"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras e Dereito na Universidad de Madrid, foi profesor na University of Syracuse en EE UU. Pertencente á Nova Narrativa Galega, participou no parladoiro do café Lyon D’Or. Baixo o pseudónimo de Camilo Gonsar publicou Lonxe de nós e dentro (1961), Cara a Times Square (1980), A desfeita: (semirreportaxe) (1983), Como calquera outro día (1994), Arredor do non (1995) e Luz del Príncipe-Sol: cuatro relatos de segundo grado (1996). É membro do PEN Club de Galicia e da Real Academia Galega (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz e dramaturga. Vinculada á Compañía Matarile, na Sala Galán en Compostela desenvolveu a súa actividade como directora de escena en espectáculos como Andante, Zeppelín número 7, Negro e Negro, Teatro para camaleóns, The Queen is dead ou A brazo partido. Tamén participou na realización de coproducións con compañías como Provisional Danza, Cambaleo ou Andrés Corchero, a organización de cursos de formación teatral, coloquios e conferencias ou a coordinación do Festival La Alternativa e do Festival de Danza En Pé de Pedra. Recibiu o Premio María Casares de dirección de escena (2000) por The Queen is dead.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e escritor. Formouse na Escuela de Bellas Artes de La Habana e na Escola de Arquitectura de Nova York (1885-1889). Foi profesor na Escola de Artes da Coruña (1893) e na Escola Especial de Artes e Industrias de Santiago de Compostela (1903). Das súas obras destacan Retrato de Alfredo Brañas, As tres Gracias e Rebeca e Eliecer, pola que obtivo a primeira medalla da Exposición de Pintura e Industria da Coruña (1890). Foi colaborador artístico e literario de La Voz de Galicia e escribiu Cantares (1888) e Entre luces (1900). Presidiu a Asociación de Prensa da Coruña e foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Colaborou con diversos medios de comunicación, como La Voz de Galicia, a Revista do Colexio de Arquitectos de Galicia e a Revista Galega de Educación. En 1983 realizou a súa primeira exposición na Sá dos Peiraos de Vigo e desde entón participou en diversas mostras, como a II e IV Fotobienal de Vigo (1986 e 1990) e nas exposicións fotográficas sobre os refuxiados saharauís (1995, 1997 e 1998). Publicou Santiago de Compostela (1989), con textos de X. Filgueira Valverde; Baiona (1992), con X. F. Armesto Faginas; O Camiño de Santiago (1992), con Basilio Losada; e Peregrinos (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Foi correxidor en Chiquimula de la Sierra e Casablastran (Guatemala) desde 1730. Nomeado gobernador de Nicaragua (1748) ascendeu a coronel de Infantería (1751).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Licenciado en Dereito e Xornalismo. Pertencente á Xeración do 50, publicou, entre outras obras, Áspero mundo (1956), Sin esperanza con convencimiento (1961), Grado elemental (Premio Antonio Machado 1962), Tratado de urbanismo (1967), Breves acotaciones para una biografía (1971), Prosemas y menos (1985), Antonio Machado (1986), A todo amor (1997), 101 + 19= 120 poemas (2000) e Otoños y otras luces (2001). Membro da Real Academia Española (1996), entre outros galardóns recibiu o Premio Príncipe de Asturias (1985) e o Premio Reina Sofía de Poesía Hispanoamericana (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Foi redactor e subdirector do semanario Galicia, ademais de colaborador en diversas revistas de emigrantes galegos. Escribiu as pezas teatrais Mala semilla, Por la pendiente (1932), Esfolla na eira, Terra nosa e Adiós ríos (1944-1948), que logo se representaron. Coa peza Mal ollo (1954) gañou o premio Castelao de obras teatrais convocado polo Centro Galego de Bos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. En Santa María a Grande de Pontevedra pintou a capela da confraría de San Miguel (1546) e as claves das tres capelas da nave maior (1559); e na catedral de Ourense, a capela e o retablo de san Fructuoso (1549). En 1548 contratou a obra de pintura da fachada do colexio de Fonseca. Ademais pintou a imaxe da Concepción na Pobra do Deán (1549), o retablo de Santa María de Belvís (1549), o túmulo das exequias de Carlos I na catedral de Santiago de Compostela (1558) e as paredes e o retablo do hospital de San Miguel do Camiño (1560).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Catedrático de Urbanismo e Ordenación do Territorio na Escola Superior de Arquitectura da Coruña. Foi arquitecto municipal de urbanismo da Coruña e realizou diversos traballos con Julia Fernández Caleya Blankemeyer, como a reordenación da praza de Galicia de Santiago de Compostela. Colaborador de Obradoiro, Ciudad y territorio, estudios territoriales e o Boletín Académico da ETSA, das súas obras destacan La Enseñanza de la arquitectura en USA: posibles aplicaciones a una Escuela de Arquitectura en La Coruña (1973) e La Coruña a través de su plano (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico literario e escritor. Doutor en Filoloxía Hispánica, foi profesor de literatura hispánica no Hunter College e na Graduate School and University Center-Cuny de Nova York, e coordinador da cátedra de Estudios Galegos deste último centro. Dirixiu o Anuario de Estudios Literarios Galegos e foi presidente da Asociación Internacional de Estudios Galegos. Colaborador en publicacións como A Trabe de Ouro, Madrygal ou Grial, publicou Álvaro Cunqueiro e Merlín e familia (1991), Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación (1991), Silencio, parodia e subversión. Cinco ensaios sobre narrativa galega contemporánea (1991), Literatura e sociedade en Galicia 1975-1990 (1994), Fantasía e desintegración na narrativa de Álvaro Cunqueiro (1996), A narrativa galega actual (1975-1984): unha historia social (1996) e Dicionario enciclopédico de Eladio Rodríguez: a canonización lexicográfica da literatura galega...