Pistoia, Sínodo de
Pistoia, Sínodo de
Sínodo convocado na cidade de Pistoia por Scipione de’ Rici do 18 ao 21 de setembro de 1786, por consello do gran duque Leopoldo I de Toscana. Os seus decretos foron a converxencia do galicanismo, do derradeiro xansenismo e do reformismo ilustrado e pretendían ser a formulación dun estatuto dunha Igrexa nacional. Vinte e cinco das súas proposicións foron condenadas pola bula Autorem Fidei, de Pío VI (1749).