"INE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1570.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (4.530 h [2001]). Ten cultivos de secaño e industria téxtil. É un centro de veraneo e segunda residencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, (4.310 h [2001]). Ten cultivos de regadío, sobre todo cítricos, e destaca o sector servizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenista. Foi campión de España en diversas ocasións e gañou os torneos Conde de Godó (1962 e 1970), Roland Garros (1961 e 1964), Forrest Hills (1965) e Wimbledon (1966). Durante 14 anos formou parte do equipo español da Copa Davis, co que chegou á final en dúas ocasións (1965 e 1967), e que capitaneou entre 1980 e 1985 e en 1995. En 1965 foi proclamado mellor tenista amateur do mundo. Retirouse en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou na toma da Bastilla (1789) e foi o principal dirixente do asalto ás Tulleries (1792). Comandante da garda nacional de París e, máis tarde, xeneral, foi o encargado da protección da familia real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de deriva formada por redes rectangulares de mallas da medida axeitada para a captura das sardiñas e outros peixes de medida semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Miño que nace na parroquia de Castro de Rei de Lemos (Paradela) e desemboca na parroquia de San Vitoiro de Ribas de Miño (O Saviñao).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Zaparín e Refoxos (Cortegada). O seu cumio acada os 522 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada do litoral atlántico, situada entre o cabo da Nasa e a praia de Langosteira, nos concellos de Corcubión e Fisterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Fisterra baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á sardiña ou á pesca da sardiña.

    2. Persoa que pesca ou vende sardiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre a praia homónima e a punta Alba, na parroquia de Sardiñeiro (Fisterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico, situada entre as puntas Arnela e O Sardiñeiro, na parroquia de Sardiñeiro (Fisterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sardiñeiro (Fisterra). Ten planta en forma de L e conserva un patín cuberto cara ao interior do ángulo realizado en cantaría. Conserva un hórreo de pedra labrada e os restos dun pombal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes óseos, da familia dos clupeidos, ao que pertence a alacha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huesca, Aragón, situado en Los Monegros e drenado polo río Alcanadre (3.950 h [2001]). Destaca a industria fariñeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. De nome Albertine Damien, da súa obra destacan as tres novelas autobiográficas La cavale (1965), L’astragale (1966) e La traversière (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De carácter pacifista, é autor de obras onde reflicte a súa experiencia na Primeira Guerra Mundial. Tamén publicou Siegfried’s Journey (1916-1920) e o poemario The Path to Peace (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Construtor de instrumentos belga. Coñecido como Adolphe Sax, perfeccionou co seu pai, Charles-Joseph Sax (1791-1865), diversos instrumentos de vento. Inventou o saxofón (1840) e os diversos instrumentos da familia dos saxhorns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo alemán. Xesuíta, estudou matemáticas en Ingolstadt e despois iniciouse en astronomía. En 1616 trasladouse a Innsbruck e en 1626 a Neisse. Observou as manchas solares e inventou o telescopio de refracción. Estudou a fisioloxía da visión e o papel da retina e do cristalino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político israelí. Coñecido como Ariel Sharon. Alistouse no Haganah e participou nas Guerras Árabe-israelís ao mando de diferentes brigadas militares, -especialmente durante a Guerra dos Seis Días- ata acadar o grao de Xeneral Maior. En 1973 cofundou o Likud e resultou elixido deputado do Knesset ou Asemblea Nacional (1973-1974 e 1977). Tras participar na Guerra do Yom Kippūr (1973) foi relevado do mando pola súa constante insubordinación e as súas posturas políticas extremas. En 1974 fundou o Shlomtzion que, en coalición co Likud, formou o primeiro goberno conservador da historia de Israel, durante o que foi presidente da Comisión Ministerial sobre os Asentamentos, ministro de Agricultura (1977-1981) e de Defensa (1981-1983). Deposto deste cargo e acusado de crimes de guerra, ocupou posteriormente, baixo a presidencia de I. Shamir, o posto de ministro sen carteira (1983-1984), o de Comercio e Industria (1984-1990) e o de Construción e Vivenda (1990-1992). Con B....

    VER O DETALLE DO TERMO