda que a antiga escritura árabe (ajami) é utilizada en obras relixiosas e no uso privado. As manifestacións literarias, de clara influencia musulmá e iniciadas no s XVIII, son, polo xeral, cantos relixiosos, tratados de teoloxía e de dereito islámico. Das literaturas actuais cómpre destacar sobre todo a Alhaji Abubakar, autor da colección de contos Magana jarice.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edythe Marrener.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Límite teórico da heliosfera con forma circular ou de lágrima. Considérase o punto onde o vento solar encontra o medio interestelar ou vento doutras estrelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de hidrozoo celentéreo. Presenta xeralmente forma acampanada, de consistencia xelatinosa case transparente. Na beira da umbela ten un veo ou pregamento ectodérmico. Reprodúcese sexual e asexualmente e pode alternar con etapas de pólipos fixos. Habitan as zonas peláxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tirano de Siracusa. Aliouse con Cartago durante a Primeira Guerra Púnica, pero trala súa derrota polos romanos asinou unha paz vantaxosa (264 a C). Durante o seu goberno, Siracusa acadou unha grande prosperidade.

    VER O DETALLE DO TERMO