González-Millán, Xoán
Crítico literario e escritor. Doutor en Filoloxía Hispánica, foi profesor de literatura hispánica no Hunter College e na Graduate School and University Center-Cuny de Nova York, e coordinador da cátedra de Estudios Galegos deste último centro. Dirixiu o Anuario de Estudios Literarios Galegos e foi presidente da Asociación Internacional de Estudios Galegos. Colaborador en publicacións como A Trabe de Ouro, Madrygal ou Grial, publicou Álvaro Cunqueiro e Merlín e familia (1991), Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación (1991), Silencio, parodia e subversión. Cinco ensaios sobre narrativa galega contemporánea (1991), Literatura e sociedade en Galicia 1975-1990 (1994), Fantasía e desintegración na narrativa de Álvaro Cunqueiro (1996), A narrativa galega actual (1975-1984): unha historia social (1996) e Dicionario enciclopédico de Eladio Rodríguez: a canonización lexicográfica da literatura galega (2001). En 2001 recibiu o Premio da Crítica Galicia no eido do ensaio. Foi nomeado Fillo Predilecto do concello do Grove, a título póstumo, en maio de 2003.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : O Grove -
Deceso
Lugar : Nova York