"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de alerxia provocado e mantido nun organismo pola aparición de autoantíxenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise dos mecanismos que se aliñan de seu. As chumaceiras autoaliñadoras empréganse cando a árbore pode presentar desaliñacións axiais respecto daquelas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Investigación dos propios estados de consciencia e dos propios actos coa aplicación de certos procedementos do método psicanalítico: asociacións libres, análise dos soños, interpretación de comportamentos, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Anticorpo que está activo fronte a un autoantíxeno que previamente determinou a súa formación. Os anticorpos antinucleares diríxense contra as proteínas do núcleo celular; os anticorpos antidesoxirribonucleicos contra o ácido desoxirribonucleico; os anticorpos antirribonucleicos contra o ácido ribonucleico; os anticorpos anticitoplasmáticos contra estruturas do citoplasma. Os autoanticorpos específicos de órganos só se dirixen contra un órgano concreto e os específicos de células, contra determinadas células. Todos estes anticorpos son de grande importancia na patoxenia e na diagnose das enfermidades autoinmunes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia dun tecido ou órgano que é percibido como un antíxeno fronte ao organismo ao que pertence. Provoca a formación de autoanticorpos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biografía que un autor fai de si mesmo. Trátase dun modelo narrativo específico no que o narrador é protagonista dunha historia narrada de forma retrospectiva ou analéptica e que esixe a presenza dun destinatario -nalgúns casos pode ser un desdobramento do autor nun ti, reflexo do eu-, que xustifica a existencia do propio discurso. Estes relatos están escritos, normalmente, en primeira persoa, aínda que tamén poden estar en segunda, e mesmo en terceira persoa. Segundo Ph. Lejeune e G. May, diferénciase doutros subxéneros afíns, como a memoria e o diario, onde tamén aparecen elementos autobiográficos, en que no primeiro é prioritaria a exposición da realidade exterior e dos outros, por máis que se faga en función dun eu-narrador; e no diario, porque supón unha minuciosa constatación de feitos cotiáns, que pode implicar unha intensificación maior da expresión subxectiva, pero que é de alcance máis reducido ao non poder presentar a panorámica total dunha vida ou dun período dela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á autobiografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que é autora dunha autobiografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cromosoma bivalente formado pola duplicación dun univalente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo automóbil destinado ao transporte colectivo de persoas; resérvase esta denominación case exclusivamente para os de uso urbano, mentres que se adoita chamar autocar ao autobús de uso interurbano, destinado, polo tanto e sobre todo, ao transporte por estrada. O autobús urbano, concibido para transportar moitas persoas a distancias relativamente curtas, ten varias portas e amplos espacios para as persoas que viaxen de pé. A disposición horizontal do motor baixo o piso, ou ben dereito ao final do vehículo, permite unhas plataformas baixas de entrada e saída que facilitan unha elevada cadencia de renovación dos pasaxeiros. Son vehículos de estrutura autoportante, equipados con motores diesel (aínda que se están introducindo, actualmente, motorizacións alternativas como por exemplo o gas natural, motivado pola crecente preocupación por evitar o forte impacto medioambiental que producen aqueles) dunhas potencias que oscilan entre os 110 kW (150 CV) e os 235 kW (320 CV), con caixas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicación informática producida pola compañía Autodesk que permite realizar deseños en tres dimensións e que é empregada acotío en arquitectura ou enxeñería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Autobús concibido fundamentalmente para o transporte por estrada dun número relativamente reducido de persoas a distancias longas ou medias. Distínguense o autocar de liña, destinado a servicios xeralmente regulares, de distancias medias, do autocar de gran turismo, destinado a servicios xeralmente discrecionais, de longa distancia. Son vehículos xeralmente constituídos por un chasis, un motor posterior (de potencias semellantes ás dos autobuses), caixa de cambios manual de oito ou dez velocidades, freo eléctrico ou hidráulico e suspensión pneumática. Os autocares de gran turismo son espaciosos, están dotados con sistemas de acondicionamento de aire, pequenos lavabos, salóns de reducidas dimensións, cociña, bar, etc, e de grandes maleteiros para as equipaxes. Hai tamén modelos de dous pisos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coche de ferrocarril propulsado por un motor de combustión interna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da carteira dunha sociedade formada por accións propias ou de sociedades do grupo empresarial ao que pertence, e tamén polas que están en posesión de terceiros homes de palla. O seu obxectivo é o de permitir xestionar e manipular as cotizacións na bolsa -sostendo os prezos- ou exercer o autocontrol contra intrusións non desexadas (raiders).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Catálise dunha reacción por medio dun dos produtos que se forman nela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica, variante da ironía, que se produce cando un suxeito finxe deliberadamente aceptar un reproche ou unha acusación, co fin de crear no receptor unha reacción de rexeitamento fronte á súa autoacusación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dereito dalgunhas igrexas nacionais ortodoxas a se gobernaren mediante sínodos propios e a elixir os propios bispos, sen depender do Patriarca de Constantinopla, aínda estando en comuñón de fe.
-
-
Que non ten superior; independente.
-
Relativo ou pertenente á autocefalia, que goza de autocefalia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise impropiamente de certos mecanismos que centran automaticamente unha peza. Algúns pratos de torno son autocentradores.
-
-
Conxunto dos movementos automáticos por efecto dunha longa aprendizaxe.
-
Interpretación errónea dun fenómeno por causa de modificacións subxectivas debidas á percepción, á actitude, ao marco de referencia, etc.
-