hausa
-
adx
Relativo ou pertencente aos hausas ou á súa lingua.
-
s
[ETN]
Individuo do pobo hausa.
-
s
m pl
[ETN]
Pobo africano que habita nas repúblicas de Nixeria e Níxer. A súa islamización iniciouse no s XI, pero conservaron as súas antigas crenzas ata o s XIX. Dedicáronse á explotación agrícola da rexión e desenvolveron un importante comercio coas caravanas que atravesaban o Sahara e cos pobos do S de Nixeria.
-
s
m
[LING]
Lingua do grupo chadiano do phylum afroasiático que se fala en Nixeria, Benin, Burkina Faso, Camerún, Ghana, Níxer, Sudán e Togo. É a lingua materna duns 15 millóns de individuos e emprégana como segunda lingua uns 25 millóns máis. Escríbese con caracteres latinos (boko), aínda que a antiga escritura árabe (ajami) é utilizada en obras relixiosas e no uso privado. As manifestacións literarias, de clara influencia musulmá e iniciadas no s XVIII, son, polo xeral, cantos relixiosos, tratados de teoloxía e de dereito islámico. Das literaturas actuais cómpre destacar sobre todo a Alhaji Abubakar, autor da colección de contos Magana jarice.