"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • RIOS

    Río de Andalucía, afluente do Guadalquivir pola dereita (103 km). Nace en Sierra Morena e recibe as augas do Guadalbarbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mata de pelo.

    2. Conxunto de pelo longo que cae normalmente aos lados da cara. OBS: Úsase maioritariamente en plural.

    3. Porción de pelo mal peiteado e enredado.

    4. Melena do león.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Revillagigedo, fillo de J. F. Guemes de Horcasitas. Vicerrei de Nova España (1789-1794), o seu goberno caracterizouse por completar a división en intendencias, fomentar a rede viaria, mellorar o sistema educativo e dos correos e patrocinar numerosas expedicións de carácter científico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de guerrilleiros.

    2. Loita armada emprendida por formacións irregulares de combatentes ou por unidades regulares cun adestramento especial, que loitan contra un exército ocupante ou contra o poder establecido. Normalmente vén acompañada de reivindicacións sociais e ten estratexias propias baseadas na preferencia polas emboscadas, o coñecemento do terreo, a rapidez na dispersión e concentración de forzas, a complicidade da poboación e a solidaridade do grupo. Foi practicada como forma de resistencia contra os exércitos napoleónicos en España e Rusia, e durante o s XX empregárona os bóers (1899-1902) e o movemento independentista irlandés, e durante a Segunda Guerra Mundial estendeuse como forma de resistencia contra os exércitos xermanos e fascistas. Esta táctica adoptouse en diversas colonias de África ata a súa liberación e por parte de diversas organizacións revolucionarias en Asia e América Latina. Triunfou en Indochina (1954), Alxeria (1959), Cuba (1959), Angola e Moçambique (1973) e Vietnam (1975)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Ponteareas baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro que estivo situado en Guillade (Ponteareas). Está documentado desde 963 e posteriormente foi priorado do mosteiro cisterciense de Melón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse en Italia e traballou en Saint-Gervais e Saint-Eustache de París. Foi autor do monumento do Pont--au-change (1467), dedicado a Luís XIV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cepillo estreito que empregan especialmente os carpinteiros para facer rebaixes, xunturas e todo o que non se pode cepillar coa garlopa ou con outros cepillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rairiz de Veiga baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Rairiz de Veiga. De orixe románica, reconstruíuse posteriormente. Da primitiva fábrica conserva o rosetón da fachada principal, os canzorros e a porta S, formada por unha dobre arquivolta rodeada por unha banda con decoración axadrezada e un tímpano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou Xuncos (1968) e O libro dos soños (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outeiro de Rei baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tui baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras francés. Traballou en 1175 no coro da catedral de Canterbury, destruído en 1174. Considérase o introdutor das catedrais en Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico suízo. Estudiou nas universidades de Neuchatel e Zúric. En 1915 foi nomeado director da Oficina Internacional de Pesos e Medidas de Sèvres. Fixo estudios sobre as unidades, o termómetro de mercurio, que codificou, e descubriu as aliaxes invar e elinvar. Das súas obras destacan Termometría de precisión (1889) e O níquel e as súas aliaxes (1898). En 1920 recibiu o Premio Nobel de Física, polas súas investigacións sobre as aliaxes de ferro e níquel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. En 1914 foi alumno de Antoine Meillet na École des Hautes Études de París e profesor deste centro (1938-1960). Defendeu a lingua como unha estrutura cognitiva en que o contido é o primario e a morfosintaxe, o secundario. Rexeitou unha concepción descritiva e formal da lingua, e adoptou unha visión psicomecánica ou psicosistemática (estudio da lingua e do pensamento). En 1919 publicou Le problème de l’article et sa solution dans la langue française (Premio Volney), primeiro traballo extenso sobre a función de actualizador do artigo. En 1929 publicou Temps et verbe en que presentou un sistema verbal como sistema cognitivo con sucesivos estadios de desenvolvemento. Tamén escribiu Architectonique du temps dans les langues classiques (1945) e, postumamente, Principes de linguistique théorique de Gustave Guillaume (1973). Foi presidente da Société Linguistique de París (1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Integrouse no impresionismo baixo a influencia de Pisarro e participou na maioría das exposicións do movemento. Influíu sobre P. Gaugin e V. van Gogh. Pintou mariñas e temas industriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Pontevedra a partir do 2 de xaneiro de 1886. Subtitulouse “Periódico festivo. Semanal. Joco-serio”. Dirixiuno Víctor Saiz Armesto.

    VER O DETALLE DO TERMO