"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado ao L da capital (9.219 h [2001]). É un centro agrícola, gandeiro e comercial. Corresponde á antiga Tragillium da Lusitania e o seu centro urbano foi declarado BIC en 1962. Destacan, entre outros monumentos, o castelo (BIC, 1925), a igrexa de Santa María la Mayor (BIC, 1943), o palacio de San Carlos (BIC, 1979) e a casa-palacio do Marqués de la Conquista (BIC, 1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de La Libertad, Perú, preto da desembocadura do Moche no Océano Pacífico (603.657 h [estim 1998]). A causa das dificultades para construír un porto, utilízase o de Salaverry para dar saída aos produtos procedentes do val de Santa Catalina. Fundada por Diego de Almagro (1534), desenvolveu unha grande actividade durante a época colonial. En 1820 foi sede da proclamación de independencia de Perú e alí residiu o goberno oposto a S. Bolívar (1823). Do seu patrimonio cultural destacan a catedral e a igrexa do antigo Hospital de Belén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Venezuela (7.400 km2; 992.669 h [2001]). A súa capital é Trujillo (50.399 h [2001]). A cordilleira de Mérida atravesa o estado de N a S e forma a divisoria de augas das concas do Orinoco e do lago Maracaibo. Destaca pola altenancia de vales moi ricos e montañas menos fértiles, chamadas páramos. O río máis importante é o Motatán, que desemboca no lago Maracaibo. O clima é tropical e o centro económico do estado é o val de Motatán. A súa riqueza baséase na agricultura e na gandaría e destaca a recolección de café, plátanos, cana de azucre e ananás. A capital, fundada por Diego García de Paredes (1557), deu nome ao estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ditador dominicano. Militar, entre 1919 e 1925 ascendeu de tenente a coronel dentro da Guardia Nacional, corpo que chegou a comandar como xeneral. Colaborou na revolta contra o presidente Horacio Vázquez (1930). Presidente da república (1930-1938 e 1948-1952), coa axuda do exército instaurou unha ditadura e perseguiu á oposición democrática ou liberal. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Doutora en Dereito (1991), desde 1993 é profesora na Universidad de Extremadura. Foi conselleira do Consejo Económico y Social de Extremadura e conselleira da Presidencia (2000) e de Fomento (2003-2004) da Junta de Extremadura. En 2004 converteuse en ministra de Vivenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción rústica, propia dalgunhas localidades de Puglia (Italia), de planta xeralmente circular e con cuberta feita de lousas horizontais, dispostas en chanzos, de maneira que colle a forma dunha cúspide cónica. Normalmente engádense ao habitáculo central outros trulli. Derivan dalgunhas construcións megalíticas típicas do Mediterráneo. Destacan os de Alberobello, Putignano e Martina Franca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Cultivou a paisaxe e a mariña e recibiu a influencia de C. Lorrain, entre outras obras, en Dido building Carthage (1815). Despois dunha viaxe a Italia (1817) investigou as luminosidades intensas e as cores, como en The Grand Canal, Venice (1835) ou The fighting Temeraire tugged to her last berth to be broken up (1838). Desde 1840 tratou temas onde os elementos desencadeados permiten expresar as vibracións da luz e o movemento, como en Rain, Steam and Speed (1844). A súa obra, expresión dun forte romanticismo, anunciou o impresionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que tivo a súa orixe en Vilamaior de Ulloa, lugar do que aínda non se concretou a zona exacta de localización, pero que puido estar preto de Melide. Lope Ruiz de Ulloa , neto de Fernando Pérez, conde de Traba, encabezou a liñaxe. Casou con Tareixa Fernández de Trava e deles proceden os sucesores desta liñaxe. De Diego García de Ulloa , comendador da orde de Santiago, proceden todas as ilustres casas de Extremadura. Os deste apelido foron señores de Ulloa, Monterroso e Deza e condes de Monterrei, ademais de señores de Coca e Alaejos, condes de Ayala e señores e marqueses da Mota, entre outros. Trae por armas, escudo axadrezado de ouro e goles, cargado de dúas faixas de ouro, de quince pezas (3 × 5). Outro trae, escudo axadrezado de ouro e goles, cargado de tres faixas de ouro, de quince pezas (3 × 5).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado, xornalista e político. Afiliouse á Unión Liberal e, tras o triunfo da Revolución de 1854, foi elixido deputado en varias ocasións, pola Coruña, Mondoñedo, e A Fonsagrada. Foi director xeral de Ultramar (1858-1863), subsecretario de Estado (1856) e ministro de Mariña (1863), de Fomento (1864) e de Estado (1874) ata a Restauración. Colaborou con distintos xornais como El Tribuno, El Clamor Público e El Voto Nacional (que tamén dirixiu) e publicou Revista de Indias (1868). Foi membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante lírico. En 1866 conseguiu a praza de baixo na catedral de Santiago. Debutou en Florencia coa ópera La Africana. Destacou a súa interpretación nas óperas Norma, Hernani, Moisés ou Fausto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e poeta. Publicou os poemarios Pluma y alma (1913), Ecos de la tragedia (1914) e De la vida (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Fundou o xornal Noticiero Gallego e a revista ilustrada Galicia cómica e publicou Arlequinada (1894).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro agrónomo e político. Presidiu a Deputación Provincial de Lugo (1963-1965) e foi procurador en Cortes (1963-1965), senador electo por Lugo (1977-1979 e 1982-1989) e deputado por UCD (1979-1982) e por Alianza Popular (1982-1986). Dirixiu a Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Agrícola de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue parte dos concellos de Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e científico. Participou na expedición que, promovida pola Académie des Sciencies de París, se encargou de medir o arco de meridiano terrestre en Perú. Ocupou cargos importantes na armada. Escribiu Noticias americanas (1772).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político. Apoiou a Filipe V durante a Guerra de Sucesión e foi procurador de Cortes. Discípulo de Jerónimo de Uztáriz, foi un dos expoñentes do colbertismo na Península Ibérica. Publicou Restablecimiento de las fábricas y comercio español, errores sobre las causas de su decadencia y los medios de que florezca (1740) e Del comercio y tráfico marítimo que tiene España en las naciones y en la América (1741).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Orazo (A Estrada). De planta rectangular, realizouse en cachotaría. Na fachada principal destaca a solaina, cun soportal sostido por dúas columnas e a escaleira de acceso, no centro. No interior da casa conserva un oratorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no Corgo. De planta rectangular, realizouse con cantaría de granito e presenta cuberta a catro augas. Destaca o escudo de armas da familia Ulloa na fachada principal e a solaina da fachada posterior. O recinto rodeouse cunha cancela de forxa.

    VER O DETALLE DO TERMO