"toi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 199.
-
PERSOEIRO
Pintor. Foi pintor oficial de Federico I de Prusia e do seu fillo Federico II de Prusia o Grande. Decorou as residencias reais de Charlottenburg, Postdam e Sans-Souci, e cultivou o retrato (Federico II e o seu irmán Guillerme, 1714).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Toscana, Italia, situada ao NO do val de Florencia (83.936 h [2001]). Tradicionalmente dedícase á metalurxia e á manufactura de zapatos e tecidos. A Pistoia romana permaneceu unida á morte de Catilina (62 a C). Cara ao 1300 era un municipio importante, sobre todo no campo das finanzas, pero comezou a decaer cando se viu obrigada a aceptar a soberanía de Florencia, en 1401. Conserva as igrexas de San Bartolomeo en Pantano, San Giovanni Fuorcivitas, Sant’Andrea e a catedral (s XII).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Toscana, Italia (965 km2; 268.180 h [2001]). A súa capital é Pistoia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sínodo convocado na cidade de Pistoia por Scipione de’ Rici do 18 ao 21 de setembro de 1786, por consello do gran duque Leopoldo I de Toscana. Os seus decretos foron a converxencia do galicanismo, do derradeiro xansenismo e do reformismo ilustrado e pretendían ser a formulación dun estatuto dunha Igrexa nacional. Vinte e cinco das súas proposicións foron condenadas pola bula Autorem Fidei, de Pío VI (1749).
-
VER O DETALLE DO TERMO
asteroide.
-
PERSOEIRO
Físico belga. Ideou un método estroboscópico para o estudo dos movementos vibratorios e inventou o fenaquistoscopio (1832). Estudou os fenómenos capilares das láminas delgadas e diversos fenómenos ópticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de linguas do phylum níxer-congo.
-
PERSOEIRO
Marquesa de Pompadour. Coñecida como madame Pompadour, era filla dun rico financeiro e casou moi nova cun arrendatario de impostos. Foi amante de Luís XV de Francia e anfitrioa do círculo íntimo do rei en Versailles. Interveu en política e protexeu as letras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Morea de toxo cortado e agrupado, listo para ser transportado.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Furco (Carballedo). O seu cumio acada os 1.063 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.395 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da ribeira esquerda da ría de Muros e Noia, situada na parroquia de Baroña (Porto do Son).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Coñecido como Prévost d’Exiles, foi novizo dos xesuítas e monxe beneditino, ata que abandonou o mosteiro. Coñécese, sobre todo, pola Histoire du chevalier Desgrieux et de Manon Lescaut, incluída dentro das Mémoires et aventures d’un homme de qualité (1728-1731), e tamén escribiu Histoire d’une grecque moderne (1741) e Mémoires d’un honnête homme (1745).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Poliedro formado por dous polígonos paralelos (bases), non necesariamente iguais nin co mesmo número de lados, e no que as caras laterais son trapecios ou triángulos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua non testemuñada que se postula como precursora das linguas indoeuropeas, que se cre foi falada nalgún lugar da península de Anatolia ou no Cáucaso hai uns 7.000 anos.
-
PERSOEIRO
Político, arqueólogo e crítico da arte. Encargouse da renovación iconográfica da igrexa de Sainte-Geneviève que a transformou no Panthéon. Escribiu Ditionnaire de l’architecture (1792-1825) e Essai sur l’idéal (1805).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador. Discípulo de J. A. Watteau, foi a Lisboa (1729) e nomeárono pintor da corte e membro da Academia de Pintura. Pintou numerosos cadros para o palacio do Duque de Cadaval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e naturalista francés. Iniciador da metalografía, estudou os metais e as aliaxes de ferro e ideou a escala de temperatura que leva o seu nome. Tamén estudou os insectos, os crustáceos e os peixes. Amosouse contrario á teoría da xeración espontánea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘peido’.
-
-
Dispositivo que permite dar corda aos reloxos, sen uso de chave auxiliar e sen abrilos, mediante o movemento de rotación dunha rodiña ou coroa, soldada cun eixe que substitúe a chave, efectuado cos dedos. Ideado por Abraham-Louis Breguet a comezos do s XIX, permite tamén facer xirar as agullas para cambiar a hora.
-
Reloxo de peto que está provisto deste dispositivo.
-