endoesqueleto

endoesqueleto

(

s m [ANAT]

Estrutura interna que presentan numerosos seres vivos que serve, principalmente, de sostén e para conformar a súa estrutura básica. Nos vexetais, constitúeno os tecidos, de células engrosadas e endurecidas, como son o colénquima e o esclerénquima. Nos vertebrados confórmao o conxunto de ósos e cartilaxes, e nos artrópodos son proliferacións internas do exoesqueleto nos que se insiren os músculos.