"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
GALICIA
Militar e mariño. Marchou a Montevideo e, logo da sublevación, sumouse á causa independentista e integrouse no exército como subtenente (5.12.1812). Formou parte das forzas que sitiaron Montevideo e dirixiu as fortificacións e a instalación das baterías. Ascendeu a tenente de artillería durante o sitio (29.9.1813) e integrouse como capitán de artillería (31.3.1815) nas forzas do xeneral San Martín en Mendoza. Participou co exército dos Andes na Batalla de Chacabuco (12.2.1817) e no combate de Curapaligüe (4.4.1817). Desde o 31 de maio de 1817 dirixiu a primeira compañía do Terceiro Batallón de Artillería e á súa fronte tomou parte na Batalla de Maipú (5.4.1818). Pouco despois integrouse como capitán da corveta Chacabuco, na escuadra que creou o goberno chileno, e capturou as fragatas españolas Rosalía e Carlota, coas que chegou ao porto de Valparaíso o 22 de novembro de 1818. Pasou ao exército de Chile, por razóns de saúde, a finais de 1820.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Estudiou maxisterio na Escola Normal de Santiago e traballou no xulgado de Porto do Son ata xullo de 1936. Por mor da Guerra Civil pasou dous anos encarcerado na Coruña e ao saír fíxose procurador de tribunais, aínda que non exerceu debido ao seu pasado como militante de Esquerda Republicana. En 1951 emigrou e instalouse en Montevideo. Publicou crónicas e memorias autobiográficas nas que relata as súas experiencias na guerra, como Os que non morreron (1982), A crueldade inútil (1985) e Desde la diáspora (1991), así como os volumes de relatos Contos (1985) e Nebra. Historia dunha infamia (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico literario romanés. Escribiu, entre outras obras, Criza culturii românesti (A crise da cultura romanesa, 1932), Aspecte şi atitudini ideologice (1933), Conceptul de art ǎ popular ǎ (Concepto de arte popular, 1939) Studii de istorie a teoriei literare românesti (Estudios de historia e teoría literaria romanesa, 1962) e Desbateri critice (Debates críticos, 1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Obxectos de caldeirería, de cobre ou de latón, fabricados na cidade belga de Dinant-sur-Meuse (Namur).
-
Obxectos de caldeirería realizados con cobre batido.
-
-
PERSOEIRO
Matemático. Os seus escritos sobre álxebra contribuíron de maneira esencial ao perfeccionamento da notación alxébrica e ao establecemento de novas vías de investigación. Na súa obra principal, Aritmética, que consta de trece libros dos que só se conservan seis, tratou unha ampla serie de problemas numéricos, aínda que se limitou en xeral a procurar solucións particulares mediante algunha artimaña de cálculo e admitir só como solucións os números enteiros e racionais positivos. A súa obra influíu no posterior desenvolvemento da xeometría analítica, na teoría dos números e na álxebra moderna.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro antifranquista. Dende neno actuou como enlace das guerrillas. Incorporado en 1948 á guerrilla de choque, participou en diversas accións en distintos puntos de Galicia. Foi un dos integrantes do grupo que tentou liberar os guerrilleiros retidos na cárcere da Coruña en 1948. Capturado en Ourense o 18 de novembro de 1949, conmutáronlle a pena de morte por unha cadea de trinta anos. Nos anos sesenta organizou as Comisións Campesiñas de Xinzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Patriarca de Alexandría (444-451). Seguiu as doutrinas do monxe Eutiques, quen consideraba que a unión das dúas naturezas de Cristo era tan estreita que a súa humanidade era pura aparencia. Cando condenaron este monxe, reuniu un concilio en Éfeso (449), no que conseguiu rehabilitar as formulacións monofisitas. No Concilio ecuménico de Calcedonia (451), rexeitaron a súa doutrina e foi deposto e enviado ao exilio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Desenvolveu a súa carreira literaria e teatral na súa cidade natal. Creador de sainetes, comedias e dramas de carácter costumista como Entre el hierro (1910), tamén explorou as posibilidades do drama grotesco, como medio para retratar a frustración e o patetismo dunha sociedade que sufría unha fonda transformación. Entre esas pezas, cunha dimensión crítica, hai que salientar Mateo (1923), Stefano (1928), Cremona (1933), ou El relojero (1934). A partir de 1934 abandonou a escrita dramática e iniciou unha carreira como tradutor e director de escena.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo francés. Iniciou as súas creacións fotográficas retratando imaxes de xogos infantís en Nîmes. Posteriormente trasladouse a Brest, onde abriu un estudo de daguerrotipos. A partir de 1854 instalou en París o seu estudio, onde se especializou nos retratos da burguesía. Rapidamente, comezou a expansión comercial de Disdéri, quen a finais dese mesmo ano fundaba a sociedade Disdéri et Cie e adquiría a concesión oficial para fotografar os obxectos da Exposición Universal de París de 1855. Entre 1865 e 1868 abriu dous estudios en Londres e outro,posiblemente, en Madrid. Retratista de Napoleón III, as súas creacións caracterizáronse polo coidado do enfoque, o encadramento, a luz e a profundidade de campo. Entre as innovacións que achegou ao mundo da fotografía destacan unha fórmula para a exposición instantánea do colodión, un método para a preparación dun papel especial que axudaba á fixación da imaxe, unha caixa para a fotografía “instantánea” e unha fotomecánica para un proceso semellante...