tesoureiro -ra

tesoureiro -ra

(< lat thesaurarĭu)

  1. s
    1. Persoa que se encarga de custodiar e distribuír os fondos dunha dependencia, sexa pública ou particular.

    2. [ADM/ECON]

      Responsable da administración e xestión da liquidez dunha sociedade.

    3. [RELIX]

      Cóengo ou dignidade que está a cargo da custodia das reliquias dunha catedral ou colexiata.

  2. tesoureiro real [ADM/HIST]

    Funcionario que coidaba da administración financeira do estado. As súas funcións foron delimitadas baixo Pedro IV de Aragón, en 1344. Estaba subordinado ao mestre racional.

  3. tesoureiro xeral
    1. [ADM/HIST]

      Membro do Consello de Aragón que, ademais das funcións inherentes ao seu cargo, presidía as sesións en ausencia do vicechanceler. Non tiña voto nos negocios de xustiza pero si nos de graza. Este cargo foi creado por Filipe II con carácter perpetuo e hereditario a favor de Pedro Fernández de Cabrera-Bobadilla, II conde de Chinchón.

    2. [ADM/ECON]

      Director xeral do tesouro público.

Palabras veciñas

tesón | Tesón | tesouraría | tesoureiro -ra | tesourería | tesouro | Tespias