"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Empresa estatal francesa creada no 1976 como sucesora da Société Nationale des Pétroles d’Aquitaine (SNPA), constituída en 1941 tralo descubrimento de depósitos de gas na rexión desde 1939. Está presente en todo o ciclo do petróleo e comercializa os seus produtos baixo as marcas Elf e Antar. Converteuse no primeiro grupo refinador de Francia, así como no primeiro produtor francés de gas natural. Participou tamén nas industrias química e farmacéutica. Privatizouse en 1994 e fusionouse con Total-Fina en 1999, co que se conformou un dos primeiros grupos petrolíferos mundiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director e produtor de cine. Realizou a súa formación nos estudios Gaumont, en París. Traballou nos EE UU, onde foi axudante de D. W. Griffith, e en México, onde realizou Epopeya, película que protagonizou Pancho Villa. En Catalunya realizou Fabricante de suicidios (1928) e en Madrid El misterio de la Puerta del Sol (1928), que foi a primeira película sonora española. Pouco antes da Guerra Civil española (1936-1939) rodou María de la O. Durante a guerra, a Generalitat encargoulle Bohemios, que trataba sobre a zarzuela de Vives. A finais de 1937, convertido en falanxista, o Sindicat Únic de l´Espectacle encargoulle a reorganización da actividade cinematográfica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de embarcar ou embarcarse nunha nave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao cigarro provisto de boquilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de empaquetar.

    2. Operación de empaquetar.

    3. Estrutura cristalina simple na que todas as partículas son iguais e se unen entre elas sen enlaces dirixidos. Presentan esta estrutura moitos elementos, principalmente metais e certos compostos intermetálicos. Cando todos os átomos son de igual dimensión, de acordo co principio espacial, tenden a ocupar o mínimo espazo e forman o empaquetado denso. Considerando un único plano, os átomos dispóñense tanxencialmente uns con outros e, para que ocupen o espazo mínimo, cada átomo rodéase doutros seis. Se se forma un segundo piso, os átomos colócanse de maneira que, mentres conservan no seu nivel a disposición anterior, sexan tanxentes a tres átomos do novo piso. Se se forma un terceiro piso, os átomos pódense colocar sobre os do primeiro piso (empaquetado hexagonal) ou non (empaquetado cúbico).

    4. Técnica artística popularizada dende 1958 por Khristo Javačev que consiste en empaquetar obxectos e, mesmo edificios e paisaxes. A obra resultante é de carácter efémero e dela só quedan imaxes fotográficas e fílmicas.

    5. Técnica de transmisión de datos por redes telemáticas que consiste en dividir unha mensaxe en pequenos segmentos ou paquetes (unidade de datos duns 8.000 bits) antes da transmisión. Inicialmente concibida só para transmitir datos, utilízase tamén para transmitir voces codificadas en forma dixital. A estrutura lóxica dos paquetes non lle afecta á estrutura da mensaxe transmitida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen empaqueta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina automática que envolve un produto con papel, plástico ou outra materia flexible. O produto introdúcese normalmente por unha cinta ou correa sen fin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispoñer unha cousa ou diversas cousas formando un paquete ou paquetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de empequenecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer algo ou a alguén máis pequeno ou que pareza menos importante ou con menos valor do que ten en realidade.

    2. olverse ou parecer máis pequeno algo ou alguén, que pareza menos importante ou con menos valor do que ten en realidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arranxarse alguén con moito esmero e coidado empregando vestimentas e adornos elegantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer na cabeza unha cousa ben axustada.

    2. Meter unha cousa na cabeza a alguén tras moita insistencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dobrarse unha persoa cara a diante por mor da vellez ou unha enfermidade.

    2. Agocharse unha persoa dobrando os xeonllos e sentándose sobre as pernas dobradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrutura interna que presentan numerosos seres vivos que serve, principalmente, de sostén e para conformar a súa estrutura básica. Nos vexetais, constitúeno os tecidos, de células engrosadas e endurecidas, como son o colénquima e o esclerénquima. Nos vertebrados confórmao o conxunto de ósos e cartilaxes, e nos artrópodos son proliferacións internas do exoesqueleto nos que se insiren os músculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos endomíquidos.

    2. Coleóptero da familia dos endomíquidos.

    3. Familia de coleópteros, de escaravellos pequenos -menores de 1 mm e de ata 10 mm nas especies de maior talle-, que se alimentan principalmente de cogomelos ou se desenvolven nos niños de formigas ou térmites. Das máis de 1.300 especies coñecidas só 50 están presentes en Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de enfocar.

    2. Punto de vista dende o que se trata un asunto ou cuestión.

      1. Grao de nitidez e perfección que presentan as imaxes dunha fotografía. O enfoque depende do tipo de obxectivo, do diafragma utilizado e da distancia do obxectivo á placa sensible. Algúns programas informáticos e de edición fotográfica emulan os zoom das cámaras e retocan as imaxes despois de ser captadas. Con intención artística, o enfoque pódese distorsionar por lograr un determinado efecto.

      2. enfoque diferencial

        Emprego da profundidade de campo mínima para enfocar un motivo e separalo dun primeiro plano ou do fondo desenfocado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de enfraquecer.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Perder unha cantidade considerable de peso.

    2. Perder o ánimo, a vontade ou as forzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Feito de enlouquecer.

    VER O DETALLE DO TERMO