"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
PERSOEIRO
Avogado e político. En 1888 foi elixido deputado polo distrito de Astorga e en 1893 por Santiago de Compostela. Membro do Partido Liberal, participou no goberno presidido polo seu sogro, E. Montero Ríos, como ministro de Gobernación (1905). En sucesivos gobernos ocupou as carteiras de Gracia e Xustiza (1905-1906) Fomento (1906) e Estado (1910-1912), ministerio desde o que tramitou os tratados que posibilitaron o establecemento do protectorado español sobre Marrocos e que lle valeron a concesión do marquesado de Alhucemas. Ao morrer Canalejas (1912), ocupou interinamente o goberno durante dous días pero non contou co apoio de Romanones para continuar no cargo, feito que deu lugar á escisión do Partido Liberal; os seus partidarios constituirían o Partido Liberal Democrático. Presidiu o consello de ministros en diversas ocasións (1917, 1918 e 1922) e ocupou a carteira de Gobernación (1918), no goberno Maura. Aceptou a carteira de Gracia e Xustiza (1931) no último goberno da monarquía, presidido...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente socialista. Participou na fundación do PSOE (1879) e da UGT (1888), organización sindical da que foi o primeiro presidente. Durante a Primeira Guerra Mundial opúxose ás posicións aliadófilas dos dirixentes socialistas e en 1921 abandonou o PSOE para formar parte da comisión organizadora do Partido Comunista.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. En 1810 foi elixido deputado pola provincia de Lugo. En 1811 distribuíuse en Cádiz o seu folleto Manifesto que nace a la nación española en general y al Reino de Galicia en particular yo diputado en cortes por la provincia de Lugo, Don Domingo García Quinta, Coruña 1811, escrito polo que a Rexencia ordenou a súa detención. Renunciou ao seu escano en decembro de 1811.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Foi profesor na Universitat de València (1985-1991) e desde 1991 é profesor de historia antiga na Universidade de Santiago de Compostela. Participou como investigador principal no proxecto Sociedade e Cultura Material na Protohistoria do Noroeste Peninsular (1999-2000). Especializouse nas relacións entre pensamento e sociedade, e na historia da Hispania Antiga e os seus paralelos europeos. É membro dos consellos de redacción de Gallaecia (1996) e Cuadernos de Estudios Galegos (2002). Escribiu A vida cotiá na Galicia Castrexa (1998), El Rey melancólico: antropología de los fragmentos de Heráclito (1992), Las Religiones en la historia de Galicia (1996), Mitología y mitos de la Hispania prerromana III (1999) e Mitos hispánicos: la Edad antigua (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e ceramista. Discípula de Carlos Maside, nalgunha das súas obras reflectiu elementos que caracterizaron a obra do seu mestre. Como ceramista traballou para o taller Cerámica Artística Gallega, de Escudero e Asorey, e en Cerámica Celta, onde coincidiu con Castelao, Carlos Sobrino, Xoán Acuña e Manuel Torres, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Ingresou como secretario de sala da Audiencia Territorial da Coruña (1906), foi nomeado vicesecretario de goberno do Tribunal Supremo (1922) e secretario (1931). Elixido deputado independente por Pontevedra en 1933, participou nas campañas de defensa da Misión Biolóxica. Dirixiu Diario de La Coruña e El Ideal Gallego, e colaborou en La Voz de Galicia, Faro de Vigo e na revista Vida Gallega. Foi presidente da Asociación de Prensa da Coruña en 1906. Publicou Estilos consuetudinarios y prácticas económico-familiares y marítimas en Galicia (1909) e Arqueología jurídico-consuetudinaria-económica de la Región Gallega (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Exerceu nos xulgados de Bande e A Estrada. Foi maxistrado da Audiencia Provincial de Ourense (1984) e dende 1990 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Foi un dos impulsores do proceso de normalización lingüística do galego no eido da xustiza. Participou no Simposio Internacional de Linguas Europeas e Lexislacións (1992) e no Congreso da Cultura Galega co artigo “Situación legal do galego” (1992). Colaborou en publicacións como Grial e no volume colectivo Contos da Xustiza (1991), e escribiu O réxime xurídico da lingua galega (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e xornalista. Foi redactor de El Liberal Coruñés e de La Mañana (1896), e colaborador do Diario de Avisos. Sucedeu a Marcelino Dafonte na dirección de La Voz de Galicia. Foi correspondente da Real Academia Galega e escribiu Historia de la Guerra de la Independencia en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e profesor de debuxo. Aínda que cultivou a paisaxe á acuarela, a súa pintura é abstracta, monocroma e cunha ausencia da luz. Emprega as tonalidades grises e a mancha ampla. Realizou exposicións individuais e colectivas en Galicia, Madrid e Venezuela. Recibiu o premio de pintura no Certame Xoven Pintura Galega (A Coruña, 1978) e o premio e a adquisición de obra no Certame de Artes Plásticas Diaz Pardo (1991). A súa obra está, entre outras salas, nas deputacións da Coruña e Pontevedra e nas coleccións Caixanova, Caixa Galicia e Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático mexicano. Ingresou no Servicio Exterior mexicano en 1939, foi embaixador en Brasil (1962-1964) e durante os anos sesenta foi o representante do seu país na ONU. Dende a súa creación en 1964, presidiu a comisión para a desnuclearización de América Latina e desde 1977 presidiu o Comité de Desarmento, con sede en Xenebra. En 1982 foi galardoado, xunto coa sueca Alva Myrdal, co Premio Nobel da Paz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafa. Centrou a súa obra en temas etnográficos das vilas e aldeas de España e dos países do Leste. Individualmente, participou nas Journeés internationales de la photo de Montpellier (1985) e en “Images from Spain” (1987), no Art Center Paul Klapper de Nova York. Colectivamente expuxo na Nigh Gallery de Londres (1980), en ARCO (1983), no Círculo de Bellas Artes de Madrid (1985) e III Fotobienal de Vigo (1988). Recibiu o Premio Arlès (1989) ao mellor libro de fotografía Século XX, o Premio Eugène Smith (1989) de Nova York e o Premio Nacional de Fotografía de España (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada nas Pontes de García Rodríguez. Foi fortaleza do cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel, pero apenas quedan restos dela. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.
