interferencia

interferencia

(

  1. s f

    Acción e efecto de interferir.

  2. s f [FÍS/COMUN]

    Nun sistema de transmisión, recepción ou rexistro de información, calquera transferencia de enerxía proveniente doutras fontes e que provoca unha perturbación naquela información. A interferencia imposibilita a miúdo a audición de emisores e emprégase, ás veces, intencionadamente para bloquear emisións.

  3. s f [FÍS]

    Fenómeno que ten lugar cando nunha rexión do espacio se superpoñen movementos ondulatorios. Son importantes as interferencias entre ondas acústicas e as interferencias entre ondas electromagnéticas. Pode que as ondas incidentes sexan coherentes, da mesma frecuencia, e que os vectores representantes dos seus campos eléctricos sexan paralelos. As variacións de intensidade, producidas polo desfase entre as ondas incidentes, reciben o nome de fenómenos de interferencia, e as zonas de igual intensidade denomínanse franxas de interferencia. Un tipo característico de interferencia é a difracción.

  4. s f [LING]

    Cambio lingüístico en calquera nivel dunha lingua (fonolóxico, morfosintáctico ou léxico) por innovación, perda ou substitución dalgún dos seus elementos, motivado directamente polo influxo doutra lingua, particularmente nas situacións de contacto de linguas; a interferencia prodúcese nas dúas direccións, pero en maior medida desde a lingua con máis prestixio á lingua con menos. Tamén se denomina interferencia o fenómeno que se dá cando, dentro dunha mesma lingua, se produce un cambio lingüístico nalgún dialecto ou algún rexistro de linguaxe por influxo doutro.

Palabras veciñas

interfase | interfásico -ca | interfecto -ta | interferencia | interferencial | interferente | interferir