"aris" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 297.

      1. Cada un dos signos usados para a representación sistemática de cantidades.

      2. algarismo árabe Signo de orixe árabe que representa os números no sistema decimal (0, 1, 2, 3 [...], 8, 9) introducida polo emperador Carlomagno en Occidente. É a representación numérica máis espallada no mundo, mesmo en países cun sistema numérico tradicional propio.

      3. algarismo romano Signo que representa os números no sistema de numeración romana (I=1, V=5, X=10, L=50, C=100, D=500, M=1.000).

    1. Procedemento de cálculo que consiste en cumprir unha serie de instrucións ordenadas e finitas que conducen, unha vez especificados os datos, á solución que o problema xenérico en cuestión ten para os datos considerados. Así, o algarismo da raíz cadrada permite, despois dunha sistemática operativa, calcular a raíz cadrada de calquera número. Defínense algarismos naquelas situacións, matemáticas ou non, nas que establecer unha estratexia ordenada facilite a obtención de solucións (teoría dos xogos, organización do traballo). Os programas informáticos son basicamente algarismos escritos en linguaxe de programación nos cales o ordenador efectúa repetidamente as operacións que se lle indicaron.

      1. Sistema de regras e procedementos de cálculo ben definidos, baseado en fórmulas matemáticas, que permite resolver un problema nun número finito de operacións.

      2. Lóxica incorporada nun programa informático.

    2. algarismo de compresión

    3. algarismo de Euclides

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hiperhipofisismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado consecutivo a un déficit hormonal da hipófise anterior ou adenohipófise. No neno, o hipopituitarismo determina o denominado ananismo hipofisario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude humanitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen avoga polo humanitarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina política que defende unha sociedade caracterizada polo reparto igualitario da riqueza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao igualitarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non ten o mesmo número de sílabas no nominativo que no resto dos casos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustradora. Estudiou Belas Artes en Madrid. Realizou, entre outras, as ilustracións de Quérote (1994), de Úrsula Heinze, Como unha pluma liviá (1995), de Xavier López Rodríguez e Quero que veñan meus pais (2000), de Concha Blanco; ademais de libros sen texto, dos que destacan, Perro (1995) e 4 libros de imágenes para bebés sin texto (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de París (511-558), terceiro fillo de Clodoveo I e Clotilde. Trala morte do seu pai recibiu o territorio entre o Sena e o Loire, con París como capital. Xunto co seu irmán Clotario I, asasinou (530) os fillos do seu irmán Clodomiro I de Orléans (?-524), para apoderarse do seu reino. Posteriormente loitaron contra o rei visigodo Amalarico e conquistaron o reino dos burgundios. Ao morrer sen descendencia masculina, Clotario I apoderouse do seu reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guillaume Apollinaire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘verdura’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Tessalia, Grecia, capital do nomós homónimo (113.426 h [1991]). É un importante nó de comunicación entre Atenas e Salónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós de Tessalia, Grecia (5.381 km2; 270.612 h [1991]). A capital é Larissa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia bizantina que, despois do saqueo latino de Constantinopla, acadou un relevo importante con Teodoro I, fundador do Imperio Bizantino de Nicea en 1204. Sucedeuno Xoán III Ducas Vatatzes (1222-1254), que pasou o trono ao seu fillo Teodoro II (1254-1258). Protectora das letras e das artes, a dinastía desapareceu tralo asasinato do Emperador Xoán IV (1258-1261) por Miguel VIII Paleólogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Foi protexido dos Medici en Italia e estivo ao servizo de Luís XII de Francia. Asistiu á fundación do Colexio Grego de Roma, editou a numerosos autores e publicou diversos comentarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento doutrinal anglicano estendido en Inglaterra entre os ss XVIII e XIX, que admitía a salvación para todo aquel que gardase a fe de Cristo e buscase a verdade na Biblia. Opoñíanse sobre todo aos puritanos e aos episcopalianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro da Congregación da Misión ou Paúl.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arabista alxeriano. Catedrático das universidades de Alxer (1927) e da Sorbonne (1945), especializouse na historia andalusí e revisou o catálogo de manuscritos de El Escorial. Escribiu Histoire de l’Espagne musulmane (1944) e numerosos artigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos liparídidos, ao que pertence a especie L. montagui, peixe con forma de cágado, comprimido lateralmente, duns 10 cm de lonxitude, que presenta unha soa aleta dorsal e pel lisa sen escamas. É de cor parda en ocasións con algunhas manchas mouras. Aliméntase principalmente de crustáceos. En Galicia atópase nos fondos litorais de algas e rochas.

    VER O DETALLE DO TERMO