"bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • Pequena composición vogal de inspiración báquica que pode tomar todas as formas da canción estrófica. Este xénero tivo o seu máximo esplendor no s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de aminoalcohois quentando mesturas dun aldehido aromático e dun aminoácido que conteña un grupo amina primario ou secundario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENCORO

    Encoro construído en 1966 no curso baixo do río Volta, Gana, cun dique de 130 m de altura e 650 m de longo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensadora rusa. Estudiou filosofía en Suíza e participou na actividade revolucionaria en Rusia como menchevique. Profesora na Universidade Tambov (1917-1920) e na da Moscova (desde 1920). Na interpretación do materialismo dialéctico, propugnou a dirección mecanicista que máis tarde rectificou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso de familia hebrea. Partidario nun primeiro momento do anarquismo de Bakunin, en 1872 uniuse ao movemento populista, e posteriormente, influenciado polas ideas de Ferdinand Lasalle, evolucionou cara ao marxismo. Xuntamente con G. Plekhanov, fundou o grupo marxista Liberación do Traballo (1883) e interveu no xornal Iskra (A chispa) de onde Lenin o conseguiu expulsar. Despois do II congreso do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (1903), volveuse menchevique, polo que tralo triunfo bolchevique do 1917 tivo que exiliarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inclinación dun terreo ou dun muro.

    2. Aumento de grosor que se lle dá a calquera construción, a unha fiestra, ás portas e a outros elementos na parte inferior da base, ofrecendo maior solidez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político castelán. Foi secretario xeral da Unión Nacional, posteriormente ingresou no Partido Liberal de Moret. Ministro de Finanzas do goberno de Romanones (1916). No 1918 fundou Izquierda Liberal, de tendencia monárquica. Exiliouse en París durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930). Proclamada a Segunda República (14 abril 1931), afíliase ao Partido Republicano Radical e preside as Cortes durante o bienio 1933-1934. Emigrou ao estranxeiro antes de 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Santiago de Compostela. As súas armas levan sobre campo de azur unha balsa ou estanque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

      Liñaxe orixinaria do concello do Carballiño. Outros apelidos relacionados con esta caste son Alboio, Alboiado, Alboiada e Alboios. As súas armas levan, sobre campo de azur, un alboio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta a cor branca.

    2. Punto ao cal vai dirixido un proxectil.

    3. Obxectivo ao cal se dirixe unha acción ou interese.

    4. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde a voz ‘gato’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa conserveira fundada en Santoña (Cantabria) no 1867 por Arredondo e Carlos Albo Kay, co nome de Albo, Arredondo e Cía. Comezou como negocio familiar e posteriormente, no 1931, converteuse en sociedade anónima. No 1939, trasladou a súa sede central a Vigo, cambiando o seu nome por Hijos de Carlos Albo; sen embargo, seguiu a manter unha factoría no porto cantábrico. Ademais de Vigo e Santoña, Albo ten fábricas en Celeiro (Viveiro), Candás e Tapia de Casariego (Asturias). Iniciou as súas actividades coa salgadura de anchoas. Xa na década de 1970 comezou a producir pratos precociñados, como callos con garavanzos ou á madrileña, fabada asturiana e mesmo caldo galego. Posteriormente esta oferta ampliouse a paellas, lentellas e outros pratos. Ademais tamén comercializa patés, como o de fígado de porco e o de atún. A planta de Vigo produce fundamentalmente conservas de sardiñas, cefalópodos, mariscos e atún claro; a de Celeiro e Candás enlatan atún branco e atún claro; mentres a fábrica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria de Mondoñedo. Da mesma familia é Alborio. As súas armas levan sobre campo de azur un monte espeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Antigo instrumento pastoril de vento. É un clarinete simple de boca cilíndrica formado por catro pezas: un tubo cadrado con buratos destinados a producir a melodía; unha cana simple, denominada pipa, de lingüeta batente inserida nun dos extremos do tubo; dous anacos de cornos de vaca, denominados cornatos, destinados o maior a pavillón de resonancia e o menor a boca do instrumento. A súa orixe é primitiva e escura; parece que foi introducido na Península Ibérica polos árabes. Irmán da alboka vasca, da gaita gastoreña en Cádiz e da gaita de pastor na serranía de Madrid, está emparentado con clarinetes repartidos por Europa, Asia e África. O albogue e a gaita de pastor están en decadencia; a alboka vasca, sen embargo, ultimamente, rexurdiu con gravacións de importantes albokaris. Esta última diferénciase do albogue por ser un clarinete dobre con reserva de aire. Na literatura e na iconografía hai exemplos da súa existencia...

    2. Instrumento de percusión que marca o ritmo nas cancións e bailes populares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei longobardo (561-572), fillo de Andoino. Reinou na Nórica e na Panonia. Casou con Clotsinda, filla de Clodoveo, e despois con Rosamunda, filla de Cunimundo. No 568 tomou Venecia, Milán e, no 572, Pavía, que converteu en capital do seu Reino.

    VER O DETALLE DO TERMO