"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • Falta de diferenciación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se diferenza ou que non ten caracteres diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non sente máis preferencia cara a unha cousa que cara a outra.

    2. Que ou quen non presta unha atención especial a nada nin a ninguén.

    3. Que non provoca nin afecto nin aversión.

    4. Que non ten interese ou importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude que demostra indiferenza e escepticismo, especialmente en cuestións políticas e relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de inferir.

      1. Razoamento mediante o que o home pasa dunha ou máis proposicións, verdadeiras ou falsas, a outra posición, a verdade ou falsidade da que se supón que depende a verdade ou falsidade da primeira ou das primeiras proposicións.

      2. Cuestión metalóxica relativa ao establecemento, na lóxica simbólica, das denominadas regras de inferencia, variables segundo os cálculos propostos, que permiten a derivación dunha conclusión a partir dunhas premisas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está situado máis abaixo respecto a outra cousa.

    2. Que está situado a un menor nivel en canto a calidade, importancia, valor ou mérito.

    3. Que é máis pequeno, voluminoso ou intenso.

    4. Que ou quen está ás ordes doutra persoa ou pertence a unha clase social máis baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de inferior.

      1. complexo de inferioridade

        Complexo que se produce por un conflito entre o impulso de impoñerse ou de ser aceptado e o temor dunha frustración repetidamente experimentada en situacións similares, e que adoita resolverse nunha conduta inconsciente agresiva e máis ou menos compensatoria.

      2. sentimento de inferioridade

        Sentimento de fraqueza e de impotencia, habitual no neno, pero reforzado por fracasos continuados na satisfacción do impulso de impoñerse ou de facerse aceptar, ou ben pola admisión dalgún defecto físico.

    2. comparativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sacar unha consecuencia.

    2. Causar un dano, unha ofensa ou unha ferida.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao inferno.

    2. Que é moi malo ou desagradable por ser moi intenso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Lugar do alén, contrario ao Ceo, dedicado ao castigo das ánimas dos pecadores. Distintas relixións ofrecen xeografías do Inferno: na mitoloxía xermánica transcorre a través de vales tenebrosos e o río da morte, no budismo existen un total de 136 infernos, que son fríos ou quentes segundo o tipo de castigo; e outra representación está vinculada á crenza nun xuízo final (xudaísmo, cristianismo e islamismo). Algunhas relixións establecen unha duración limitada das penas do Inferno. A noción cristiá é diferente das concepcións arcaicas e orientais pola insistencia no destino único da persoa, que vén dunha exintencia histórica posibilitada, por Xesús Cristo, de abrirse a unha nova vida en Deus. OBS: Normalmente escríbese en maiúscula.

      2. Nome que en estadios primitivos de diversas relixións se aplica, prescindindo de valoracións morais, ao lugar onde habitan os mortos. A concepción do inferno como lugar común dos defuntos semella que xurdiu máis ou menos espontaneamente do culto aos mortos e da conseguinte convicción de que os antepasados non deixan de manter unha certa relación co mundo dos vivos. Só con posterioridade este destino común foi diferencido en dous posibles sentidos, o do premio e o do castigo, en función do comportamento que se tivese na vida. OBS: Nestas dúas acepcións pode utilizarse en plural con igual significado.

      1. Situación ou cousa que ocasiona moito sufrimento, penalidade ou incomodidade.

      2. Sufrimento que este inferno produce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ovario co periantio situado enriba del.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘inferior’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está situado abaixo e na parte anterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é fértil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condición de infértil.

    2. Trastorno da reprodución que se caracteriza por un impedimento da femia para levar un embarazo a termo, a causa da produción de abortos espontáneos repetidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de interferir.

    2. Nun sistema de transmisión, recepción ou rexistro de información, calquera transferencia de enerxía proveniente doutras fontes e que provoca unha perturbación naquela información. A interferencia imposibilita a miúdo a audición de emisores e emprégase, ás veces, intencionadamente para bloquear emisións.

    3. Fenómeno que ten lugar cando nunha rexión do espacio se superpoñen movementos ondulatorios. Son importantes as interferencias entre ondas acústicas e as interferencias entre ondas electromagnéticas. Pode que as ondas incidentes sexan coherentes, da mesma frecuencia, e que os vectores representantes dos seus campos eléctricos sexan paralelos. As variacións de intensidade, producidas polo desfase entre as ondas incidentes, reciben o nome de fenómenos de interferencia, e as zonas de igual intensidade denomínanse franxas de interferencia. Un tipo característico de interferencia é a difracción.

    4. Cambio lingüístico en calquera nivel dunha lingua (fonolóxico, morfosintáctico ou léxico) por innovación, perda ou substitución dalgún dos seus elementos, motivado directamente polo influxo doutra lingua, particularmente nas situacións de contacto de linguas; a interferencia prodúcese nas dúas direccións, pero en maior medida desde a lingua con máis prestixio á lingua con menos. Tamén se denomina interferencia o fenómeno que se dá cando, dentro dunha mesma lingua, se produce un cambio lingüístico nalgún dialecto ou algún rexistro de linguaxe por influxo doutro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás interferencias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que interfire.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Superporse dúas ondas dando lugar a interferencias.

    2. Interporse algo ou alguén no desenvolvemento doutra cousa.

    3. Entremeterse en asuntos que a un non lle incumben.

    VER O DETALLE DO TERMO