guerrilla

guerrilla

(

  1. s f

    Grupo de guerrilleiros.

  2. s f [BÉL]

    Loita armada emprendida por formacións irregulares de combatentes ou por unidades regulares cun adestramento especial, que loitan contra un exército ocupante ou contra o poder establecido. Normalmente vén acompañada de reivindicacións sociais e ten estratexias propias baseadas na preferencia polas emboscadas, o coñecemento do terreo, a rapidez na dispersión e concentración de forzas, a complicidade da poboación e a solidaridade do grupo. Foi practicada como forma de resistencia contra os exércitos napoleónicos en España e Rusia, e durante o s XX empregárona os bóers (1899-1902) e o movemento independentista irlandés, e durante a Segunda Guerra Mundial estendeuse como forma de resistencia contra os exércitos xermanos e fascistas. Esta táctica adoptouse en diversas colonias de África ata a súa liberación e por parte de diversas organizacións revolucionarias en Asia e América Latina. Triunfou en Indochina (1954), Alxeria (1959), Cuba (1959), Angola e Moçambique (1973) e Vietnam (1975). Dos teóricos da guerrilla destacaron Mao Zedond e Ernesto Che Guevara. En España, ao final da Guerra Civil, creouse un movemento guerrilleiro composto por grupos armados e por unidades de combatentes españois, procedentes de Francia, que seguiron loitando fronte ao réxime franquista. O mantemento da ditadura franquista, trala derrota do fascismo na Segunda Guerra Mundial, obrigou a unha adaptación organizativa, baseada en grupos homoxéneos e disciplinados, nos que o maior peso estivo levado polo partido comunista, único grupo político estruturado. Esta foi a etapa do auxe das accións guerrilleras e da edición de El Guerrillero. A aceptación internacional do réxime de F. Franco e o abandono da estratexia militar por parte do PCE na década dos 50 provou a decadencia do movemento guerrilleiro, que desapareceu en 1954 como estrutura organizativa, aínda que quedaron algúns grupos illados.