"sec" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 230.

  • Institución fundada en 1934 impulsada pola Falange Española, baixo a presidencia de   Pilar Primo de Rivera. Creada dentro do Sindicato Español Universitario (SEU), estaba composta por mulleres e tiña, entre outros fins, promover a educación social, política e doméstica das mulleres. Tras o Decreto de Unificación (1937) adecuou os seus estatutos aos da FET y de las JONS, limitando a súa función á de formar a muller no novo estilo, como portadora de valores específicamente femininos na vida moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que secciona.

    2. Interruptor destinado a interromper a continuidade dun circuíto, dun condutor, ou a illar outros condutores nada máis que cando a corrente que o atravesa é nula ou moi feble. Son empregados para cortar a corrente dunha instalación ou unha máquina sen carga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cortar ou dividir en seccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Folgoso do Courel baixo a advocación de san Silvestre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo ruso. Foi o primeiro en facer experimentos fisiolóxicos co cerebro e afirmou que os reflexos poden ser innatos ou adquiridos e que a aprendizaxe é de natureza asociativa; o pensamento, por outra banda, é para el un reflexo inhibido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Separación dun grupo de persoas, dun pobo ou dun territorio do estado ou nación ao que pertencían, para constituírse en estado independente ou unirse a outro.

    2. Separación dalgún elemento dunha corrente política, literaria ou artística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conflito civil que tivo lugar en EE UU entre 1861 e 1865, entre os estados do N, industriais e proteccionistas, e os do S, agrarios e librecambistas. O punto fundamental de discordia foi a escravitude xa que o N quería abolila, mentres que o S quería mantela e estendela. A elección de A. Lincoln -decidido abolicionista- como presidente da Unión (1859) provocou a separación de once estados do S, que constituíron a Confederación Sudista, e o desencadeamento da guerra, que tivo tres frontes: a fronte do L, entre Washington e a capital confederada (Richmond); a fronte do mar, onde o N tiña unha clara superioridade; e a do O. Unha incursión do N chegou a Savannah, no Atlántico (1864), e dividiu en dúas metades o territorio que lle quedaba á Confederación. Os exércitos sudistas non puideron impedir o dominio do N e o 9 de abril de 1865 o xeneral Robert Edward Lee capitulou a Appomattox.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento que propugna a secesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á secesión.

    2. Partidario da secesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de lianas da familia das cucurbitáceas, monoicas, híspidas e de follas cordiformes lobadas, de flores pentámeras, pequenas e abrancazadas, e de froitos en pepónide, grosos e comestibles. É un xénero propio de América tropical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Ulla, que nace no O da serra do Careón, na parroquia do Meire (Melide), fai de límite entre os concellos de Santiso (A Coruña) e Palas de Rei (Lugo) e desemboca no límite destes dous co de Agolada (Pontevedra).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de secar.

    2. Que secou ou non ten humidade.

    3. Que se caracteriza pola escaseza de humidade atmosférica.

    4. Aplícase á pel ou ao pelo que produce poucas secrecións.

    5. Que ten un sabor pouco doce producido pola transformación do azucre en alcohol durante a fermentación.

    6. Que é fraco ou que ten pouca graxa.

    7. Que non produce resonancia.

    8. Que non ten engadidos, accesorios ou acompañamentos.

    9. Que non deixa opción a réplica.

    10. Que presenta un carácter brusco, inexpresivo ou pouco amable.

    11. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e lexicógrafo. Doutor en Filoloxía Románica e catedrático de instituto, ingresou como académico numerario da Real Academia Española en 1980. Director (1981-1993) do Seminario de Lexicografía asumiu a dirección do Dicionario histórico de la lengua española en substitución de R. Lapesa. Das súas obras destacan Metodología de lengua y literatura españolas en el bachillerato (1961), Dicionario de dudas y dificultades de la lengua española (1961), Arniches y el habla de Madrid (1970, Premio Rivadeneira da Real Academia Española), Gramática esencial del español (1972), Dicionario breve de dudas de la lengua española (1979), Las palabras en el tiempo: los dicionarios históricos (1980), Estudios de lexicografía española (1987) e Dicionario del español actual (1999). Recibiu o Premio de Cultura de la Comunidad de Madrid (1999) e a Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Catedrático de Historia Xeral de España na Universitat de Barcelona e de Historia Contemporánea de España na Universidad Complutense de Madrid, investigou temas de historia de España dos ss XVII e XIX. Publicou Alfonso XIII y la crisis de la Restauración, La España de Alfonso XIII: el estado y la política, 1902-1931 (1995), en colaboración con J. Tusell. Foi membro numerario da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada empregada na nomenclatura de sistemas policíclicos, especialmente no campo dos esteroides para indicar que un dos enlaces -os fitos que se deben especificar- da estrutura designada polo nome trivial que precede estivo roto, e que as posicións terminais así orixinadas engadiron cada unha un átomo de hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos molares ou premolares presentes nos carnívoros caracterizados polo feito de que as súas coroas son afiadas e cortantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Andrómenas ou afagos.

    2. Escusas para xustificar unha falta que non se ten intención de emendar ou palabras que levan a engano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e xurista francés, barón de La Brède e de Montesquieu. Coñecido como Montesquieu. Estudou dereito en Bordeos e foi conselleiro no parlamento en 1714, entidade que presidiu en 1716. En 1721 publicou Lettres Persanes e en 1734 realizou o seu tratado fundamental, L’esprit des Lois, onde recolleu documentos e procesos xudiciais sobre os fundamentos da monarquía francesa, estudos xurídicos e históricos, exemplificados cunha crítica penetrante. A súa síntese sociolóxica esténdese aos países de Oriente, e soamente se viu limitada polos coñecementos da súa época. Fixo distinción entre tres formas de goberno: monárquica, republicana e despótica. Desta tríade, tentou a elaboración da noción de virtude política e afondou no estudo dos problemas da liberdade política. A partir de aquí elaborou a doutrina de separación de poderes fundamentais do Estado (lexislativo, executivo e xudicial), doutrina que se introduciu na praxe institucional de todas as nacións civilizadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Función ou proceso fisiolóxico en virtude do que algúns tecidos ou órganos producen substancias cuns elementos que son tomados do sangue mediante unha selección química; o novo produto é segregado ao sangue ou á linfa (secreción interna) ou ben ao exterior ou a un órgano oco do corpo (secreción externa).

      2. Produto segregado.

      1. Elaboración dun produto específico pola actividade dunha glándula.

      2. Produto do metabolismo dos vexetais, producido espontaneamente ou como consecuencia de determinados estímulos, que posteriormente é utilizado en procesos vitais e que pode quedar dentro da célula que o produciu ou fóra dela e ata fóra do vexetal.

    1. Material procedente de disolucións que se depositaron por infiltración nas cavidades das rochas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oración que se di entre o ofertorio e o prefacio nalgunhas misas.

    VER O DETALLE DO TERMO