"RG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2188.
-
PERSOEIRO
Escritor. As súas obras son unha sátira contra a sociedade húngara contemporánea. O recurso formal que máis empregou foi a presentación das obras en forma de reportaxes fiticias. Destacan Sötet agyal (Anxo escuro, 1964) e Az elbocsátott légio (A lexión despedida, 1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo alemán. Pertenceu á Igrexa Evanxélica reformada, e destacou pola súa obra Theolofie der Hoffnung (Teoloxía da esperanza, 1968). Tamén escribiu, entre outras obras, Der Mensch (O home, 1971), Der gekreuzigte Gott (O Deus crucificado, 1971) e Kirche in der Kraft des Geistes (A Igrexa na forza do Espírito, 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. Coñecida como Marguerite Moreno, actuou na Comèdie Française e con Sarah Bernhardt, e fundou en Bos Aires un conservatorio francés de estudos dramáticos. A súa última representación foi La folle de Chatllot. Da súa filmografía destacan Vingt ans après (1922), Carmen (1945) e Mademoiselle Modiste (1951).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como Jean Gabin, foi o prototipo de home duro e un destacado intérprete do inspector Maigret, como en Maigret voit rouge (1963). Cómpre salientar os filmes La nuit est mon royaume (premio ao mellor actor en Venecia, 1951), Touchez paus au grisbi (1954, premio ao mellor actor en Venecia), Archimède, le clochard (1959, Silberner Bär en Berlín), Le chat (1971, Silberner Bär en Berlín) e L’année sainte (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Propergol composto por un só ergol.
-
PERSOEIRO
Pintor e xilógrafo. Expuxo no Salon d’Automne de París e co grupo sintetista. Cultivou tamén a escultura e foi navegante de cabotaxe. Na casa de Émile Schuffenecker coñeceu a Paul Gauguin (1888), protexeuno economicamente e mercoulle obras. A súa correspondencia foi publicada en Lettres de Paul Gauguin à Daniel de Monfreid (1918). Fixo, segundo obras de Gauguin, os gravados da primeira edición de Noa-noa (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político inglés, duque de Albemarle. Uniuse aos parlamentarios e ao exército de Cromwell durante a guerra civil contra os escoceses (1650). Entrou co seu exército en Londres (1660), restableceu a monarquía e obtivo de Carlos II de Inglaterra a Declaración de Breda. Foi par do reino e tomou ao seu cargo o almirantado durante a Segunda Guerra Anglo-holandesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor austríaco. Adoptou un estilo de composición moderno e escribiu sinfonías e concertos, entre os que destaca o Concerto para violoncello e orquestra en sol menor. Tamén compuxo música sacra e de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se emprega para o transporte de pesos en sentido vertical, mediante unha plataforma, cabina ou gaiola que se despraza cara a arriba e cara a abaixo, encaixada en dúas guías. Malia que a súa constitución é esencialmente a mesma ca a dun ascensor, ten unha estrutura máis simple e adaptada a unha función específica. A maioría dos montacargas son movidos por un motor eléctrico pero, nalgúns casos, recórrese á tracción manual ou hidráulica. Nos almacéns automatizados poden ser empregados os montacarcas automáticos.
-
PERSOEIRO
Político británico, conde de Halifax. Con William Pitt o Vello, participou no goberno e foi lugartenente de Irlanda, así como primeiro lord do Almirantado (1761).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Jorge de Montemor.
-
PERSOEIRO
Escritor portugués. De formación humanística escasa, elaborou case toda a súa obra en lingua castelá. O seu primeiro libro, non publicado, foi Diálogo espiritual (1548?), ao que seguiron Exposición moral sobre el salmo LXXXVI (1548), Epístola a Sa de Miranda (1552-54) e Las obras de Jorge Montemayor, repartidas en dous libros (1554), obra máis coñecida como Cancionero. A súa obra máis famosa é a novela pastoral Los siete libros de Diana (1559), primeira obra deste xénero escrita en prosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista irlandés. Iniciouse no naturalismo francés e despois decantouse por unha prosa de estilo esteticista. Colaborou no rexurdimento literario irlandés e na creación do Abbey Theatre. Escribiu obras de teatro, como The Untitled Field (1903) e The Lake (1905), e novelas, como Brooke Kerith (1916) ou Heloise and Abelard (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Destacou polas súas análises das significacións na linguaxe e por ser o creador do movemento analítico. Autor de Philosophical Studies (1922) ou Some Main Problems of Philosophy (1953), tratou amplamente problemas éticos en obras como Principia Ethica (1903) e Ethics (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Traballou en teatro e protagonizou algunhas series televisivas, como Ivanhoe, The Saint e The Persuaders. De 1973 a 1985 relevou a Sean Connery no papel de James Bond, en filmes como Live and Let Die (1973), The Spy Who Loved Me (1977) e A View to Kill (1985). Tamén participou nos filmes The Miracle (1959), Sunday Lovers (1980) ou Boat Trip (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estivo influenciado por Cézanne, a pintura metafísica, o futurismo e o Valorici Plastici. Pintou naturezas mortas de obxectos familiares, a base de formas puras e uso de cores nítidas. Cultivou tamén a augaforte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lucie Marie Marguerite Monceau.
-
PERSOEIRO
Político. En 1882 ingresou en Izquierda Dinástica e foi ministro de Ultramar (1869-1870 e 1898), de Facenda (1870-1871), da Gobernación (1883-1884 e 1901-1902), de Estado (1885-1888) e de Fomento (1892-1894). En 1885 ingresou no Partido Liberal, ocupou a presidencia do goberno despois da dimisión de U. Montero Ríos (1905-1906 e 1909) e fixo aprobar a Lei de Xurisdicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Montevideo entre o 15 de setembro de 1919 e o 1 de abril de 1920. Editouse co subtítulo “Boletín oficial de la unión Hijos de Morgadanes Residentes en el Plata”. De periodicidade irregular, só apareceron tres números.
VER O DETALLE DO TERMO -