Enrique de Castela o Senador
Enrique de Castela o Senador
Rexente de Castela (1295-1301), fillo de Fernando III e de Beatriz de Suabia. Conxurou contra o seu irmán Afonso X o Sabio para facerse co trono de Castela pero fracasou (1257). Fuxiu e púxose ao servizo do califa de Tunisia. Pasou despois a Italia, onde os xibelinos o nomearon senador. Encerrado no castelo de Santa Maria Pulla polo Papa Clemente IV, trala súa liberación a Raíña María de Molina cedeulle a rexencia de Castela durante a minoría de idade de Fernando IV. Dende 1301, coa axuda de Xaime II de Aragón, tentou recuperar os dereitos ao trono de Castela dos infantes de la Cerda.
Cronoloxía
-
Nacemento
-
Deceso
Lugar : Roa, Burgos