"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Considerado o pai da poesía latina, compuxo traxedias, comedias, libros de sátiras e pequenos poemas. Os seus Annales, 18 libros en que narra a historia de Roma, foron a epopea nacional ata a Eneida. Adaptou o hexámetro e influíu en Virxilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Considerado o pai da poesía latina, compuxo traxedias, comedias, libros de sátiras e pequenos poemas. Os seus Annales, 18 libros en que narra a historia de Roma, foron a epopea nacional ata a Eneida. Adaptou o hexámetro e influíu en Virxilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático grego. Deu o valor de 24° á oblicuidade da eclíptica, valor que foi aceptado en Grecia ata o posterior pulido de Erastóstenes. Calculou o valor do ano grande e determinouno en 59 anos, correspondente a 730 lunacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pasar algo polo lume.

    2. Desecar unha cousa por medio da calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poñerse ríxido o queixelo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Touro baixo a advocación de   san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión de orixe francesa, empregada no sintagma armas de enquerre, que fai referencia ás armas que contraveñen as regras heráldicas e que, por tanto, cómpre pescudar para coñecer o motivo histórico ou causa externa (como o propio deterioro do tempo) que as xustifique. OBS: Tamén se denomina armas a/de inquirir, armas falsas ou armas estrañas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afluencia de sangue aos vasos cutáneos, especialmente por efecto dunha emoción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manual de preceptos ou ensinanzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de recollida de datos que se basea na observación ou realización de cuestionarios ou nunha mostra representativa do grupo obxecto de estudio.

    2. Conxunto de operacións encamiñadas a recoller información sobre un fenómeno ou  aspecto social determinado. Constitúe un método de investigación que se efectúa a través de diferentes instrumentos, dos que o máis común é o interrogatorio dunha mostra estatisticamente representativa da poboación mediante un cuestionario.

    3. Enumeración completa dunha poboación nun certo momento, que contén algunhas características ben definidas dos individuos que a integran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai unha enquisa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer unha enquisa a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e dramaturgo sueco. Como novelista publicou Hess (1966),   Legionärerna   (Os lexionarios, 1968),   Katedralen i München (A catedral de Múnic, 1972) e Musikanternas uttag (A partida dos músicos, 1978); e no eido teatral Tribadernas natt (A noite das tríbades, 1975), traducida por Xulio Lago, e Till Fedra (Para Fedra, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de enquistarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformarse nun quiste.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda de ouro utilizada durante o reinado de Enrique IV de Castela (1454-1474). Coñeceuse tamén cos nomes de enrique nuevo, enrique toledano e silla. Pesaba 4,55 g e tiña unha lei de 233/4 quilates. Substituíu a dobra como unidade áurea. No anverso aparece o monarca sentado no seu trono mentres que o reverso é cruzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Infante de Aragón, conde de Alburquerque, fillo de Fernando I de Aragón e de Leonor de Castela. Dirixiu o grupo aragonés no Reino de Castela e fíxose co goberno do reino despois de capturar o Rei Xoán II en Tordesillas (1420). Nese ano casou coa irmá do rei, Catarina de Castela, pero en decembro perdeu o poder e permaneceu en prisión entre 1422 e 1425. En alianza co seu irmán Xoán (futuro Xoán II de Aragón), derrotou o privado Álvaro de Luna (1426). Perdeu as súas propiedades pola súa participación na guerra entre Castela e a Coroa de Aragón e marchou a Italia, onde combateu xunto a Afonso V de Aragón (1435). Á súa volta a Castela asinou, xunto cos seus irmáns, o Acordo de Castronuño (1439), sen embargo, o enfrontamento continuou: derrotaron a Álvaro de Luna (1441) e capturaron o rei. Casou en segundas nupcias con Beatriz Pimentel (1444) e morreu, trala Batalla de Olmedo, na loita contra a coalición do monarca e Álvaro de Luna. Jorge Manrique inmortalizouno nas súas Coplas a la muerte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Besançon e de Portugal, fillo do duque Enrique de Borgoña. Acudiu á Península Ibérica xunto con outros cruzados francos e normandos para participar nas loitas de Afonso VI de Castela contra os almorábides. Destacou nas conquistas de Coimbra, Santarém e Toledo (1085) e, en recoñecemento polas súas actuacións, recibiu a man de Tareixa (1095), filla ilexítima do monarca, e como dote os territorios comprendidos entre os ríos Miño e Texo, baixo a modalidade de iure hereditario. En 1097 converteuse en conde de Portugal e, baixo o seu goberno, o territorio adquiriu un carácter autónomo. Obtivo de Roma a elevación de Braga a sé do arcebispado. Enfrontouse cos almorábides que lle arrebataron Lisboa (1094) e Santarém (1111). Ao morrer Afonso VI (1109) aproveitou as loitas dinásticas no reinado de Urraca de Castela e León e declarouse soberano independente. Apoiou a raíña contra Afonso I o Batallador, aspirante ao trono, pero tratando de asegurar a independencia do seu condado....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rexente de Castela (1295-1301), fillo de Fernando III e de Beatriz de Suabia. Conxurou contra o seu irmán Afonso X o Sabio para facerse co trono de Castela pero fracasou (1257). Fuxiu e púxose ao servizo do califa de Tunisia. Pasou despois a Italia, onde os xibelinos o nomearon senador. Encerrado no castelo de Santa Maria Pulla polo Papa Clemente IV, trala súa liberación a Raíña María de Molina cedeulle a rexencia de Castela durante a minoría de idade de Fernando IV. Dende 1301, coa axuda de Xaime II de Aragón, tentou recuperar os dereitos ao trono de Castela dos infantes de la Cerda.

    VER O DETALLE DO TERMO