montacargas
montacargas
(< monta- + cargas)
s
m
[TECNOL]
Aparato que se emprega para o transporte de pesos en sentido vertical, mediante unha plataforma, cabina ou gaiola que se despraza cara a arriba e cara a abaixo, encaixada en dúas guías. Malia que a súa constitución é esencialmente a mesma ca a dun ascensor, ten unha estrutura máis simple e adaptada a unha función específica. A maioría dos montacargas son movidos por un motor eléctrico pero, nalgúns casos, recórrese á tracción manual ou hidráulica. Nos almacéns automatizados poden ser empregados os montacarcas automáticos.