pistola

pistola

(

    1. s f [BÉL]

      Arma de fogo curta, portátil e lixeira, semiautomática ou automática, xeralmente de pequenas dimensións, que permite apuntar e disparar cunha soa man e que vai provista dun cargador de petaca, aloxado na culata, que contén un número variable de cartuchos. A pistola semiautomática cárgase ao accionar contra atrás a parte superior do canón, que é corrediza. Na automática, a forza expansiva dos gases producidos ao disparar, aprovéitase para expulsar o cartucho do proxectil disparado, retornar o percusor á posición orixinaria para permitir un novo tiro, e introducir unha nova bala na recámara. As pistolas poden ser de diversos calibres, xeralmente de 6,35, de 7,65 ou de 9 mm, e o seu alcance adoita estar comprendido entre 40 e 50 m. Os antecedentes históricos das pistolas son os arcabuces de canón curto, que apareceron a mediados do s XVI. No s XVII case todos os soldados de cabalaría dos exércitos europeos dispoñían dunha pistola de roda. A comezos do s XVIII, comezou o uso de pistolas de percusión, que levaban os soldados de cabalaría no arzón da sela (pistola de arzón) e os de infantaría na cintura (pistola de cinto). As automáticas apareceron a finais do s XIX. As pistolas tamén poden ser empregadas para lanzar ao aire foguetes artificiais de iluminación (pistola de iluminación) ou de sinais (pistola de sinais).

    2. pistola metralladora

      Pistola automática de dimensións superiores ás normais, susceptible de ser alongada cunha culata superposta, capaz de disparar tiros individualmente ou de xeito continuo, a causa do seu mecanismo, moi semellante ao das metralladoras. Está provista dun cargador de petaca con máis capacidade de proxectís ca o das pistolas, ten un alcance eficaz entre 50 e 150 m e adoita empregar munición de calibre 9 mm parabéllum. Foi empregada na Guerra dos Bóers, pero o seu papel viuse reducido polo moderno desenvolvemento dos fusís automáticos.

  1. s f [TECNOL]
    1. Martelo pneumático de pequenas dimensións e xeralmente de pouca potencia, manexable cunha soa man, que se emprega para esculpir e picar pedra.

    2. Aparato pneumático manexable cunha soa man, provisto dunha chave de tubo ou dunha ferramenta semellante a un desaparafusador, que se emprega para enroscar ou desenroscar parafusos ou porcas.

  2. pistola de pintar [TECNOL]

    Aerógrafo provisto dun dispositivo para a pintura ou verniz e dun cilindro de aire comprimido, ou ben conectado a un compresor, que se emprega para pintar ou vernizar.

Palabras veciñas

Pistoia | Pistoia | Pistoia, Sínodo de | pistola | pistoleira | pistoleiro -ra | pistolete