-
GALICIA
Poeta e historiador. Foi chanceler do consulado de España (1944-1963) na República Dominicana. Da súa produción destaca Guerra de la Independencia: Ensayo histórico político de una epopeya española (1945), Río Tambre (1973), Poema da morte do guerrilleiro e do vello das brancas guedellas (1976), Brasil. Historia, xente e samba-canción (1977), Os mártires de Carral. Poema maior dos mártires galegos ou da redenzón (1981) e Memorial de saudades (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xesuíta e escritor. Foi director das Escolas Dominicais de Santiago. Realizou estudios sobre historia e arte de Galicia e a lingua galega. No campo da arqueoloxía e da historia publicou diversos estudios en Boletín de la Real Academia Gallega. No eido da lingua galega é autor de “El gallego y el latín” no Boletín da Comisión de Monumentos de Ourense e de Sobor do antiguo linguaxe do pobo gallego, e no da teoloxía, escribiu Inferno e gloria. Recibiu un galardón nun certame literario celebrado en Vigo en 1916. Membro da Real Academia Gallega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor galego. Da súa produción destaca “A Rosalía Castro: Ecos de Follas Novas”, en Homenaje a Rosalía Castro de Murguía (1899), e “A velliña” (1917).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Xefe de relacións institucionais do Grupo Correo Gallego. Foi delegado de Faro de Vigo en Santiago de Compostela, redactor xefe de Radio Noroeste, xefe de prensa da Caja de Ahorros de Santiago, xefe de prensa da Consellería de Sanidade, director da cadea COPE en Santiago de Compostela e A Coruña, director rexional de Radio España en Galicia e coordinador en Galicia da Federación Nacional de Asociaciones de Radio y Televisión. Escribiu La radio: un medio de comunicación rural y urbano, La radio del cambio, Los mass media como soporte de produtos e La radio que viene, un nuevo siglo. Obtivo o premio de xornalismo de FEXDEGA e o Premio Minerva.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Realizou as comedias críticas El love feroz (1973) e Colorín Colorado (1976), amais de Divinas Palabras (1987), La noche más larga (1991) e Tirano Banderas (1992). Obtivo o Golden Bär en Berlín por Las truchas (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Goiás (Lalín). Conserva unha escaleira exterior e solaina cuberta. Destaca tamén a cheminea rematada con pináculos. Conserva escudos que representan as armas dos Deza, Somoza, Arias, Ulloa, Salgado, Gil e Gundín.
-
GALICIA
Perito agrícola e xornalista. Dirixiu o periódico La Juventud (1881-1882) e foi colaborador de El Buscapié, El Miño e El Noroeste. Escribiu Estudio histórico de las murallas de Lugo (1900).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor nicaraguano. Coñecido polo pseudónimo Rubén Darío, exerceu o xornalismo e a carreira diplomática. Colaborador en distintos xornais, foi correspondente de La Nación en España. En París estivo en contacto con parnasianos e simbolistas. Inspirador e pontífice da revolución modernista, a súa obra caracterízase pola riqueza verbal, a musicalidade, o predominio das imaxes exóticas, o enriquecemento da métrica, e pola calidade e cantidade das súas invencións formais. Autor de poemas e obras en prosa, da súa obra destaca Azul (1888), Prosas profanas (1896), Los raros (1896), Peregrinaciones (1901), Tierras solares (1904), Cantos de vida y esperanza (1905), Canto errante (1907), Poema de otoño (1910) e Canto a la Argentina (1910).
VER O DETALLE DO TERMO