"rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • GALICIA

    Escritor, tradutor e político. Estudou filosofía en Múnic e Dresden, e achegouse aos postulados krausistas. Deputado pola Coruña durante a Segunda República Española, colaborou como crítico literario en La Lectura e El Sol. Traduciu obras da literatura universal e publicou contos e novelas como El loco amor (1921), La esclava del señor (1927) e La ley del pecado (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é de terra.

    2. Piso de terra.

    3. Espazo amplo de terra no centro dalgunhas aldeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Persoa que se encarga de custodiar e distribuír os fondos dunha dependencia, sexa pública ou particular.

      2. Responsable da administración e xestión da liquidez dunha sociedade.

      3. Cóengo ou dignidade que está a cargo da custodia das reliquias dunha catedral ou colexiata.

    1. Funcionario que coidaba da administración financeira do estado. As súas funcións foron delimitadas baixo Pedro IV de Aragón, en 1344. Estaba subordinado ao mestre racional.

      1. Membro do Consello de Aragón que, ademais das funcións inherentes ao seu cargo, presidía as sesións en ausencia do vicechanceler. Non tiña voto nos negocios de xustiza pero si nos de graza. Este cargo foi creado por Filipe II con carácter perpetuo e hereditario a favor de Pedro Fernández de Cabrera-Bobadilla, II conde de Chinchón.

      2. Director xeral do tesouro público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten por oficio tinguir, lavar e pasar o ferro a materias téxtiles. Antigamente eran menestrais que constituían dúas corporacións: os tintureiros de pano ou la e os tintureiros de seda e teas. O tintureiro de panos tinguía os tecidos de la, denominados tradicionalmente panos. O tintureiro de seda daba tintura aos tecidos de seda e tamén aos de teas, fío e algodón. A súa formación gremial foi máis tardía ca dos tintureiros de pano, cara ao primeiro cuarto do s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito do Mar Vermello que comunica co golfo de ‘Aqaba, entre o extremo meridional da península do Sinaí e Arabia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Entidade política fundada como resultado do segundo pacto entre o Rei Valia e o xeneral romano Constancio (despois Emperador Constancio III), en 418. Abranguía desde Tolosa ata o Atlántico e comprendía as cidades de Tolosa e Bordeos, -capitais alternantes-, Agen, Angulema, Santes, Poitiers e Périgueux, e desde 462 as da Narbonesa ou Septimania. No novo reino de Tolosa establecéronse os visigodos retornados de Hispania, cuxa expansión foi rápida e pasou aos Pireneos ata a Batalla de Vouillé (507), que puxo fin ao reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se ocupa do funcionamento e mantemento dun faro marítimo.

    2. Lugar onde se realizan as festas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar situado entre Australia, na península de York, e a illa de Nova Guinea, que comunica o mar do Coral co de Arafura. Leva o nome do seu descubridor, Luís Vaes de Torres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao touro ou ao toureo.

    2. Persoa que tourea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político francés. Como deputado e membro de diferentes organismos directivos, participou no proceso revolucionario francés. Foi un dos redactores da Constitución Civil do Clero (1790) e do Código de Napoleón (1800-1804).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Uruguay (9.529 km2; 49.318 h [2004]). A súa capital é Treinta y Tres (26.390 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte en que se divide un terreo para traballalo.

    2. Carreiro que se fai nun terreo empinado para arrastrar cousas por el.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte dun espazo ou distancia que se percorre.

    2. Parte dunha cousa que se fai ou ocorre progresivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Araño (Rianxo). O seu cumio acada os 624 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe súpeto e intenso de chuvia.

    2. Espazo de tempo con moitas dificultades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariedade de uva branca, con acios grandes e bagos alongados, duros e moi doces.

    2. Viño que se elabora con esta uva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación de gaiteiros xurdida en Redondela en 1990 e composta por Toniño e Xoán López, Xaquín Xesteira, Paulo Nogueira (1995) e César Longa (1998). Tras a súa presentación oficial (1992) publicaron o seu primeiro disco en 1996, Obrigado, ao que seguiron Unha noite no muíño (1999) ou Unha noite non é nada (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO