"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Actor. Iniciou a súa carreira na compañía viguesa A Farándula, coa que participou en espectáculos como O catecismo do labrego (1977), e despois traballou co Centro Dramático Galego en montaxes como Agasallo de sombras (1984), Follas novas (1985) ou Xelmírez (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada polos Reis Católicos a finais do s XV co fin de controlar política e administrativamente o territorio galaico. Esta figura, que cumpría a dobre función de ser o representante da monarquía en Galicia e presidir as Xuntas do Reino e a Audiencia, tiña os seus precedentes no cargo baixomedieval de Adiantado Maior e no de presidente e gobenador do Reino de Galicia, creado en 1475 polos Reis Católicos. Ocupado xeralmente por foráneos, circunstancia que provocou o absentismo e o desinterese destas personaxes polos asuntos galegos, desempeñárono durante o reinado de Carlos I dous galegos, Alonso de Fonseca e Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas. O Gobernador Capitán Xeneral, ademais de gozar dun gran prestixio, contaba cunha remuneración moito máis elevada ca dos restantes cargos institucionais. Como figura de maior rango político na Galicia da Idade Moderna, gozou de grandes competencias gobernativas, xudiciais e militares pero, que co tempo, foron transferidas á Audiencia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Muller que nunha casa ou institución é a encargada da administración.

    2. Muller encargada do servicio, limpeza e orde, nun hotel ou establecemento similar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen goberna.