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Mondoñedo. Coñecido como o Bispo Santo, a lenda refire que, incapaz de defender as terras do seu dominio na Mariña Lucense (966?) fronte ao ataque da escuadra comandada polo duque Ricardo I de Normandie, púxose a rezar; a axuda divina non tardaría en chegar en forma dunha forte tempestade que ocasionaría o afundimento da flota viquinga. Historicamente, a súa identidade non está plenamente documentada. A súa festividade celébrase o 26 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cóengo de Santiago de Compostela. Exerceu durante os pontificados de Berenguel de Landoira, Xoán Fernández de Limia e Martiño Fernández de Gres. Foi soterrado na capela de Santa María da Corticela na catedral de Santiago de Compostela. Na parte inferior do sepulcro destaca unha lenda flanqueada por dous emblemas distintivos da familia dos Becerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Incio. De orixe románica, construíuse a finais do s XII ou comezos do s XIII. Ten planta de nave única, con cuberta de madeira, e ábsida con tramo recto e cabeceira poligonal. O arco triunfal é de medio punto dobrado. A porta principal está formada por unha arquivolta de sección rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Etóloga británica. Sen formación universitaria doutorouse en Etioloxía pola Universidade de Cambridge (1965). Desde 1960 traballou cos chimpancés na reserva natural de Gombe (Tanzania), o que lle permitiu demostrar que son animais altamente evolucionados e sociais. Creou o Jane Goodall Institute dedicado á conservación dos chimpancés en África. Recibiu numerosos premios e distincións, entre eles o título de Cabaleiro do Imperio Británico, o de Mensaxeiros da Paz da ONU, a Medalla Benjamin Franklin e o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica de 2003, este último pola súa contribución á comprensión das raíces do comportamento e a cultura humanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Clarinetista, saxofonista e director de orquestra de jazz. De nome Benjamin David, na década de 1930 creou a súa propia orquestra e formou o Goodman Quartet, ampliado posteriormente en sexteto. Intérprete, así mesmo, de música clásica (obras de B. Bártok e A. Copland), participou en numerosas películas como The Benny Goodman Story (1955). Traballou xunto a Eddie Durham, Benny Carter, Ella Fitzgerald e Gene Krupa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Despois de pequenos papeis en filmes pouco relevantes, acadou o éxito coa serie televisiva Roseanne. Na súa carreira destacou como secundario nos filmes Always (1989), Barton Fink (1991), The Flinstones (1994), The Big Lebowsky (1998), O Brother (2000) e Home of Phobia (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo estadounidense. Doutorado en Filosofía na Harvard University (1941), foi profesor nas universidades de Pennsylvania (1946-1964) e Harvard (1968-1977). Centrado no estudo da estética, da epistemoloxía e da filosofía da ciencia e da linguaxe, aplicou as técnicas da lóxica formal á análise dos fenómenos. Das súas obras destacan The Struture of Appearance (1951), Languages of Art (1968) e Of Mind and Other Matters (1984). Foi presidente da American Philosophical Association e vicepresidente da Association for Symbolic Logic, membro da American Academy of Arts and Sciences e recibiu en 1946 o Guggenheim Award.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e filósofo. Doutorado en Literatura na University of Chicago, destacou pola súa ideoloxía anarquista e revolucionaria, que o converteu nun escritor marxinal. Das súas obras destacan Communitas (1947), Growing up Absurd (1960) e People or Personnel (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz estadounidense. A súa imaxe mística e de muller fatal levouna a protagonizar numerosas películas entre 1914 e 1919. Destacan A Fool There Was (1915), The Darling of Paris (1916), The Unchastened Woman (1925) ou Madame Mystery (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e pensador italiano. Partidario da Revolución Francesa, estableceuse en 1792 en París, onde recibiu o título de cidadán francés. Das súas obras destacan Il vero dispotismo (1770) e Memorie segrete e critiche delle corti, dei governi e dei costumi dei principali Stati d’Italia (1793).

    VER O DETALLE DO TERMO