Liparis
Liparis
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes, da familia dos liparídidos, ao que pertence a especie L. montagui, peixe con forma de cágado, comprimido lateralmente, duns 10 cm de lonxitude, que presenta unha soa aleta dorsal e pel lisa sen escamas. É de cor parda en ocasións con algunhas manchas mouras. Aliméntase principalmente de crustáceos. En Galicia atópase nos fondos litorais de algas e rochas.