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque de atraccións baseado nas personaxes creadas por Walt Disney e situado en Anaheim, California. Á súa inauguración, o 17 de xullo de 1955, acudiron máis de 33.000 persoas. Conta con trens, cadoiros, palacios, figuras animadas, zonas recreativas e espectáculos teatrais e musicais. No centenario do nacemento do seu creador, programáronse diversas actividades co título de “100 Anos de Maxia”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque de atraccións baseado nas personaxes creadas por Walt Disney e establecido en Marné-la-Vallée, a 32 km de París, desde o 12 de abril de 1992. Forma parte dos proxectos de expansión da empresa Disney polo mundo. Conta con máis de 12.000 empregados repartidos entre as diversas atraccións e os hoteis. Ademais, está situado nun importante nó de comunicacións de autoestradas, unido a París mediante o tren de alta velocidade e a medio camiño dos aeroportos de Orly e Roissy-Charles-de-Gaulle.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Monforte de Lemos. Construíuse a partir dos muros da primitiva igrexa do s X que pertenceu ao mosteiro de Cinsa. No interior destaca o retablo maior neoclásico coas imaxes de santa Bárbara, Cristo e santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que foi coñecido o réxime de transición presidido polo xeneral Dámaso Berenguer (28.1.1930-14.2.1931), que substituíu a Ditadura de Primo de Rivera. Aplicouse tamén ao goberno presidido polo almirante Juan B. Aznar (18.2.1931), que preparou as eleccións do 12 de abril de 1931.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de horas de Fernando I.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade de jazz tradicional xurdido en Louisiana a comezos do s XX e practicado por músicos brancos, a imitación do estilo dos músicos negros de New Orleans. Executado por pequenos conxuntos instrumentais, caracterízase por unha polifonía improvisada polos instrumentos de vento. Emprega unha linguaxe melódica expresiva e harmonicamente moi simple.
-
PERSOEIRO
Escultor, fillo e discípulo de Pedro Dobao Rodríguez. Licenciado en Belas Artes na Universidade de Vigo (1998), foi profesor de secundaria (1998-1999). Na súa obra empregou os grandes formatos. En 1999 fixo fotomontaxes para o Centro Cultural e a Comunidad de Montes de Valadares, e en 2000 realizou un estudo histórico-xeográfico para o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG). Esculpiu diversas placas conmemorativas, comerciais e pergameos de bronce na provincia de Pontevedra (1994-2000). Participou no proxecto Galicia Terra Única (1997), no I Simposium Internacional de Escultura do programa Arte e natureza no monte Alba (Vigo, 1999), coa obra Natureza e Cultura, e no X Simposium Internacional de escultura en Galilea, no que realizou, á vista do público, o grupo Arquitectura do sol (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico, publicista e poeta ruso. Colaborou na revista Sobremennik. Desde concepcións liberais evolucionou cara a ideas democrático-revolucionarias do socialismo utópico, en defensa dos campesiños oprimidos. Os seus ensaios sobre Gončarov, Ostrovskij e Turgen’ev son mostras clásicas da crítica literaria rusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano (308-309). Foi vicario de África (303-306). Probablemente foi proclamado emperador polas súas tropas na primavera ou no outono do 308, malia a súa avanzada idade. O prefecto do pretorio, Rufo Volusiano, sufocou a revolta do exército no 309 e, seguindo as ordes de Maxencio, fixo executalo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico, coñecido como Antonio Banderas. Comezou como actor teatral e facendo pequenos papeis secundarios en películas como Laberinto de pasiones (1982), Los zancos (1984) ou La corte del faraón (1985). Os seus traballos con Pedro Almodóvar, a partir de 1982, convertérono en protagonista dos seus filmes como en Matador (1986), La ley del deseo (1987), Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988) e Átame (1989). Na década dos noventa entrou en contacto co cine de Hollywood a través das películas The Mambo Kings (Os reis do mambo, 1991), Philadelphia (1993), Interview with the Vampire (Entrevista co vampiro, 1994), Desperado (1995), Two Much (1995) ou Evita (1996). En 1999 dirixiu a súa muller Melanie Griffit na película Crazy in Alabama (Tolos en Alabama), coa que conseguiu o Leone d’Oro da Mostra Internazionale d’Arte Cinematografica...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comerciante e militar. Embarcou en Cádiz con destino a Montevideo e trasladouse a Bos Aires, onde se estableceu como comerciante. Durante o ataque dos ingleses á cidade (1806), enrolouse no Tercio de Gallegos e foi nomeado tenente da Compañía de Granaderos. Foi capitán (1807) e membro do cabido de Bos Aires (1808). A Junta Superior del Reino confirmouno no cargo o 13 de setembro de 1809, pero foi cesado o 17 de outubro de 1810 e desterrado a Ranchos. Logo da independencia, volveu a Bos Aires e dende 1821 continuou coa súa actividade comercial.
VER O DETALLE DO TERMO