Secesión, Guerra de

Secesión, Guerra de

Conflito civil que tivo lugar en EE UU entre 1861 e 1865, entre os estados do N, industriais e proteccionistas, e os do S, agrarios e librecambistas. O punto fundamental de discordia foi a escravitude xa que o N quería abolila, mentres que o S quería mantela e estendela. A elección de A. Lincoln -decidido abolicionista- como presidente da Unión (1859) provocou a separación de once estados do S, que constituíron a Confederación Sudista, e o desencadeamento da guerra, que tivo tres frontes: a fronte do L, entre Washington e a capital confederada (Richmond); a fronte do mar, onde o N tiña unha clara superioridade; e a do O. Unha incursión do N chegou a Savannah, no Atlántico (1864), e dividiu en dúas metades o territorio que lle quedaba á Confederación. Os exércitos sudistas non puideron impedir o dominio do N e o 9 de abril de 1865 o xeneral Robert Edward Lee capitulou a Appomattox.

Palabras veciñas

Seceda | Sečenov, Ivan Mikhajlovič | secesión | Secesión, Guerra de | secesionismo | secesionista | Sechium