    2. Persoa que ten ao seu cargo a dirección política dun Estado. OBS: Nesta acepción non sofre variación xenérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Coñecido como Franck, inicialmente dedicouse á literatura ata que en 1845 decidiu centrarse na fotografía. Nese ano trasladouse a Barcelona e en 1849 abriu un estudo de daguerrotipos especializado en retratos. A partir de 1854 impartiu clases de fotografía e dedicouse á venda de material fotográfico. Asociouse con Wigle en 1855 e dous anos máis tarde regresou a París, onde deu clases na Escola Politécnica. O seu estudo parisino foi un dos máis coñecidos do Segundo Imperio. Neses anos traballou o negativo de papel e, posteriormente, interesouse polo colodión e os papeis leptográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Elemento destacado da nouvelle vague, incisivo, irritante e ambiguo, tratou as cuestións sobre a concepción da vida cun ton pesimista e un tratamento experimental e vangardista. Dirixiu, entre outros filmes, A bout de souffle (1959), Une femme est une femme (1961), Vivre sa vie (1962), Alphaville (1965), Pierrot le fou (1965), Week-end (1968), Je vous salue, Marie (1984), Détective (1985), Hélas pour moi (1993) ou Forever Mozart (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Realizou a súa primeira mostra individual en 1947 e participou en diversas convocatorias da Exposición Nacional de Bellas Artes e do Salón de Otoño de Madrid, onde acadou a terceira (1958), segunda (1960) e primeira (1961) medalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Frade premostratense e bispo de Amiens. Na iconografía leva vestiduras episcopais e, como atributo, un can. A súa festividade celébrase o 8 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, cabaleiro de Santiago (1789-1808) e do Vélaro de Ouro (1892-1808), duque de Alcudia e de Sueca (1792-1808 e 1847-1851), grande de España (1792-1808) e príncipe da Paz (1795-1808). De familia fidalga, ingresou na Garda Real (1784), onde iniciou amizade co príncipe de Asturias e coa futura Raíña María Luísa. Tras unha rápida carreira militar substituíu o conde de Aranda como primeiro ministro (1792) e converteuse no valido de Carlos IV. Iniciou a guerra contra a Francia revolucionaria (1793-1795) que acabou co asinamento da Paz de Basilea (1795). A alianza cos franceses, confirmada trala sinatura do Tratado de San Ildefonso (1796), provocou o enfrontamento co Reino Unido (1796-1802 e 1804-1808), que finalizou coas derrotas da armada española no cabo San Vicente (1797) e Trafalgar (1805). Apartado do poder entre 1798 e 1801, reincorporouse ao goberno co título de xeneralísimo e derrotou os exércitos portugueses na Guerra das Laranxas (1801). As continuas contendas militares provocaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hermann Wilhelm Göring.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Cultivou unha pintura relixiosa, que tratou con moita sensibilidade. Foi autor do tríptico da Adoración dos pastores (1474-1475), realizado por encargo de Tommaso Portinari, o Descendemento e a Adoración dos Reis. Influíu sobre Ghirlandaio, Filippino Lippi e Boticelli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador e literato alemán. Estudiou dereito en Leipzig (1765-1768) e Estrasburgo (1770-1771), onde se vinculou ao Sturn und Drang e coñeceu a J. G. von Herder, que fixo que se interesase pola poesía popular, por W. Shakespeare e por Homero. De volta á súa cidade publicou, xunto con Merck e J. G. von Herder, o Frankfurter gelehrte Anzeigen, órgano programático da nova xeración progresista. A instancias do duque Carlos Augusto instalouse en Weimar (1775) onde formou un círculo intelectual xunto con J. G. von Herder, C. M. Wieland, H. Lenz e J. C. F. von Schiller, entre outros. Nomeado conselleiro do príncipe e seis anos máis tarde ministro, procurou facer unha reforma da política interna e darlles sentido ás relacións interxermánicas. Tralo fracaso na realización práctica dos humanistas, fuxiu a Italia (1786). De volta a Weimar dirixiu o teatro da corte (1791-1816). O illamento conformista fronte aos feitos do seu tempo foi recompensado coa reflexión profunda da dialéctica histórica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo canadense. Doutorouse na Universidade de Chicago (1953). Desenvolveu un modelo conceptual inspirado na dramaturxia para explicar a estrutura e os mecanismos da interacción social. Neste sentido, destacan os seus conceptos de face (imaxe pública que emana do individuo) e self (imaxe dun mesmo no dominio privado). A forza dinámica da microsocioloxía é a idea central do seu libro The Presentation of Self in Everyday Life (1959). Tamén publicou Asylums (1961), Stigma (1963), Strategic Interaction (1969), Frame Analysis (1974) e Forms of Talk (1981). Foi membro da American Sociological Association e presidente entre 1981-1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e debuxante holandés. Residiu na Haia, Londres, París e en diversas cidades holandesas e belgas. Traballou na galería Goupil e fixo de mestre, predicador e misioneiro. En Nuenen (1883-1885) fixo moitos debuxos e pintou cadros dunha evidente preocupación social, entre outros Os comedores de patacas (1885), caracterizados por un expresionismo e unha tonalidade escura. En París (1886-1888), onde coñeceu a P. Gaugin, E. Bernard, algúns impresionistas e a obra dos gravadores xaponeses, aclarou a paleta e pintou retratos, naturezas mortas e vistas da cidade con cores a miúdo arbitrarias e aplicadas con breves pinceladas. Entre outros, destacan, Autorretrato con sombreiro de feltro (1887), O restaurante de La Sirène (1887) e O padre Tanguy (1887). En 1888 chegou a Arles, atraído pola cor e a luz do sur. Viviu con P. Gaugin pero a causa dunha pelexa entre eles sufriu unha crise durante a que se cortou a orella esquerda, suceso que reflectiu en Autorretrato...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tomiño baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa María de Ferreira de Pantón. Formada por varios corpos erixidos en diferentes épocas, a súa planta ten forma de L. Conserva dous patios e unha capela integrada no edificio da que sobresae o campanario na fachada principal. Nesta, presenta unha solaina do s XVIII e dous escudos coas armas dos López de Lemos, Valcárcel, Breganzos e Enríquez, e coas dos Saco, Ribadeneira, Quiroga e Valboa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada en Goián (Tomiño) que defendía a fronteira portuguesa. Construída en 1673, estaba rodeada por muros de pedra e terra. Consérvase a muralla, a porta e a ponte que conducía a esta, formada por cinco arcos. Na porta consérvase unha inscrición coa data da súa construción. Tiña construcións adxacentes como capela, almacéns, polvoríns, cortes e barracóns para as tropas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Goián (Tomiño). Ten planta rectangular. Rehabilitouse para converterse nun establecemento hoteleiro. Na porta principal destaca un escudo do s XVIII. Ás beiras da porta consérvanse dous balcóns erixidos sobre ménsulas e cara á zona posterior unha solaina cuberta. Está rodeada cun muro de pedra no que se insire unha pequena capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Goián ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Goián.

    VER O DETALLE DO TERMO